Puberdade

A puberdade[1] é un período no que ocorren mudanzas biolóxicas e fisiolóxicas. É neste período cando o corpo se desenvolve física e mentalmente tornándose maduro e o adolescente queda capacitado para xerar fillos. Non debe ser confundida como sinónimo da adolescencia, xa que a puberdade forma parte da adolescencia.

Ciclos de retroalimentación hormonais. 1.- hormona foliculoestimulante -, 2.- hormona luteinizante - LH, 3.- proxesterona, 4.- estróxeno, 5.- hipotálamo, 6.- 2glándula pituitaria, 7.- ovario, 8.- embarazo - hCG (gonadotropina coriónica humana - hCG), 9.- testosterona, 10.- testículo, 11.- incentivos, 12.- prolactina PRL. Véxase tamén Sistema endócrino e retroalimentación negativa endócrina.
Fases da puberdade nunha adolescente.

Nesta fase, obsérvanse mudanzas tales como: crecemento de pelos, crecemento dos testículos e aparición dos seos, aumento de cadeiras nas rapazas e tórax nos rapaces. O marco principal da puberdade para os homes é a primeira exaculación, que ocorre de media ós 13 anos.[2] Para as mulleres, é o inicio da menstruación, que ocorre de media entre 12 e 13 anos.[3][4][5][6] No século XXI, a idade media na que os nenos acadan a puberdade é menor en comparanza co século XIX, cando era de 15 anos para as rapazas e 16 para os rapaces. Isto pode deberse ós produtos químicos dos alimentos ou a unha mellor nutrición.[7]

As hormonas sexuais difiren para os homes e as mulleres, mais non son totalmente exclusivos de cada sexo. Nos homens, os testículos secretan entre outras hormonas a testosterona e nas mulleres o ovario fabrica o estróxeno. As gónadas e as glándulas suprarrenais de ámbolos dous sexos producen o estróxeno e a testosterona, mas é variábel a cantidade. As características biolóxicas son universais e ocorren de xeito semellante en tódolos seres humanos.

A puberdade tamén axita as emocións dos adolescentes e afecta no seu comportamento, principalmente no seu desexo sexual.[8] Tanto nos rapaces coma nas rapazas, as mudanzas da puberdade non son tanto físicas como psicolóxicas. As alteracións hormonais espertan a sensibilidade sexual e, consecuentemente, é neste período que moitos adolescentes comezan esporadicamente a ter relacións sexuais.[9]

Tipos de puberdade

Puberdade precoz

A puberdade precoz ocorre cando as características pertencentes ás rapazas ocorren antes dos 9 anos de idade e nos rapaces antes dos 10 anos.[8] Porén, este período está chegando cada vez máis cedo na rapazas. Un estudo dinamarqués sinala que as rapazas están a entrar nesta fase antes dos dez anos. No século XIX a idade era de 15 anos para as rapazas e 17 anos para os rapaces.[10]

Puberdade atrasada

Nalgunhas rapazas a partir dos 13 anos de idade e nos rapaces a partir dos 14 anos de idade, ocorre a ausencia de calquera característica de desenvolvemento físico ou sexual, neste caso é considerada a puberdade atrasada. Algúns especialistas aconsellan a procura dun profesional axeitado para acompañar os casos de puberdade.[8]

Nalgunhas rapazas a aparición das mamas pode demorar en chegar, o normal é que veña dos 10 ós 14 anos de idade. A partir dos 15 anos, é aconsellábel a procura dun especialista.

No caso dos rapaces, a puberdade pode demorar en chegar até os 15 anos de idade. Os rapaces quedan relativamente menores que as rapazas, máis despois dun tempo, é común que as superen en altura.

Puberdade masculina

Transformacións

Nos rapaces, as transformacións comezan un pouco máis cedo, por volta dos 10 ós 13 anos, mais son moito máis demoradas que nas rapazas. Os primeiros sinais desa transformación son, basicamente, o aumento no tamaño dos órganos xenitais, o nacemento da barba e a aparición de pelos na rexión pubiana, nas pernas, nos brazos e no peito.

A noz de Adán ou nó da gorxa.

Ese crecemento dos pelos depende da xenética e varía moito de persoa a persoa. Alén diso, esas mudanzas veñen acompañadas de modificación da voz, a cal queda máis grave. O esqueleto alóngase, os músculos fornécense, o tronco e os ombreiros alónganse e a pel tórnase máis graxosa, o que favorece a aparición da acne. É nesa época que os rapaces xa poden ter a súa primeira exaculación.[9]

Ereccións indesexadas

As exaculacións durante o sono son coñecidas popularmente como polución nocturna.[11] O pene pode quedar erecto regularmente durante o sono, e os homes poden acordar cunha erección.[12] Unha vez que un rapaz acada certa idade, as ereccións ocorren con moita máis frecuencia por mor da puberdade.[13] As ereccións poden ocorrer espontaneamente a calquera hora do día, e poden ocorrer até mesmo ó se vestir.[14] As ereccións son comúns tamén en nenos e bebés, e poden mesmo ocorrer antes do nacemento.[15] As espontáneas son normais, mais poden ser embarazosas se acontecen en público, como nunha aula ou sala de estar.[16][17]

Características

  • xurdimento de pelos na pube, nas axilas e no peito;
  • aumento dos testículos e do pene;
  • crecemento da barba;
  • voz grave;
  • ombreiros máis longos;
  • aumento da masa muscular;
  • comezo da produción de espermatozoides;
  • aumento do peso e da estatura;
  • xurdimento de pelo no dedo do pé.[8]

Puberdade feminina

Transformacións

A puberdade feminina comeza, polo xeral, entre os 11 e os 14 anos, variando ese período de persoa a persoa. En xeral, a puberdade comeza coa primeira menstruación, que coincide cunha serie de transformacións do corpo que xa se viñan manifestando na fase coñecida como pre púbere.[18]

Xeralmente, a partir dos dez anos a rapaza crece varios centímetros en pouco tempo, a súa cintura estreitase, as súas cadeiras medran, os seos comezan a medrar e xorde unha leve pilosidade na pube e nas axilas.

Paralelamente, as glándulas sudoríparas desenvólvense, tornando o cheiro do corpo máis intenso e provocando maior suor nas axilas. Esas mudanzas, causan unha certa sensación de inseguranza e inquietude na rapaza, que culminan coa primeira menstruación. Durante os dous anos seguintes á primeira menstruacións os ciclos poden ser aínda irregulares, máis longos ou máis curtos.

As transformacións que se verifican no período pre púbere son resultados da actividade dos ovarios, sobre a cal actúa a hipófise. Ó nacer, a rapaza ten no ovario entre douscentos mil e catrocentos mil óvulos, dos cales só preto de catrocentos serán empregados ó longo de todo o período fértil (até os 50-55 anos).[9]

Menstruación

Artigo principal: Menstruación.

O primeiro sangrado menstrual é coñecido como menarca. No Canadá, a idade media da menarca é 12,72 e no Reino Unido é 12,9. O tempo entre períodos menstruais non é sempre regular nos dous primeiros anos após a menarca. A ovulación é precisa para a fertilidade, mais pode ou non acompañar as primeiras menstruacións. O comezo da ovulación após a menarca non é inevitábel. A alta proporción de rapazas con irregularidade continuou nos anos de ciclo menstrual de varias menarca continuaron a ter irregularidade prolongada e anovulación, e están en maior risco para a fertilidade reducida. A nubilidade é empregado para designar a realización da fertilidade.

Características

  • alongamento dos ósos;
  • inicio do ciclo menstrual;
  • xurdimento de pelos na pube e nas axilas;
  • depósito de graxa nas nádegas, nas cadeiras e nas coxas;
  • desenvolvemento dos seos.[8][18]

Madureza sexual

A madureza sexual abrangue o desenvolvemento das gónadas, órganos de reprodución e caracteres sexuais secundarios. Existe unha ampla variación normal da idade de inicio e da velocidade de progresión da matureza sexual dentro dunha poboación. Na maioría das veces os estados de maturación sexual ocorren nunha secuencia constante.[19]

No sexo masculino os sinais de madureza sexual adoitan ocorrer na seguinte secuencia: aumento dos testículos e da bolsa escrotal (media ós nove e dez anos de idade), crecemento de pelos na pube (arredor dos 11, 12 anos de idade), pelos na axila, pelos sobre o beizo superior, na faciana e noutras partes do corpo, mudanzas da larinxe e da voz e crecemento do pene. A mudanza na voz ocorre de media entre 11 a 15 anos de idade.[19]

Caracteres sexuais secundarios

Artigo principal: Caracteres sexuais secundarios.

Masculino

  • Primeira exaculación, nalgúns casos,[20] xa pode xerar fillos;[21]
  • Crecemento do pene e testículos;
  • Aparición de pelos na zona pubiana, nas axilas, no rosto e no peito;
  • Crecemento lento e prolongado;
  • Aumento dos músculos
  • Aumento dos ombreiros;
  • A voz vólvese máis grave.

Feminino

  • Desenvolvemento das glándulas mamarias;
  • Apareción de pelos na zona pubiana e nas axilas;
  • Crecemento rápido e curto;
  • Aumento das cadeiras;
  • Ocorre a primeira menstruación, a rapaza xa pode xerar fillos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: