Quim Monzó

escritor catalan

Joaquim Monzó i Gómez, coñecido como Quim Monzó, nado en Barcelona o 24 de marzo de 1952, é un escritor e xornalista catalán.

Infotaula de personaQuim Monzó

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Joaquim Monzó i Gómez Editar o valor em Wikidata
24 de marzo de 1951 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura catalã (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Cataluña Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxornalista , tradutor , ensaísta , guionista , escritor , columnista Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNovela, conto e xornalismo de opinión Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioQuim Monzó Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Páxina webmonzo.info Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0600398 Twitter: QuimMonzo Bitraga: 412 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Estudou deseño gráfico na Escola Massana de Barcelona. A súa andaina profesional iniciouna como traballador nas artes gráficas e, máis tarde, como deseñador gráfico, debuxante de cómics, autor de letras de cancións e guionista de televisión. Na década de 1970 pasouse ao xornalismo, con colaboracións como correspondente de guerra e columnista de opinión en xornais.[1] En colaboración con Albert Abril escribiu reportaxes sobre Vietnam, Camboxa, Irlanda do Norte e a África do Índico para Tele/eXprés. Colaborou en Ajoblanco. En xaneiro de 1982 acadou unha bolsa para ir estudar a Nova York, onde viviu ata 1983. Ten diagnosticada a síndrome de Tourette.[2]

Deuse a coñecer ao gañar o premio Prudenci Bertrana coa novela L’udol del griso al caire de les clavegueres (1976) e dende entón construíu unha moi persoal obra narrativa onde predomina o xénero do relato breve. Recoñecido con galardóns como o Nacional de Literatura, o Premio de Narrativa Ciutat de Barcelona, o Lletra d’Or, o dos lectores de El Temps e, en varias ocasións, o Premio da Crítica, a súa narrativa está traducida a máis de vinte idiomas.

Monzó con Quim Torra e Marcel Mauri en 2018.

Comezou a colaborar en Catalunya Ràdio en 1983. Na radio forma tándem primeiro con Sergi Pàmies e logo con Empar Moliner. É columnista habitual no xornal La Vanguardia desde 1996.[3]

Colaborou no programa de TV3 Persones humanes, dirixido por Persones humanes, que presentaba Miquel Calzada, "Mikimoto" con monólogos humorísticos. O seu monólogo do 30 de xaneiro de 1994 sobre a monarquía, no que se parodiaba a vida sexual da infanta Elena de Borbón, provocou unha grande polémica. A Casa Real protestou, o presidente da Generalitat de Catalunya, Jordi Pujol viuse obrigado a pedir desculpas, e vetouse a aparición do escritor no programa presentado por El Gran Wyoming, "El peor programa de la semana", emitido por TVE.[4][5] Quim Monzó, nunha entrevista no programa Jamais sans mon livre (Jamás sin mi libro) en France 3, considerou que a polémica era un acto de censura sobre os programas de televisión de humor político dunha monarquía aínda non afeita á esfera pública:

Creíamos que la censura había desaparecido después de la muerte de Franco, pero no es así. En el programa de TV-3 que desencadenó el conflicto no nos reíamos del Rey ni de la Monarquía. Nos limitábamos a ironizar, de manera sútil y suave, sobre la institución. Nuestros comentarios eran mucho más moderados que los que ofrecen los Guignols franceses sobre el presidente de la República o Spitting Image sobre la familia real británica. Parece que el problema estriba en que nuestros reyes no están habituados a este tipo de cosas.[6]

En 2007 escribiu e leu o discurso inaugural da Feira do Libro de Frankfurt, ano en que a cultura catalá foi a convidada. Monzó deseñou un aplaudido escrito en forma de conto que difería totalmente dos discursos tradicionais.[7] De decembro de 2009 a abril de 2010 tivo lugar na sala Arts Santa Mònica de Barcelona unha grande exposición retrospectiva sobre a súa vida e a súa obra, que levaba por título Monzó. Acadou diversos premios, nacionais e internacionais, como o Premi d'Honor de les Lletres Catalanes, no que ofreceu un discurso sobre a súa relación na infancia cos libros, a lingua catalana e os presos e presas políticas independentistas; de feito o presidente de Òmnium Cultural, Jordi Cuixart, non puido entregar o premio porque estaba no cárcere de Soto del Real.[8]

Quim Monzó é un dos escritores cataláns que contan con personaxe no programa de humor político "Polònia", de TV3.

Estilo

Nos dous primeiros libros de Monzó percíbese a influencia do textualismo, un movemento que procuraba abolir a herdanza literaria recorrendo á innovación lingüística e a experimentación formal. Porén, Monzó, e mais outros nomes desta corrente, de seguida foi consciente das limitacións de seguir esa vía experimental e a súa prosa virou cara a formas máis lexibles. A maior parte dos contos escritos desde finais da década de 1970, o escritor leva ao absurdo todos os aspectos da vida cotiá no mundo urbano contemporáneo, nunha combinación de caricatura, humor, retranca e angustia existencial. O autor defende a miúdo a súa aposta polo humor como un ingrediente funtamental na ficción. Así o fixo nunha estadía en Santiago de Compostela:

O sentido do humor é un método para entender a vida dun xeito máis serio. Fago humor sempre, como cando digo que quero mexar nos muros da catedral. Esa é a miña maneira de entender o mundo e tamén a literatura. Un escritor pode crerse a si mesmo, e crer que o que está a facer ten algún valor, pero se o diviniza, se o entroniza, cagouna. É unha opinión persoal. Unha novela seria, daquelas nas que o escritor se toma tan en serio a si mesmo que non hai nin miguiña de humor, desa navela en vinte anos no vai falar ninguén. O humor é angustiante. As películas de terror sen un puntiño de humor non mete medo.[9]

Nas escolmas de contos publicados entre 1878 e 1999 Monzó explora factores tan humanos como o desexo sexual, a amargura das relacións ou os círculos viciosos que imposibilitan as decisións persoais. Abundan na súa obra as historias lineais, de ritmo ágil, protagonizados por personaxes correntes e anódinos. Monzó ofrece fórmulas ficcionais para un novo costumismo urbano. Co tempo Monzó tende cara á depuración formal. Os relatos parten de situacións prototípicas que, debidamente reenfocadas, conseguen crear un efecto de ridículo. O escritor sabe termar da demora co obxectivo de condicionar a lectura e, a miúdo, de levalo cara a unha resolución insospeitada e anticlimática.[1]

Na súa literatura sempre hai máis reflexión, máis densidade moral, máis intención crítica e máis capacidade de transformar o lector do que poida parecer a simple vista. Por detrás do humor e a imaxinación diáfana de Monzó hai unha pulsión tráxica e tras a aparente transparencia da súa escrita agóchase un traballo miúdo de matices, sombras e efectos calculados. Se lle sumamos a esixencia con que avalía, rexeita e traballa as frases, os argumentos e os máis mínimos detalles empezan a achegarnos á medida do seu talento.[10]

Téñense apuntado entre os seus modelos e referentes literarios a narrativa minimalista norteamericana, como Robert Coover, John Barth e Donald Barthelme; nomes representativos da narrativa de avangarda en Latinoamérica, como Guillermo Cabrera Infante, Julio Cortázar e Adolfo Bioy Casares; e, sobre todo nos seus primeiros textos, a influencia teórica de Raymond Queneau. Adóitase citar tamén entre as súas influencias, a narrativa de Francesc Trabal e Pere Calders. Con estes autores comparte temas comúns, particularmente unha paisaxe que abala, inestable, entre o baleiro e o desexo, entre a utopía e o escepticismo.[1]

Un dos recursos máis característicos da ficción de Monzó é a parodia dos usos convencionais da linguaxe e dos xéneros literarios.

Obra

Narrativa

Artigos

  • El dia del senyor, 1984.
  • Zzzzzzzz, 1987.
  • La maleta turca, 1990.
  • Hotel Intercontinental, 1991.
  • No plantaré cap arbre, 1994.
  • Del tot indefens davant dels hostils imperis alienígenes, 1998.
  • Tot és mentida, 2000.
  • El tema del tema, 2003.
  • Catorze ciutats comptant-hi Brooklyn, 2004.
  • Esplendor i glòria de la Internacional Papanates, 2010.
  • Taula i barra. Diccionari de menjar i beure, 2017.

Guións

  • Hic digitur Dei (1979), de Antoni Martí i Gich. Coguionista con Roser Fradera, Antoni Martí i Gich.
  • Pa d'àngel (1984), de Francesc Bellmunt. Coguionista con Jordi Balló, Francesc Bellmunt e Juanjo Puigcorbé.
  • Jamón, jamón (1992), de Bigas Luna. Guión de Bigas Luna e diálogos de Cuca Canals e Quim Monzó.
  • És tard (1994), curtametraxe de Marc Recha. Coguionista con Marc Recha.
  • Arsenal (1986), guión dun capítulo da serie de TV.
  • L'amor és etern (2008), curtametraxe de Heidy Cañaveral, Norma Martínez e Janina Vilana.
  • The Trip (2012), curtametraxe de Nina Orlandina. Coguionista con Nina Orlandina.

Escrita dramática

  • El tango de Don Joan (1987), musical de Quim Monzó e Jérôme Savary.

Tradución

Traduciu unha ampla nómina de escritores do inglés ao catalán: John Barth, Eric Bogosian, Ray Bradbury, Truman Capote, Roald Dahl, Harvey Fierstein, Thomas Hardy, Ernest Hemingway, Arthur Miller, Dorothy Parker, J.D. Salinger, Mary Shelley, Javier Tomeo.

Recepción en Galicia: traducións e crítica

Hai tres libros en galego de Quim Monzó e forman parte do que Dolores Vilavedra considera unha viraxe na tradución seguindo criterios non só testemuñais senón comerciais, procurando un público actual.[12] A magnitude da traxedia, traducida por Manuel Cortés (Edicións Positivas, 1989; reedición en 1991). Vinte e nove contos é unha selección de contos traducida por María Xesús Lama (Sotelo Blanco, 2008). Mil cretinos, traducida por Helena González Fernández, publicouse en 2008, ao mesmo tempo que o libro Se comes un limón sen facer xestos, de Sergi Pàmies, os dous con ilustración na cuberta do artista Fran Herbello, para reforzar a aposta de Edicións Xerais pola literatura en catalán contemporánea.

A recepción dos títulos traducidos de 2008 foi moi positiva e considerouse que marcaba un fito na traxectoria de tradución literaria ao galego. Ramón Nicolás salienta que Monzó é un escritor heterodoxo e gaba os contos da primeira parte de Mil cretinos.[13] O escritor Samuel Solleiro valora de maneira positiva a tradución do autor catalán, rexeita a cota periférica que fai que o sistema literario español reducise na década de 1990 a un só nome os autores en catalán, éuscaro e galego, tal como explicou Helena González:

Nun primeiro momento incluírono no grupo de escritores do que se deu en chamar "a España periférica" e na que estaban tamén Manuel Rivas e Bernardo Atxaga. Monzó desmarcouse de contado porque dicía que non tiña nada que ver, malia o respecto entre os tres [..]. E daquela en Galicia empezouse a dicir que Monzó era o equivalente catalán de noso Suso de Toro, por moitas razóns.[14]

Por iso salienta que Monzó debe ser lido alén diso polo seu experimentalismo formal, a súa frialdade e a capacidade para escribir sobre a morte sen cruzar as fronteiras do pathos.[15] O narrador Mario Regueira, súmase á crítica á cota periférica e subliña o estilo deshumanizado, un estilo que denomina de "realismo vacilante" e o desenlace anticlimático.[16] Un dos contos máis gabados nas críticas anteriores son "O señor Benesset", que se localiza nun xeriátrico no que a vellez e a demencia levan a unha inversión dos roles, como sinala Rafael Fernández Lorenzo.[17] Montse Pena, ao tempo que reclama traducir de maneira sistemática a Monzó, salienta nos relatos a tensión, unha linguaxe coidada e un estilo que se basea na "lucidez brutal e unha tranquilidade inesperada".[18]

Adaptacións da súa obra

Fílmicas

  • El perquè de tot plegat (1995), longametraxe de Ventura Pons (director e guionista).
  • Primats (1997), de Carles Jover (director e coguionista). Adaptación de La magnitud de la tragèdia.
  • Redacció (1988), curtametraxe de Francisco Sánchez.
  • Mil cretins (2011), de Ventura Pons (director e guionista).
  • Dogadjaj (2014), curtametraxe de Danilo Nikolic (director e guionista).
  • Die Willenskraft (2017), curtametraxe de Justus Hanfland (director e guionista).

Dramáticas

En galego
  • O porqué das cousas, con dirección e dramaturxia de Roberto Cerdá, da compañía Nove-Dous, interpretada por Josi Lage, quen xa participara na versión teatral en español da compañía ITAE en 1994, Jouse García e Lois Seoane, foi estreada na Mostra de Teatro de Chantada o 19 de agosto de 2003.[19][20]
  • Os suicidas da compañía de teatro amador Aula de Teatro Municipal de Pontevedra, sobre textos de Manuel Rivas, Manuel Lourenzo e Quim Monzó, estreada en Pontevedra en 2014.[21]
En catalán
  • Malas (2004), de Nas Teatre. Pepe Viyuela (dirección). Adaptación do conto El determini.
  • El millor dels móns (2010), de Teatre esSeLa. Pep Tines e Cacu Prat (dirección e adaptación). Adaptación dos contos: "El nen que s’havia de morir"; "Vacances d’estiu"; "El meu germà"; "Quan la dona obre la porta"; "La vida perdurable" e "La venedora de mistos".[22]
  • L'illa del monzons (2010). Jordi Faura
 (dirección e dramaturxia). Adaptación de Vuitanta- sis contes.
  • La força de voluntat i altres contes de Quim Monzó (2017), recital-concerto de Assumpta Mercader.

Intervencións

Monólogos no programa "Persones humanes"

Intervencións no programa emitido por TV3, presentado e dirixido por Miquel Calzada

Discursos

Premios e recoñecementos

  • 1976 — Premio Prudenci Bertrana de novela por L'udol del griso al caire de les clavegueres
  • 1981 — Premio Crítica Serra d'Or por Olivetti, Moulinex, Chaffoteaux et Maury
  • 1986 — Premio Crítica Serra d'Or por L'illa de Maians
  • 1989 — Premio de Novela El Temps por La magnitud de la tragèdia
  • 1993 — Premio Ciutat de Barcelona por El perquè de tot plegat
  • 1994 — Premio Crítica Serra d'Or por El perquè de tot plegat
  • 1997 — Premio Crítica Serra d'Or por Guadalajara
  • 2000 — Premio Nacional de Literatura por Vuitanta-sis contes
  • 2000 — Premio Lletra d'Or por Vuitanta-sis contes
  • 2002 — Premio dos escriptores cataláns da AELC ao conxunto da súa obra
  • 2007 — Premio Traxectoria da Setmana del Llibre en Català
  • 2008 — Premio Maria Àngels Anglada de narrativa por Mil cretins
  • 2016 — Premio Ràdio Associació de Catalunya
  • 2018 — Premi d'Honor de les Lletres Catalanes, de Òmnium Cultural

Notas

Véxase tamén

Entrevistas

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: