Jordi Cuixart

empresario e activista catalán. Presidente de Òmnium Cultural

Jordi Cuixart i Navarro, nado en Santa Perpètua de Mogoda (Barcelona) o 22 de abril de 1975, é un activista político e empresario catalán, presidente de Òmnium Cultural dende decembro de 2015[1] até o 26 de febreiro de 2022.[2] No xuízo aos líderes do proceso independentista catalán foi condenado polo Tribunal Supremo de España, en outubro de 2019, a 9 anos de cadea e de inhabilitación polo delito de sedición,[3] sendo indultado en 2021 polo goberno español.[4]

Infotaula de personaJordi Cuixart

(2016) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ca) Jordi Cuixart i Navarro Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Jordi Cuixart Navarro Editar o valor em Wikidata
22 de abril de 1975 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Santa Perpètua de Mogoda, España Editar o valor em Wikidata
Presidente Federació Llull
10 de agosto de 2018 – 2022
← Joan Francesc MiraAnna Oliver i Borràs (pt) Traducir →
10º Presidente de Òmnium Cultural
19 de decembro de 2015 – 26 de febreiro de 2022
← Quim TorraXavier Antich →
Presidente Aranow Packaging Machinery
2003 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSabadell
Santa Perpètua de Mogoda Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstitut Escola Industrial - Formación profesional Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , activista Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua catalá, lingua castelá, lingua inglesa e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Outro
CónxuxeTxell Bonet (2016–)
ParentesJosep Navarro Zapata (tío) Editar o valor em Wikidata
ImputaciónRebelión e Sedición Editar o valor em Wikidata
Condenado porSedición (2019)
→ (9 pena de prisión)
→ Final: 23 de xuño de 2021, Indulto Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
22 de xuño de 2021Indultosentenza do xuízo ao proceso independentista catalán Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm7863588 Facebook: jcuixart.omnium Twitter: jcuixart Instagram: jcuixart Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Nado en Santa Perpètua de Mogoda en 1975, fillo dunha carniceira murciana e dun mecánico catalán, é o pequeno de tres fillos. Alí viviu até os 30 anos. Entrou en contacto co catalanismo dende pequeno, en parte grazas ás visitas á librería que o seu tío tiña en Santa Perpètua e ás tertulias que este organizaba en casa.[5] Durante a súa mocidade foi monitor de tempo libre e participou en diversas actividades de activismo pola lingua catalá. De adolescente, estudou formación profesional de mecánica no Instituto Escola Industrial de Sabadell.[6]

Etapa empresarial

Cuixart comezou a traballar con 16 anos varrendo un taller, nunha fábrica de materiais de embalaxe e finalmente comezou a colaborar no proceso de deseño de maquinaria con Autocad. Aprendeu inglés e francés de maneira autodidacta.[5] Posteriormente, converteuse en comercial doutra empresa do sector. Opúxose a facer o servizo militar obrigatorio[6] e en 1996 fíxose socio de Òmnium Cultural, de Amnistía Internacional e das escolas Bressoles.[7]

Con 26 anos, converteuse en xerente doutra empresa do sector, e dous anos despois solicitou ser accionista. Ao non ser aceptada a súa proposta, decidiu crear a súa propia empresa.[5] No ano 2003, fundou Aranow, empresa de maquinaria para fabricar embalaxe flexible, da cal é o presidente.[8] Dende esta empresa entrou en contacto co "Centre Metal·lúrgic" e posteriormente converteuse en patrón fundador da fundación privada de empresarios FemCAT.[5]

Òmnium Cultural

De FemCAT, en 2010 fixo o salto á xunta de Òmnium Cultural, onde accedeu a ocupar o cargo de tesoureiro e posteriormente de vicepresidente na xunta de Muriel Casals. Un dos obxectivos deste equipo era levar a cabo novos proxectos de cohesión social e chegar aos 50.000 socios.[9][10] Durante a súa etapa como tesoureiro, Òmnium renunciou ás subencións da Generalitat de Cataluña.[11]

En 2015, cando Muriel Casals deixou a presidencia para incorporarse á candidatura de Junts pel Sí, Quim Torra asumiu temporalmente a presidencia de forma interina, até que se convocaron novas eleccións.[1][12] Jordi Cuixart encabezou entón a candidatura única "Òmnium: compromís amb el demà", coa cal recibiu un amplo apoio dos socios da organización, cun total de 5.450 votos sobre un total de 5.719. Foi nomeado presidente de Òmnium Cultural o 19 de decembro de 2015. A súa xunta estaba formada por Marina Llansana (vicepresidencia primeira), Joan Vallvé (vicepresidencia segunda), Jordi Bosch (secretaría) e Eulàlia Solé, Elena Jiménez, Sergi Rovira, Montserrat Gimeno, Ismael Peña-López, Jordi Ferré e David Basora como voceiros, que xa formaban parte da anterior xunta, e incoporáronse: Lluís Duran, Marina Gay, Carme Laura-Gil, Roser Sebastià, Clàudia Pujol, Marta Garsaball, Blanca de Llobet e Òscar Gimeno.[13] O seu programa como presidente centrouse en ampliar a maioría social soberanista, mantendo un programa onde a lingua e a cultura catalás vertebrasen a cohesión social.[13] Dende Òmnium impulsou, entre outras, a campaña Lluites compartides, coa que quería reconstruír a memoria histórica compartida dos procesos de mobilización social que, en diferentes eidos e momentos do tempo, foron decisivos para conformar o que hoxe é Cataluña.[14][15] Tamén se converteu nunha das facianas máis visibles do movemento independentista catalán,[16] chamando á participación no referendo do 1 de outubro de 2017.

Coincidindo co seu encarceramento, Òmnium Cultural aumentou a masa social até os 190 000 socios.[17]

O 14 de xaneiro de 2022, anunciou que non se presentaría á reelección para a presidencia de Òmnium Cultural.[18] O día 26 de febreiro de 2022 foi relevado na presidencia de Òmnium por Xavier Antich, escollido polos socios como novo presidente da entidade.[19]

Prisión preventiva

En setembro de 2017, Cuixart foi acusado de sedición polo Ministerio Fiscal de España, como consecuencia das concentracións de protesta no transcurso da Operación Anubis. Segundo a interlocutoria, a Fiscalía acusouno a el e a Jordi Sànchez, como representantes de Òmnium Cultural e da Assemblea Nacional Catalana respectivamente, de organizar convocatorias para "protexer" os seus gobernantes e para "deter a Gardia Civil", diante das consellerías de Economía, de Exteriores, Gobernación, e diante da sede do PSC e da CUP, así como doutros operativos en Bigues i Riells del Fai, en Sabadell e en Les Franqueses del Vallès. A interlocutoria destacou especialmente o seu rol durante a concentración diante de Economía, mencionando estragos en dous coches da Garda Civil e como os voluntarios destas organizacións impediron a actuación policial.[20]

Por estes motivos, Carmen Lamela, maxistrada do Xulgado Central de Instrución número 3, decretou prisión preventiva sen fianza o 16 de outubro do mesmo ano. A interlocutoria argumentaba a prisión preventiva para evitar o risco de fuga, de reiteración delictiva e de obstrución da xustiza penal.[21][22] A interlocutoria[23] foi duramente criticada[24][25] e diversos medios publicaron probas que contradicen partes do texto da decisión xudicial.[26][27] Marcel Mauri, vicepresidente de Òmnium, asumiu as súas funcións na organización.

O mesmo Presidente da Generalitat de Cataluña, entre outras personalidades, así como asociacións integrantes da Taula per la Democràcia e a Alianza Libre Europea consideraron que tanto Cuixart como Jordi Sànchez son presos políticos.[28][29][30] Amnistía Internacional pediu a posta en liberdade inmediata.[31]

Dende o seu encarceramento, realizáronse centenares de actos de apoio en toda Cataluña. O 19 de outubro, organizouse unha concentración con candeas na Avinguda Diagonal de Barcelona pedindo a súa liberación, onde asistiron 200.000 persoas segundo a Guàrdia Urbana.[32] Poucos días despois, o sábado 21, organizouse unha nova manifestación, desta volta no Passeig de Gràcia, onde segundo a Guàrdia Urbana se xuntaron máis de 450.000 persoas pedindo a súa liberdade e a de Jordi Sànchez.[33] O sábado 11 de novembro de 2017 organizouse unha nova manifestación á que asistiron 750 000 persoas, segundo a Guàrdia Urbana.[34] Esta manifestación pola liberdade dos presos políticos. Dende entón realizáronse ducias de actos en todo o territorio catalán pedindo a liberdade do conxunto de presos políticos relacionados co proceso independentista catalán. O 24 de novembro de 2017, o xuíz Pablo Llarena ditou un acto polo cal, despois de solicitar informa da xuíza Lamela, acumulaba a instrución contra os principais líderes independentistas, incluíndo Jordi Sànchez e Jordi Cuixart.[35][36][37]

Meses despois, en xullo de 2018, foi trasladado da Prisión de Soto del Real ao Centro Penitenciario Lledoners.[38] Dende entón realizáronse diversas concentracións ás portas do centro para apoiar a Cuixart e ao resto de persoas en prisión preventiva.

No cárcere, comezou a practicar cerámica, ioga e meditación.[39] O 16 de xuño de 2018, foi reelixido presidente de Òmnium. Recibiu 28 151 votos dos 28 183 sufraxios emitidos na asemblea da entidade.[40] En agosto do mesmo ano, foi nomeado presidente da Federación Llull, entidade integrada por Òmnium Cultural, Acció Cultural del País Valencià e Obra Cultural Balear.[41]

En novembro de 2018, a Organización Mundial Contra a Tortura reclamou que fose liberado.[42]

Dende o cárcere escribiu o libro "Ho tornarem a fer", sobre a loita non violenta como instrumento de defensa dos Dereitos Humanos, "Aprenentatges i una proposta", sobre as adrendizaxes que sacou dos últimos anos,[43] e xunto coa xornalista Gemma Nierga, "Tres dies a la presó: Un diàleg sense murs", onde falou sobre como viviu o encarceramento. Tamén traballou nos libros infantís “Un bosc ple d’amor” e “El polsim màgic”. No cárcere recibiu visitas de activistas como Nora Morales de Cortiñas, Can Dündar,[44] Ai Weiwei,[45] Jody Williams[46] ou Adolfo Pérez Esquivel.[47]

Front Line Defenders recoñeceu oficialmente a Cuixart como defensor dos dereitos humanos. O seu caso foi denunciado perante o Consello de Europa e a Plataforma de Dublín, o encontro dos defensores de dereitos humanos máis importante do mundo. O 29 de maio de 2019, o Grupo de Traballo sobre a Detención Arbitraria das Nacións Unidas reclamou a súa liberdade immediata.[48] En marzo de 2021, un informe da relatora xeral de dereitos humanos do Consello de Europa sinalou o encarceramento de Jordi Cuixart como un caso de "represalia e intimidación" contra os defensores dos dereitos humanos en Europa.[49]

Xuízo e condena

Cuixart, durante un terceiro grao penitenciario o 30 de xaneiro de 2021.

O 1 de febreiro de 2019, foi trasladado á prisión madrileña de Soto del Real nun autocar da Garda Civil para asistir ao seu xuízo, que comezou o 12 de febreiro de 2019.[50] En diversas entrevistas, Cuixart declarou que usaría o xuízo para acusar o Estado, argumentando "que o Estado decidiu usar a xustiza penal para desactivar os seus adversarios, neste caso os independentistas".[51][52] Durante a declaración no xuízo dixo que a súa prioridade non era saír do cárcere senón denunciar o ataque ás liberdades e defender o dereito á autodeterminación e dixo que todo o que fixera volveríao facer.[53]

O xuízo acabou o 14 de outubro de 2019 cunha sentenza que impoñía penas á maioría dos procesados, e a Cuixart, 9 anos de prisión e de inhabilitación por sedición.[3] O 14 de novembro de 2019, Amnistía Internacional denunciou que a sentenza criminalizaba o dereito a protesta e volveu pedir a súa liberdade.

A partir de febreiro de 2020, comezou a accedir a permisos penitenciarios. En virtude do artigo 100.2 do regulamento penitenciario, puido saír para ir a traballar á fábrica da súa empresa Aranow en Sentmenat durante o día,[54] mais volvendo ao cárcere para durmir. O 17 de xullo de 2020, as prisións concederon o terceiro grao penitenciario aos condenados, e ao cabo de once días, o xulgado de vixilancia penitenciaria suspendenuno.[55] Medio ano máis tarde, en xaneiro de 2021, volveu a condecelo e o xuíz volveu a suspendelo.[56]

En xaneiro de 2021, 50 defensores dos dereitos humanos como Yoko Ono, Irvine Welsh ou Dilma Rousseff, e premios Nobel da paz como Shirin Ebadi, Adolfo Pérez Esquivel, Jody Williams, Mairead Corrigan ou Elfriede Jelinek asinaron o manifesto Dialogue for Catalonia, que pide diálogo entre Cataluña e España e o fin da represión para avanzar na resolución política do conflito.

O 8 de xuño de 2021, o Tribunal Constitucional rexeitou o recurso de protección de Jordi Cuixart, e esgotou a vía interna para recorrer a sentenza do Tribunal Supremo. O 9 de xuño de 2021, Jordi Cuixart presentou un recurso en catalán ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) contra a sentenza do Tribunal Supremo.[57] O 20 de decembro, o TEDH comunicoulle que recibiu o recurso.[58]

O 23 de xuño de 2021 recibiu o indulto por parte do Goberno de Pedro Sánchez.[59] En maio de 2021, o Tribunal Supremo pediulle un posicionamento sobre o indulto para preparar o informe sobre os indultos para o goberno español. Respondeu que non pedira ningunha clase de graza porque todo o que fixo volveríao facer, e reclamou unha amnistía.[60]

Vida privada

É socio de diversas entidades e/ou proxectos, como Amnistía Internacional, o Casal Can Capablanca de Sabadell, Som Energia ou a cooperativa Coop 57.[11][12][61] Viviu entre Santa Perpètua, Sabadell e o barrio de Gràcia de Barcelona.[15] Durante a prisión preventiva tivo o seu segundo fillo biolóxico, e é pai de dous fillos máis dunha relación anterior.

Obras

  • Tres dies a la presó, coa xornalista Gemma Nierga (Rosa dels Vents, 2019)
  • Ho tornarem a fer (Ara Llibres, 2019)
  • Un bosc ple d'amor (Estrella Polar, 2019)[62]
  • El Polsim màgic (Comanegra, 2020)[63]
  • Aprenentatges i una proposta (Ara Llibres, 2021)

Colaboracións

  • Texto, en Hem votat! Cartells, pancartes, murals i banderes de l'1-O (2017)
  • Texto, prólogo de Després del procés, què? Reflexions de la generació que ve (Pagès editors, 2019)[64]
  • «Epíleg», epílogo de Jo acuso. La defensa en judicis polítics (Pagès editors, 2019)[65]
  • Texto, epílogo de A favor nostre (Godall, 2019)[66]
  • Texto, epílogo de I ara què? Carta de navegació per la Catalunya de després del procés (Pagès editors, 2019)[67]
  • Texto, prólogo de L'obligació moral de desobeir (Arcàdia, 2019)
  • «Nascuts per ser lliures i no soldats», epíleg d'Insubmissió! Quan joves desarmats van derrotar un exèrcit (Sembra Llibres, 2019)[68]
  • «Les maletes», prólogo de Privilegi a l'altra banda del riu (Destino, 2019)[69]

Notas