Samuel Solleiro

escritor galego

Samuel Solleiro González, nado en Tui o 7 de xuño de 1982, é un escritor, tradutor e músico galego.

Infotaula de personaSamuel Solleiro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xuño de 1982 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Tui, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Membro de
Xénero artísticoNarrativa e poesía
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Bitraga: 1924 Dialnet: 2288526
Samuel Solleiro na foto promocional de O mundo dos vivos (2019)
Samuel Solleiro en 2019, foto promocional d'O mundo dos vivos.

Traxectoria

Samuel Solleiro en 2012 na presentación de Gran tiburón branco.

Escritor desde moi novo, ten publicados varios libros de narrativa breve e poesía, ademais de textos dispersos en diferentes publicacións (entre elas, Grial, Boletín Galego de Literatura ou El País Galicia, así como unha escolma traducida do poeta catalán Enric Casasses na revista Dorna). Publicou traballos de crítica literaria no extinto Cartafol de libros de Vieiros entre 2005 e 2007 e no suplemento ProTexta da revista Tempos Novos a partir de 2008.

Solleiro é licenciado en Antropoloxía e Filoloxía. É guitarrista e banxista do grupo musical Ataque Escampe e socio fundador da desaparecida Estaleiro editora. Actualmente dedícase profesionalmente á tradución. Viviu en Tui, Santiago de Compostela, Barcelona, Sainte-Anne (Guadalupe, Antillas francesas), Valença do Minho (Portugal) e Le Mans (Francia). Desde 2015 vive na Coruña.

Obras

Narrativa

  • Elexías a deus e ao diaño, 2001, Xerais (traducido ao castelán en Lengua de Trapo en 2007, baixo o título Elegías a Dios y al Diablo).[1]
  • Dz ou o libro do esperma, 2006, Xerais.
  • Gran tiburón branco, 2012, Xerais.
  • Relatos americanos (con Roi Vidal e Miguel Mosqueira), 2015, Ataque Escampe.

Poesía

  • Punk, 2013, Corsárias.
  • O mundo dos vivos, 2019, Chan da Pólvora.[2]

Tradución

Obras colectivas

  • Pirata, 2007, Cineclube de Compostela.
  • Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • Entre dous séculos. Actas do III encontro de novos escritores/as, 2009, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural, 2010, Cineclube de Compostela.
  • XXIV festival da poesia no Condado. Língua e serviços em mao comum, 2011, S. C. D. Condado.
  • Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.
  • 13. Antoloxía da poesía galega próxima, 2017, Chan da Pólvora.

Premios

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas