Quinta República Francesa

A Quinta República é a quinta e actual constitución republicana de Francia, presentada o 4 de outubro de 1958.[1] A Quinta República xurdiu tralo colapso da Cuarta República, en substitución do anterior goberno parlamentario cun sistema presidencialista. É o terceiro sistema político máis duradeiro da historia de Francia, tras o Antigo Réxime e a Terceira República.

Modelo:Xeografía políticaQuinta República Francesa
Cinquième République (fr) Editar o valor em Wikidata

HimnoLa Marseillaise Editar o valor em Wikidata

Localización
Mapa
 48°49′00″N 2°29′00″L / 48.81667, 2.483332°29′00″L / 48.81667, 2.48333
CapitalParís Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación4 de outubro de 1958 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernoRepública semipresidencialista Editar o valor em Wikidata
• Presidente da República Francesa Editar o valor em WikidataCharles de Gaulle
Georges Pompidou
Valéry Giscard d'Estaing
François Mitterrand
Jacques Chirac
Nicolas Sarkozy
François Hollande
Emmanuel Macron Editar o valor em Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor em WikidataGabriel Attal (2024–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoParlamento da França (pt) Traducir , Editar o valor em Wikidata

Orixes

O detonante do colapso da Cuarta República foi a crise de Alxeria; a pesar dos conflitos e revoltas do proceso de descolonización, África Occidental, Indochina e Alxeria seguían contando con representantes na Asemblea Nacional, nun sistema de sufraxio censatario na Unión Francesa. Alxeria en particular, a pesar de ser a colonia con máis poboación francesa, viu incrementarse a presión para a separación da metrópole. A situación complicouse pola disparidade de opinións da poboación, xa que algúns colonos brancos querían seguir pertencendo a Francia, o que provocou que a guerra de Independencia se converteu non só nun movemento separatista, senón que tamén tivo elementos dunha guerra civil. Complicouse máis a situación cando unha parte do exército francés se revelou e apoiou abertamente a "Alxeria Francesa" movemento para acabar coa separación. Charles de Gaulle, que se retirara da política unha década antes, meteuse no medio da crise, facendo un chamamento á nación para suspender ao goberno e crear un novo sistema constitucional. De Gaulle chegou ao poder pola incapacidade do parlamento para elixir a un goberno, as protestas populares forzaron a última votación do parlamento da Cuarta República, que acordou a disolución desta e un acordo constitucional. (Alxeria converteuse nun país independente o 5 de xullo de 1962.)

A Cuarta República sufriu unha falta de consenso político, un executivo débil e a rápida formación e disolución de distintos gobernos dende a segunda guerra mundial. Sen partidos ou coalicións capaces de manter unha maioría parlamentaria, os Primeiros Ministros foron incapaces de arriscar a súa situación política con reformas impopulares. De Gaulle e os seus simpatiizantes propuxeron un sistema de presidentes executivos fortes, con mandatos de sete anos. Segundo a constitución proposta, o presidente teria o poder executivo para dirixir o país, xunto co primeiro ministro. O 1 de xuño de 1958, Charles de Gaulle converteuse en presidente;[2] o 3 de xuño de 1958, unha lei constitucional permitiu ao novo goberno redactar unha nova Constitución francesa,[1] e outra lei permitiu a Charles de Gaulle e ao seu goberno gobernar por decreto durante un máximo de 6 meses, salvo en determinados asuntos relacionados cos deritos básicos dos cidadáns (dereito criminal etc.).[3] Estas medidas aprobáronse mediante o Referendo do 28 de setembro de 1958, apoiado por máis dun 80% dos votantes.[4] A nova constitución foi promulgada o 4 de outubro de 1958.[5] Debido a que cada nova constitución comporta unha nova república, Francia pasou da Cuarta á Quinta República.

A nova constitución contiña cláusulas transitoria (artigos 90–92) prorrogou o goberno por decreto ata que as novas institucións estiveran operativas. René Coty foi o presidente da república ata que o novo presidente fora proclamado. O 21 de decembro de 1958, Charles de Gaulle converteuse en Presidente de Francia por un colexio electoral.[6] A Comisión electoral provisional, que actuou no lugar do Consello Constitucional, fixo públicos os resultados o 9 de xaneiro de 1959. O novo presidente comezou o seu mandato ese día, nomeando a Michel Debré como primeiro ministro.

A constitución de 1958 tamén substituíu a Unión Francesa pola Comunidade Francesa, o que permitiu a catorce territorios membros lograr a independenza.[7] 1960 coñeceuse como o "Ano de África", debido á independencia conseguida en varios estados.[8]

Evolución

O presidente elixiuse inicialmente polos colexios electorais, pero en 1962 de Gaulle propuxo que o elixiran directamente os cidadáns, e convocou un referendo sobre o cambio. Aínda que os métodos empregados por de Gaulle recibiron críticas por parte de todos os grupos políticos excepto os Gaullistas, o cambio aprobouno o electorado francés.[9] O Tribunal Constitucional non se pronunciou sobre a constitucionalidade do referendo.[10]

O presidente pasou a elixirse dende entón cada 5 anos, ata o referendo constitucional do 2000, que o mudou a sete anos o período de elección, para reducir a posibilidade de convivencia, isto é que coincidan no goberno un presidente ou un primeiro ministro dun partido e o outro da oposición, debido á diferenza do período de mandato do presidente e do primeiro ministro. A primeira volta está aberta a todos os candidatos e establece un presdente, se ningún deses candidatos obtén unha maioría absoluta. Se non hai un gañador na primeira volta, os dous candidatos con máis votos van a unha segunda volta.

Na década de 1970 ocorreron dous cambios importantes en canto ao equilibrio de poderes.[11] Tradicionalmente, Francia rexíase de acordo á soberanía parlamentaria: ningunha autoridade podía cuestionar se as leis aprobadas polo Parlamento respetaban os dereitos constitucionais dos cidadáns.[12] En 1971, o Consello Constitucional, alegando que o preámbulo da Constirución fai referencia aos dereitos recollidos en 1789 na Declaración dos dereitos do home e do cidadán e tamén a Constitución de 1979, concluíu que os estatutos debían respectar eses dereitos e declarou parcialmente inconstitucional unha lei, porque violaba a Liberdade de asociación.[13] Porén, só o Presidente da República, o Primeiro Ministro, e o Presidente de cada Cámara do Parlamento podían solicitar a revisión da constitucionalidade dunha lei, o que reduce en gran medida a posibilidade de revisión, se todos estes cargos políticos son do mesmo partido, que era a situación naquel momento. En 1974 unha emenda constitucional ampliou as persoas que podían pedir a revisión dunha lei a 60 membros da Asemblea Nacional e 60 membros do Senado.[14] Dende entón a oposición foi capaz de deter polémicas emendas denunciando a súa constitucionalidade.[15]

Presidentes da Quinta República

Os Gaullistas están en azul, os Socialistas en rosa e os centristas en verde azulado.

PresidenteVidadeaPartido
Charles de Gaulle1890–19708 de xaneiro de 195928 de abril de 1969 (dimitiu)UNR despois UDR
Alain Poher1909–199628 de abril de 196915 de xuño de 1969 (provisional)PDM
Georges Pompidou1911–197415 de xuño de 19692 de abril de 1974 (morto no cargo)UDR
Alain Poher1909–19962 de abril de 197419 de maio de 1974 (provisional)PDM
Valéry Giscard d'Estaing1926–202019 de maio de 197421 de maio de 1981UDF
François Mitterrand1916–199621 de maio de 198117 de maio de 1995Socialista
Jacques Chirac1932–17 de maio de 199516 de maio de 2007RPR despois UMP
Nicolas Sarkozy1955–16 de maio de 200715 de maio de 2012UMP
François Hollande1954–15 de maio de 2012(No cargo)Socialista

Primeiros Ministros da Quinta República Francesa

NomeData de comezoData de finPartido político
Michel Debré8 de xaneiro de 195914 de abril de 1962Unión pola Nova República
Georges Pompidou14 de abril de 196210 de xullo de 1968Unión pola Nova República
Maurice Couve de Murville10 de xullo de 196820 de xuño de 1969Unión de Demócratas pola República
Jacques Chaban-Delmas20 de xuño de 19696 de xullo de 1972Unión de Demócratas pola República
Pierre Messmer6 de xullo de 197227 de maio de 1974Unión de Demócratas pola República
Jacques Chirac (1º vez)27 de maio de 197426 de agosto de 1976Unión de Demócratas pola República
Raymond Barre26 de agosto de 197621 de maio de 1981Union para a democracia francesa
Pierre Mauroy21 de maio de 198117 de xullo de 1984Partido Socialista
Laurent Fabius17 de xullo de 198420 de marzo de 1986Partido Socialista
Jacques Chirac (2º vez)20 de marzo de 198610 de maio de 1988Reagrupamento pola República
Michel Rocard10 de maio de 198815 de maio de 1991Partido Socialista
Édith Cresson15 de maio de 19912 de abril de 1992Partido Socialista
Pierre Bérégovoy2 de abril de 199229 de marzo de 1993Partido Socialista
Édouard Balladur29 de marzo de 199318 de maio de 1995Reagrupamento pola República
Alain Juppé18 de maio de 19953 de xuño de 1997Reagrupamento pola República
Lionel Jospin3 de xuño de 19976 de maio de 2002Partido Socialista
Jean-Pierre Raffarin6 de maio de 200231 de maio de 2005Unión por un Movemento Popular
Dominique de Villepin31 de maio de 200517 de maio de 2007Unión por un Movemento Popular
François Fillon17 de maio de 200715 de maio de 2012Unión por un Movemento Popular
Jean-Marc Ayrault15 de maio de 2012(No cargo)Partido Socialista

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Atkin, Nicholas. The Fifth French Republic (European History in Perspective) (2005) extracto do texto
  • Brouard, Sylvain et al. The French Fifth Republic at Fifty: Beyond Stereotypes (French Politics, Society and Culture) (2009)
  • Chevallier, Jean-Jacques; Guy Carcassonne, Olivier Duhamel (2009). Histoire de la Ve République : 1958 - 2009 (en French) (13th ed.). Paris: Dalloz. ISBN 978-2-247-08406-7. 
  • Lewis-Beck, Michael S., et al. eds. French Presidential Elections (Palgrave Macmillan; 2012) 232 pages; studies of four presidential contests over the past two decades.
  • Rogoff, Martin A. French Constitutional Law: Cases and Materials (Durham, Carolina Academic Press, 2010.[1]
  • Thody, Philip. The Fifth French Republic: Presidents, Politics and Personalities: A Study of French Political Culture (1998) extracto do texto
🔥 Top keywords: