Rañaceos

Os rañaceos[1] (en singular e plural) son edificios dotados dunha altura singular fronte aos demais e dunha forma xeral presentando formatos de torre. Estes edificios normalmente posúen carácter multifuncional, sendo capaces de abrigar establecementos residenciais, comerciais, de servizos, entre outros. A súa presenza no espazo urbano, cando destacada por enriba da altura media dos demais edificios, constitúese en xeral como unha referencia ou marco para a cidade, aínda que tamén poida xerar problemas varios ligados á mobilidade urbana, consumo de enerxía e seguridade.

Rañaceos do parque empresarial CTBA en Madrid.

Historia

O Home Insurance Building, deseñado por William Le Baron Jenney, está considerado como o primeiro rañaceos do mundo.

Ao longo da historia da arquitectura, con excepción de monumentos como obeliscos e columnas, encóntranse poucos edificios dotados de grande altitude. Normalmente, os poucos exemplares eran as torres, as cales posuían algún tipo de significado relixioso (como as torres de templos católicos) ou militar. Até o período da Revolución Industrial, os edificios de uso cotián raramente posuían múltiples andares.

Até mediados do século XIX, a altura máxima encontrada nas grandes cidades era duns cinco andares, pola dificultade de subir reiteradamente até andares altos. Por outro lado, a construción de edificios altos demandaba sistemas construtivos e tecnolóxicos avanzados. Como a maior parte das edificacións eran construídas en cachotería, canto maior a altitude, maiores as espesuras necesarias para as súas paredes portantes, sexa para soportar os andares superiores ou para resistir aos esforzos do vento. De aí que, avances construtivos que tornaban as paredes independentes dos elementos estruturais do edificio, como o formigón armado e a estrutura en ferro (e máis tarde en aceiro) xa posibilitaban a construción de edificios altos, aínda así, era maior e estes sistemas dunha forma xeral eran caros.

En 1852, a invención do ascensor por Elijah Otis eliminou o primeiro impedimento. O segundo problema foi resolto a partir da popularización dos sistemas construtivos avanzados: a prefabricación de elementos construtivos en aceiro nos países industrializados pasou a ser relativamente común. Así, en 1885 foi construído en Chicago o que está considerado como o primeiro rañaceos, o Home Insurance Building, deseñado por William Le Baron Jenney.

Na década de 1920, unha conxunción de factores — novas técnicas de construción, materiais máis resistentes e a invención dos elevadores — deu lugar aos rañaceos. A novidade cambiou as formas de consumo, de facer comercio e, principalmente, da morada dos habitantes das metrópoles. Cabe notar tamén que a produción arquitectónica ligada á Escola de Chicago, influenciada e esixida polas necesidades do capitalismo naquela cidade, e a arquitectos como Louis Sullivan posuíu tamén un papel de difundir as novas tipoloxías urbanas entre outras cidades no mundo. O rañaceos pasaría a caracterizarse como símbolo do progreso industrial nas grandes cidades do mundo desenvolvido: a cidade de Nova York viviu nas dúas décadas seguintes unha carreira entre emprendedores en busca da construción do edificio máis alto. Como froito deste fenómeno, xurdiron edificios que hoxe son considerados símbolos daquela cidade, como o Empire State Building, o Chrysler Building e máis tarde o Rockfeller Center.

Os vinte rañaceos máis altos do mundo

Os edificios en letra grosa foron os máis altos do mundo no momento da súa construción.

PostoImaxeEdificioCidadePaísAlturaAndaresAno de construción
1 Burj KhalifaDubai Emiratos Árabes Unidos828 m1632010
2 Shanghai TowerShanghai China632 m1282015
3 Abraj Al-Bait Clock TowerA Meca Arabia Saudita601 m1202012
4 Ping An Finance CentreShenzhen China599 m1152017
5 Goldin Finance 117Tianjin China596.6 m1282019
6Lotte World TowerSeúl Corea do Sur554.5 m1232016
7 One World Trade CenterNova York Estados Unidos541.3 m1042014
8 Guangzhou CTF Finance CentreCantón China530 m1112016
Tianjin CTF Finance CentreTianjin China530 m982017
10 China ZunPequín China528 m1082018
11 Taipei 101Taipei Taiwán508 m1012004
12 Shanghai World Financial CenterShanghai China492 m1012008
13 International Commerce CentreHong Kong China484 m1182010
14Wuhan Greenland CenterWuhan China475.6972019
15 Central Park TowerNova York Estados Unidos4721312019
16 Lakhta CenterSan Petesburgo Rusia462 m862018
17 Landmark 81Cidade Ho Chi Minh Vietnam461.2 m812018
18 Changsha IFS Tower T1Changsha China452.1 m882017
19 Petronas Tower 1Kuala Lumpur Malaisia451.9 m881998
Petronas Tower 2
20 Zifeng TowerNanjing China450 m892010
Suzhou IFSSuzhou China450 m922017

Rañaceos por localización

Notas

🔥 Top keywords: