Riki

futbolista español

Iván Sánchez-Rico Soto, alcumado Riki, nado en Aranjuez o 11 de agosto de 1980, é un ex-futbolista español que xogaba de dianteiro. Tras debutar co primeiro equipo do Real Madrid en 2003 e de xogar dúas campañas co Getafe en Primeira División, fichou polo Deportivo da Coruña, no que desenvolveu boa parte da súa carreira deportiva, disputando 226 partidos e marcando 58 goles en sete tempadas.

Infotaula de personaRiki

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de agosto de 1980 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Aranjuez, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura187 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1999 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
 Equipoenllaç=enllaç=
- Atlético de Madrid
- Real Madrid Club de Fútbol
1999-2000 Real Aranjuez CF
2000-2002 Real Madrid Club de Fútbol C
2002-2004 Real Madrid Castilla Club de Fútbol 51(20)
2004-2006 Getafe CF 61(10)
2006-2013 Deportivo da Coruña 204(52)
2013-2015 Granada Club de Fútbol 36(2)
2015- Club Deportivo Guadalajara Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Inicios

Comezou a xogar ao fútbol no Colexio Salesianos Loyola, do seu Aranjuez natal, pasando logo á canteira do Áncora Aranjuez, club do que formou parte dos 14 ata os 19 anos. A continuación pasou ao Real Aranjuez, co que debutou na Terceira División durante a tempada 1999/00.

Real Madrid

No ano 2000 chegou ao Real Madrid para xogar no terceiro equipo deste, o Real Madrid C, no que estivo dúas tempadas antes de subir ao segundo equipo, o Real Madrid Castilla, da Segunda División B. Foi na súa segunda campaña no Castilla, con López Caro como adestrador, cando empezou a destacar especialmente, anotando 18 goles na liga e dous na promoción de ascenso.

A súa progresión permitiulle debutar co primeiro equipo do Real Madrid. Foi nunha eliminatoria da Copa do Rei ante o San Sebastián de los Reyes, na que disputou os últimos dez minutos de xogo como substituto de Guti.[1]

Getafe

Na tempada 2004/05 fichou polo Getafe de Quique Sánchez Flores. Debutou na segunda xornada, xogando como titular nunha derrota por 1-2 diante do Mallorca no Coliseum Alfonso Pérez, e completou a campaña con dous goles na liga e dous na Copa do Rei. Os seus números melloraron considerablemente na seguinte tempada, con Bernd Schuster no banco e con Dani Güiza como compañeiro no ataque, anotando un total de 10 goles.[2]

Deportivo da Coruña

No verán de 2006 fichou polo Deportivo da Coruña. Na súa primeira campaña no club galego disputou un total de 37 partidos, 30 deles como titular, e marcou 3 goles. Foi suplente na maior parte da seguinte tempada, debido ao gran momento de forma do seu compañeiro Xisco. Coa marcha do balear ao Newcastle United, as cesións de Rubén Castro ao SD Huesca e Taborda ao Hércules CF no mercado estival e a pouca confianza do adestrador Miguel Ángel Lotina en Rodolfo Bodipo, Riki recuperou a titularidade na tempada 2008/09, na que fixo unha gran precampaña. Por desgraza unha lesión de carácter muscular no primeiro encontro de liga contra o Real Madrid tívoo apartado do equipo un mes, tempo no que, o en principio descartado Bodipo, conseguiu arrebatarlle a titularidade debido ao pouco rendemento das novas fichaxes Omar Bravo e Mista. Riki rematou a tempada con 9 goles, un deles nun partido da Copa da UEFA ante o Hajduk Split.[3]

Na tempada 2009/10 foi o máximo goleador do equipo, con 8 goles, a pesar das tres lesións que sufriu durante a temporada. En abril de 2010 renovou o seu contrato co Deportivo da Coruña ata o ano 2013.[4] Na 2010/11 disputou 19 partidos de liga, saíndo de inicio só en 8 deles, e marcou 3 goles, nunha mala tempada do equipo coruñés, que acabou descendendo á Segunda División. Na seguinte tempada, xa na categoría de prata, Riki comezou a maioría de partidos dende o banco, pero aínda así foi o máximo goleador do equipo na liga, empatado a 14 goles con Lassad, sendo unha peza clave para o equipo de Oltra se proclamase campión e ascendese de novo a Primeira.[5][6]

A tempada 2012/13 foi a última de Riki no Deportivo e pechouna como o máximo goleador do equipo, con 13 tantos. Con todo, o conxunto coruñés acabou descendendo por segunda vez en tres anos. O 3 de xuño de 2013 Riki anunciou que non continuaría no Deportivo, despois de 7 anos no club, 226 partidos e 58 goles.[7]

Granada

Unhas semanas despois de anunciar a súa marcha do Deportivo, firmou por tres campañas co Granada, da Primeira División.[8] O seu rendemento no club andaluz estivo por debaixo do esperado durante a súa primeira tempada,[9] na que marcou só dous goles en 28 partidos, e empeorou na campaña 2014/15, na que apenas contou para o adestrador Joaquín Caparrós e os sucesores no banco, xogando só once partidos, dous deles como titular, sen conseguir ver porta. No verán de 2015, despois de non chegar a un acordo co club para a rescisión do seu contrato, foi despedido pola entidade granadina.[10]

Guadalajara

A continuación firmou por dous anos polo Guadalajara, de Segunda División B.[11] As lesións impedíronlle ter regularidade no equipo de Castela-A Mancha, que acabou por descender á Terceira División.[12] Xogou un total de 11 partidos, nos que marcou 4 goles, retirándose despois dunha soa tempada no club.

Estatísticas

ClubTempadaDivisiónLigaCopa do ReiComp. europea[N 1]Outros[N 2]Total
PartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGoles
Real Aranjuez1999/00Terceira División81------81
Real Madrid C2000/01Terceira División------
2001/02Terceira División------
Total club
Real Madrid Castilla2002/03Segunda División B192------192
2003/04Segunda División B3218----623820
Total club51200000625722
Real Madrid2003/04Primeira División001000--10
Getafe2004/05Primeira División29232----324
2005/06Primeira División32832----3510
Total club61106400006714
Deportivo da Coruña2006/07Primeira División33340----373
2007/08Primeira División32520----345
2008/09Primeira División2862172--379
2009/10Primeira División26820----288
2010/11Primeira División19332----225
2011/12Segunda División301421----3215
2012/13Primeira División361300----3613
Total club20452154720022658
Granada2013/14Primeira División27210----282
2014/15Primeira División9020----110
Total club362300000392
Guadalajara2015/16Segunda División B114------114
Total carreira371892587262409101

Palmarés

Deportivo da Coruña

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas