Rinoceronte da India

O rinoceronte da India (Rhinoceros unicornis), é unha especie da familia Rhinocerotidae. Sinalado como unha especie vulnerable, este gran mamífero habita no nordeste de Assam (India) e en áreas protexidas no Terai do Nepal, onde pequenas poboacións viven nos pastos ribeiregos ao pé do Himalaia.[1]

Rinoceronte da India

Rhinoceros unicornis no Parque Nacional de Kaziranga
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Mammalia
Orde:Perissodactyla
Familia:Rhinocerotidae
Xénero:Rhinoceros
Especie:R. unicornis
Nome binomial
'Rhinoceros unicornis'
Linnaeus, 1758
Distribución do Rinoceronte da India
Distribución do Rinoceronte da India

Distribución do Rinoceronte da India

O rinoceronte da India viviu antigamente en toda a Chaira Indoganxética, pero a caza desmedida reduciu o seu hábitat drasticamente. Hoxe, arredor de 3.000 rinocerontes viven en liberdade, 2.000 dos cales se atopan en Assam.[2]

É o quinto meirande animal terrestre.

Poboación

Poboación dende 1910.

En 2007, o número total de exemplares era de 2.575, dos cales 2.200 vivían en áreas protexidas da India:[3]

  • no Parque Nacional de Kaziranga: 2,048 (2009 estimado)— incrementouse dos 366 en 1966
  • no Parque Nacional de Jaldapara: 108 — incrementouse dos 84 en 2002
  • no Santuario da Vida Salvaxe Pobitora: 81 — incrementouse dos 54 en 1987
  • no Parque Nacional de Orang: 68 — incrementouse dos 35 en 1972
  • no Parque Nacional de Gorumara: 27 — incrementouse dos 22 en 2002
  • no Parque Nacional de Dudhwa: 21
  • no Parque Nacional de Manas: 19
  • no Santuario da Vida Salvaxe Katarniaghat: 2

Santuario da Vida Salvaxe Pobitora rexistra a maior taxa de densidade de rinocerontes da India no mundo — con 84 exemplares en 2009 nunha área de 38,80 km².

A poboación no Nepal medrou dos 99 individuos de 2008 ós 503 de 2011. De todos eles, 145 eran machos, 183 femias e 175 de xénero sen identificar; 332 eran adultos, 111 crías e 60 de idade intermedia.[4]

Notas

Véxase tamén


🔥 Top keywords: