SANAA

estudio de arquitectura xaponés

SANAA é un estudio de arquitectura xaponés creado no 1995 por Kazuyo Sejima e Ryue Nishizawa (Sejima + Nishizawa e Asociados). Acumulan numerosos premios, tales como o León de Ouro da Bienal de Venecia (2004), a Medalla conmemorativa Arnold Brunner da Academia americana das artes e das letras (2002), así coma o maior recoñecemento no eido da arquitectura, o premio Pritzker (2010). Aínda que nos seus comezos proxectaban bidimensionalmente, as súas últimas obras enfócanse máis tridimensionalmente.

SANAA
Tipoescritório de arquitetura
Data de fundación1995
Director/aKazuyo Sejima e Ryue Nishizawa
Traballos destacadosNew Museum, Rolex Learning Center e Kumanokodo Nakahechi Museum of Art
PremiosPremio Pritzker e Sir John Sulman Medal
SedeToquio
PaísXapón
Na rede
http://www.sanaa.co.jp/
editar datos en Wikidata ]
Escola de Deseño Zollverein, Essen.
Novo Museo de Arte Contemporánea de Nova York.
Centro Comunitario Rolex, Lausana.
Pavillón da Serpentine Gallery, Londres.

Posicionamento

Defínense como arquitectos que seguen unha única liña coherente e fixa, preocupándose pola relación interior/exterior. Conceptualmente preocúpanse por resolver adecuadamente un programa dentro dun edificio, inquietándolles como se moverán as persoas no seu interior e como a nova edificación vai afectar ao espazo exterior e viceversa.

Procesan admiración por Le Corbusier, Ludwig Mies van der Rohe e Oscar Niemeyer. Dos arquitectos aínda en vida, admiran a Frank Gehry, Rem Koolhaas e Álvaro Siza.

Obras

  • 1995. Museo N, Nakahechi, Xapón.
  • 1995. Museo O, Iida, Xapón.
  • 1996. Estudio Multimedia en Oogaki, Ōgaki, Xapón.
  • 1996. Casa M, Toquio, Xapón.
  • 1996. Edificio K, Hitachi, Xapón.
  • 1996. Park Café, Koga, Xapón.
  • 1997. Casa S, Okayama, Xapón.
  • 1997. Museo de Arte Contemporánea de Sydney, Sydney, Australia.
  • 1997. Centro para o Campus do Instituto Tecnolóxico de Illinois, Illinois, EUA.
  • 1997. Centro de Día para a Terceira Idade, Yokohama, Xapón.
  • 1998. Centro de Arte Contemporánea en Roma, Roma, Italia.
  • 1998. Teatro e Centro Cultural De Kunstlinie, Almere, Países Baixos.
  • 1999. Lumiere Park Café, Almere, Países Baixos.
  • 1999. Museo de Arte Contemporánea do Século XXI, Kanazawa, Xapón.
  • 2000. Prada Beauty (Deseño de Punto de Venda), Hong Kong, China.
  • 2001. Edificio Christian Dior en Omotesando, Toquio, Xapón.
  • 2001. Pavillón do Vidro no Museo de Arte de Toledo, Toledo, EUA.
  • 2002. Ampliación do Instituto Valenciano de Arte Moderna, Valencia, España.
  • 2002. Ampliación do Museo Rietberg, Zúric, Suíza.
  • 2002. Instalación para o Centenario de Arne Jacobsen, Humlebaek, Dinamarca.
  • 2002. Xogo de Té Alessi, Italia.
  • 2002. Pavillón do Xapón na Bienal de Venecia, Venecia, Italia.
  • 2003. Tenda Issey Miyake, Toquio, Xapón.
  • 2003. Cidade do Flamenco de Xerez, Xerez da Fronteira, España.
  • 2003. Terminal de Transbordadores de Naoshima, Naoshima, Xapón.
  • 2003. Edificio de Oficinas de Novartis, Basilea, Suíza.
  • 2003. Escola de Deseño Zollverein, Essen, Alemaña.
  • 2003. Novo Museo de Arte Contemporánea de Nova York, Nova York, EUA.
  • 2004. Casa para a Exposición Internacional de Arquitectura, Nanjing, China.
  • 2005. Centro Comunitario Rolex, Lausana, Suíza.
  • 2005. Louvre-Lens, Lens, Francia.
  • 2006. Casa Flor, Suíza.
  • 2006. Edificio para a Factoría Vitra, Weil am Rhein, Alemaña.
  • 2007. Vivendas en París, Francia.
  • 2009. Pavillón da Serpentine Gallery, Londres, Inglaterra.

Premios

  • 1998. Premio do Instituto de Arquitectura do Xapón polo mellor Estudo Multimedia.
  • 2000. Premio de Arquitectura Erich Schelling, Karlsruhe, Alemaña.
  • 2002. Premio de Arquitectura Arnold W. Brunner, Academia Americana das Artes e as Letras, Nova York, EUA.
  • 2002. Premio de Arquitectura Vincenzo Scamozzi, Salzburgo, Austria.
  • 2004. León de Oro da Bienal de Venecia pola obra máis significativa da exposición Metamorph polo Museo de Arte Contemporánea do Século XXI en Kanazawa e Ampliación do Instituto Valenciano de Arte Moderna.
  • 2005. Premio das Artes na Categoría de Arquitectura do xornal Mainichi.
  • 2005. Premio Rolf Schock na Categoría de Artes Visuais, Suecia.
  • 2006. Premio do Instituto de Arquitectura do Xapón.
  • 2007. Premio Mario Pani na Cidade de México.
  • 2007. Premio das Artes de Berlín.
  • 2010. Premio Pritzker.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas