Saltar ao contido

Héctor Scarone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHéctor Scarone

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de novembro de 1898 Editar o valor em Wikidata
Montevideo, Uruguai Editar o valor em Wikidata
Morte4 de abril de 1967 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Montevideo, Uruguai Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUruguai Editar o valor em Wikidata
Altura173 cm Editar o valor em Wikidata
Peso74 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , adestrador de fútbol Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1916 Editar o valor em Wikidata - 1939 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaUruguai Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
 Equipoenllaç=enllaç=
1917-1926 Club Nacional de Football 115(108)
1926-1926 Futbol Club Barcelona
1926-1927 Futbol Club Barcelona 18(17)
1927-1931 Club Nacional de Football 45(39)
1931-1932 Football Club Internazionale Milano 14(7)
1932-1934 Palermo Football Club 54(13)
1934-1939 Club Nacional de Football 31(16)
1937-1938 Montevideo Wanderers Fútbol Club Editar o valor em Wikidata
 Selección nacionalenllaç=enllaç=
1917-1930   Uruguai 52(31) Editar o valor em Wikidata
Participou en
xullo de 1930Mundial de Fútbol Uruguai 1930
1928Xogos Olímpicos de 1928
1924Xogos Olímpicos de 1924 Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsCarlos Scarone (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

FIFA: 57652 Editar o valor em Wikidata

Héctor Pedro Scarone, coñecido como El mago, nado o 26 de novembro de 1898 en Montevideo e finado o 4 de abril de 1967 na mesma cidade, foi un futbolista uruguaio. Xogaba na posición de extremo (dianteiro) e foi internacional coa selección uruguaia. Militou durante a maior parte da súa carreira no Nacional, club co que marcou 301 goles en 369 partidos, sendo o segundo máximo goleador da súa historia e o terceiro de toda a Primeira División do Uruguai.

Foi considerado o "mellor xogador do mundo" nos anos 20 e é unha das grandes figuras da historia do fútbol suramericano. Foi un dos membros da selección uruguaia que conquistou a primeira edición da Copa do Mundo en 1930, e gañou tamén catro veces a Copa América e dúas medallas de ouro nos Xogos Olímpicos. Os seus 31 goles coa selección valéronlle para manterse como o máximo goleador do combinado durante máis de oito décadas, ata que foi superado en 2011 por Diego Forlán. Futbolista de gran habilidade, a súa seguridade en converter penaltis fíxose lenda (nunca fallou un).

Era o irmán máis novo de Carlos Scarone, outro histórico futbolista de Nacional e do fútbol uruguaio.

Traxectoriaeditar a fonte

Futbolistaeditar a fonte

A nivel de clubs, Scarone xogou a maior parte da súa carreira en Nacional. Debutou no equipo do Parque Central en 1917 e alí xogou até o seu retiro en 1939, salvo tres anos nos que se desempeñou no fútbol europeo: 1926, cando defendeu as cores do FC Barcelona, 1932, cando xogou para o Società Sportiva Ambrosiana (hoxe Inter de Milán) e 1934, cando actuou no Palermo.

En Nacional, Scarone posúe a marca de maior cantidade de anos xogando para a institución (20 anos), e é o terceiro máximo goleador na historia da liga do Uruguai con 163 goles. Obtivo a Primeira División do Uruguai en oito ocasións: 1916, 1917, 1919, 1920, 1922, 1923, 1924 e 1934, a Copa de Honra (Cousenier) en 1917 e a Copa Río da Prata (Dr. Ricardo Aldao) en 1919 e 1920. Xogou en total (incluíndo amigables) 369 partidos con Nacional, marcou 301 goles e na súa dilatada traxectoria de 24 anos como futbolista, no Uruguai só xogou por Nacional.

Adestradoreditar a fonte

Como adestrador, Scarone dirixiu, entre outros, a Nacional, ao Millonarios de Colombia e ao Real Madrid de España, sen maior transcendencia.

Selección nacionaleditar a fonte

Coa selección uruguaia gañou a Copa América en 1917, 1923, 1924 e 1926; a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1924 e 1928 e o Mundial de 1930. Disputou un total de 51 partidos oficiais co combinado charrúa e anotou 31 goles. A súa cifra goleadora mantívose como a máis alta da historia da selección ata 2011, cando foi superada por Diego Forlán. Incluíndo os encontros non oficiais, o Mago Scarone anotou 52 goles en 70 partidos coa camiseta celeste.

Participacións en Copas do Mundoeditar a fonte

MundialSedeResultadoPX (G)
Mundial de 1930UruguaiCampión3 (1)

Participacións en Xogos Olímpicoseditar a fonte

XogosSedeResultadoPJ (G)
Xogos Olímpicos 1924ParísCampión5 (4)
Xogos Olímpicos 1928ÁmsterdanCampión3 (3)
Total2/28 (7)

Participacións en Copa Américaeditar a fonte

CopaSedeResultadoPJ (G)
Copa América 1917UruguaiCampión3 (2)
Copa América 1919BrasilSubampión4 (1)
Copa América 1923UruguaiCampión3 (1)
Copa América 1924UruguaiCampión2 (0)
Copa América 1926ChileCampión4 (6)
Copa América 1927PerúSubcampión2 (3)
Copa América 1929Arxentina3° posto0
Total4/718 (13)

Clubs e estatísticaseditar a fonte

EquipoPaísPeríodoPartidosGolesMedia
NacionalUruguai1916—19261151080,94
BarcelonaEspaña19261890,50
NacionalUruguai1927—193145390,87
Inter MilánItalia1931—19321470,50
PalermoItalia1932—193454130,24
NacionalUruguai1934—193831160,52
Selección uruguaia1917—193051310,61
TOTAL1916—19383282230,68

Palmarés como futbolistaeditar a fonte

Campionatos nacionaiseditar a fonte

TítuloClubPaísAno
Primeira División do UruguaiNacionalUruguai1916
Primeira División do UruguaiNacionalUruguai1917
Primeira División do UruguaiNacionalUruguai1919
Primeira División do UruguaiNacionalUruguai1920
Primeira División do UruguaiNacionalUruguai1922
Primeira División do UruguaiNacionalUruguai1923
Primeira División do UruguaiNacionalUruguai1924
Primeira División do UruguaiNacionalUruguai1934

Copas internacionaiseditar a fonte

TítuloEquipoAno
Copa AméricaSelección uruguaia1917
Copa AméricaSelección uruguaia1923
Copa AméricaSelección uruguaia1924
Ouro nos Xogos OlímpicosSelección uruguaia1924
Copa AméricaSelección uruguaia1926
Ouro nos Xogos OlímpicosSelección uruguaia1928
Copa Mundial de FútbolSelección uruguaia1930

Distincións individuaiseditar a fonte

DistinciónAno
Mellor xogador da Copa América1917
Máximo goleador da Copa América1926
Máximo goleador da Copa América1927
Goleador histórico da selección uruguaia
21º posto na clasificación do mellor xogador suramericano do século XX2006
40º posto na clasificación do mellor xogador do mundo do século XX2006

Marcaseditar a fonte

Véxase taméneditar a fonte

Ligazóns externaseditar a fonte

🔥 Top keywords: PortadaLuísa VillaltaPaulino PereiroEspecial:ProcurarDía das Letras GalegasEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontEva Iglesias MiguénsFrancisco Porto MellaRosario Porto OrtegaMaría do Socorro Ortega RomeroEslovaquiaJean SimmonsHindemburg Melão Jr.NeptunoLucas PérezWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIAWStatsSegunda guerra mundialAlfonso Basterra CamporroNova CaledoniaChevrolet CamaroLista de xentilicios de concellos galegosFerhan e Ferzan ÖnderPartido GalegoTonhito de PoiWikipedia:Artigos de calidadeRaquel AtanesAdalia bipunctataCaso Asunta BasterraWikipedia:Acerca deEmydocephalus annulatusRosalía de CastroNomes da folla do piñeiro en GaliciaGaliciaMíriam FerradánsPosicións sexuaisWikipedia:Portal da comunidadeRosalía Fernández Rial