Selección de fútbol de México

A selección de fútbol de México é o equipo representativo do país nas competicións oficiais. A súa organización está a cargo da Federación Mexicana de Fútbol, está afiliada á FIFA desde 1929 e pertence á Concacaf dende 1961. A selección mexicana disputou o seu primeiro encontro o 9 de decembro de 1923 e o seu primeiro torneo oficial en 1928, no marco dos Xogos Olímpicos de Ámsterdan.

México
Actual campión da Copa do Mundo
Actual campión da Eurocopa
Actual campión da Copa de África
Actual campión da Copa América
Actual campión da Copa Ouro
Actual campión da Copa Asiática
Actual campión da Copa das Nacións da OFC
Na casa
Fóra
AsociaciónFederación Mexicana de Fútbol — FMF
ConfederaciónCONCACAF
Código FIFAMEX
AlcumeAztecas
Clasificación FIFA11 (11 de xuño de 2020)
Clasificación ConIFA{{{Ranking ConIFA}}}
Seleccionador Gerardo Martino
Máis encontrosClaudio Suárez (177)
Máximo goleadorJavier Hernández (52)
Estrea internacional
Guatemala 2 − 3 México México
Guatemala, Guatemala; 1 de xaneiro de 1923
Maior vitoria
México 13 − 0 Bahamas Bahamas
Toluca, México; 28 de abril de 1987
Maior derrota
Inglaterra Inglaterra 8 − 0 México México
Londres, Inglaterra; 10 de maio de 1961
Copa do Mundo
Participacións16 (primeira en 1930)
Mellor resultadoCuartos de final (1970, 1986)
Copa Ouro
Participacións23 (primeira en 1963)
Mellor resultado1º (11) (1965, 1971, 1977, 1993, 1996, 1998, 2003, 2009, 2011, 2015, 2019)
México en 1930.

No curso da súa historia tivo dous períodos exitosos. O primeiro abarcou as décadas dos anos 60 e 70, conseguindo tres campionatos da súa federación e numerosas medallas de ouro neste ramo nos eventos deportivos rexionais; mentres que o segundo foi durante os anos 1990 e principios dos 2000, onde obtivo catro Copas de Ouro da CONCACAF, dous subcampionatos da Copa América e unha Copa Confederacións. Por esta ampla superioridade na zona a México denominóuselle como «O Xigante da Concacaf», aínda que durante a decáda do 2000 comezouse a disputar esta honra cos Estados Unidos.

A selección mexicana identifícase coas cores verde, branca e vermella, procedentes da súa bandeira nacional. Exerce a súa localía oficial no Estadio Azteca de México D.F., no entanto moitos partidos de carácter amigable efectuáronse en Estados Unidos. A selección conta cunha división feminina e seleccións menores. Na súa división sub-17 consagráronse no Mundial da especialidade de 2005, sendo este o único campionato mundial en fútbol obtido por México.

Historia

O Club América, equipo base da primeira selección mexicana.

Nos anos 20, o fútbol era practicado en México só por estranxeiros. Só o Club América estaba integrado completamente por mexicanos. Para finais de 1922 o embaixador de México en Guatemala, Juan de Deus Bojórguez, convidou o equipo a aquel país, por tal motivo foi o primeiro representante do fútbol mexicano no estranxeiro. A xira tamén incluíu tres partidos, disputados a principios de xaneiro de 1923, coa selección local, o cal foi derrotado en dúas ocasións polo cadro mexicano.

A primeira selección mexicana de fútbol formouse a finais de 1923, coincidindo coa parada do campionato mexicano 1923-24. O primeiro partido da selección de México foi o 9 de decembro, ante a selección de Guatemala. No primeiro partido Adolfo Frías Beltrán, primeiro adestrador nacional, aliñou co gardameta Ignacio da Garza; os defensas Pedro Legarreta e Rafael Garza Gutiérrez «Marca» (primeiro capitán de México); os mediocampistas Enrique Esquivel, Aurelio Yáñez e Roberto Jardón; e os dianteiros Carlos Garcés, Horacio Ortíz, Adeodato López, Mauro Guadarrama e Cornelio «Coneja» Cuevas.

A internacionalización do fútbol mexicano comezou co debut da selección nunha competición oficial, os Xogos Olímpicos de Ámsterdan. O 30 de maio de 1928 México disputou o seu primeiro partido oficial fronte a selección de España, que terminou cunha derrota para os mexicanos por 7 goles a 1. Posteriormente o equipo dirixido por Jesús Salgado concluíu a súa participación cunha nova desfeita ante Chile por 3 a 1.

Ese mesmo ano, o Congreso da FIFA reuniuse en Ámsterdan e decidiu a realización dun torneo especializado, para o cal debería procurarse unha sede. Uruguai foi elixida como sede do devandito torneo e México foi convidado a esta primeira Copa Mundial de Fútbol. A selección azteca quedou emparejeda no grupo A, xunto aos representativos de Arxentina, Chile e Francia. O 13 de xullo de 1930 os mexicanos caeron 4 a 1 ante os franceses no partido inaugural de Uruguai 1930. O dianteiro Juan Carreño fixo o único gol e converteuse no primeiro futbolista mexicano en marcar nun campionato do mundo. Os seguintes encontros do Mundial non supuxeron mellor fortuna para os mexicanos, quen caeron con Chile por 3 a 0 e coa Arxentina por 6 a 3. Porén, o mediocampista Felipe Rosas converteuse no primeiro anotador de México nos Mundiais, con dous goles.

México pensaba clasificarse sen problemas cara ao Mundial de Italia 1934 tras vencer contundentemente en tres duelos ao seu similar de Cuba (3 a 2; 5 a 0 e 4 a 1); mais inesperadamente, o comité organizador esixiu que México enfrontase a Estados Unidos, o cal se inscribiu de última hora, para definir ao equipo cualificado á Copa do Mundo. Sen outra alternativa, México enfrontou ao representativo estadounidense en Roma o 24 de maio de 1934, partido que deu un resultando adverso para o cadro Tricolor e quedou eliminado por 4 a 2. Esta eliminación derivaría nunha prolongada ausencia do país na xusta futbolística. Dende esta data até 1970 México non pasaría nunca da primeira fase dun mundial, sendo o maior logro gañar un partido Mundial de 1962.

En outubro de 1964 designouse a México para organizar o Mundial de 1970, tendo ao Estadio Azteca como símbolo e só unha vitoria nos certames anteriores, tiñan a misión de facer un bo papel en casa co apoio da súa xente. A inauguración da Copa do Mundo levouse a cabo o 31 de maio, e no partido inaugural México recibiu á Unión Soviética, cun cheo absoluto no Azteca con 107.160 espectadores, pero o representativo local non puido corresponder ao empatar sen anotacións ante a decepción xeral. O segundo partido foi contra un rival da área: O Salvador, o resultado foi de 4-0; por primeira vez na historia, México participaba nunha goleada e non era a vítima. O 11 de xuño os locais venceron pola mínima diferenza a Bélxica con gol de Gustavo Pena, nese entón, defensa do Cruz Azul. Con este resultado por primeira vez na historia, a Tricolor avanzaba á seguinte rolda. O 14 de xuño no estadio "La Bombonera" de Toluca, termináronse os soños ao perder 1-4 ante Italia, o cadro azteca empezou gañando con tanto de José Luís González ao minuto 13, pero ao 25 produciuse un autogol de Gustavo Pena e despois apareceron Luigi Riva (dúas veces) e Gianni Rivera para sepultar as esperanzas do cadro mexicano.

Despois doutra serie de anos con malos resultados, México hospeda en 1986 de novo o Campionato Mundial, sendo o primeiro país que organiza dúas Copas do Mundo. Isto ocorreu despois de que Colombia, que era a sede designada, renunciase case catro anos antes por non cubrir as esixencias da FIFA, entón o país poxou por organizar novamente unha xusta mundialista e o 20 de maio de 1983, a FIFA deu a súa aprobación. Neste mundial México rexurdiría no seu nivel logo de anos de estancamento, causando un grande impacto ao mando de Bora Milutinović. A súa primeira fase foi case impecable: O debut foi o 3 de xuño enfrontando a Bélxica con vitoria de 2-1 con goles de Fernando Quirarte e Hugo Sánchez ante 100.000 espectadores, empatouse a un tanto contra a selección de Paraguai, e no último partido venceron a Iraq pola mínima diferenza logrando o pase aos oitavos de final.

O 15 de xuño, fronte 115 mil espectadores no Estadio Azteca, deron conta de Bulgaria por 2 goles a 0, o primeiro deles memorable polo remate de "tesoira" de Manuel Negrete, lembrado como "o gol máis belo de México nos mundiais". Desafortunadamente, a ilusión terminou en cuartos de final, celebrado en Monterrey, ante Alemaña, xa que despois de prevalecer o empate sen anotacións en tempo regular e extra, caeron ante o cadro teutón en penais por marcador de 1-4 grazas ás 2 atalladas do veterano porteiro alemán Harold Schumacher. Os mundiais de 1970 e 1986 terminaron sendo as mellores actuacións de México na historia dos mundiais ocupando a 6ta. posición da clasificación xeral en ambos os certames. Dende este mundial até o de Suráfrica 2010 chegaron en cinco ocasións a oitavos de final sen conseguir superar a rolda.

Uniforme

As cores do uniforme de local proveñen da bandeira nacional, camisola verde, pantalóns brancos e medias vermellas (nalgúns partidos as medias foron brancas e mesmo os pantalóns verdes). O uniforme de visitante foi case sempre completamente branco, aínda que ás veces o pantalóns é substituído por un verde.

Nos primeiros anos da seleccións mexicana, o uniforme era de camiseta granate e pantalóns e medias azul mariño. Despois foi cambiado ás cores actuais para darlle un sentido máis patriótico ao equipo. Nun intento de lembrar as primeiras vestimentas, no ano 2001 a marca que vestía á selección nese momento, Atletica, decidiu crear un terceiro uniforme coas mesmas cores que a de outrora.

Evolución

Títular 1928


Títular 1950


Suplente 1950


Títular 1954


Títular 1958


Títular 1962


Suplente 1962


Títular 1966


Suplente 1966


Títular 2006


Títular 2007


Títular 2009


Resultados

Copa Mundial de Fútbol

AnoFasePosiciónPXPGPEPPGFGC
Uruguai 1930Primeira fase13°3003413
Italia 1934Non clasificado
Francia 1938Sen participación
Brasil 1950Primeira fase12°3003210
Suíza 1954Primeira fase13°200228
Suecia 1958Primeira fase16°301218
Chile 1962Primeira fase11°310234
Inglaterra 1966Primeira fase12°302113
México 1970Cuartos de final421164
Alemaña 1974Non clasificado
Arxentina 1978Primeira fase16°3003212
España 1982Non clasificado
México 1986Cuartos de final532062
Italia 1990Expulsado
Estados Unidos 1994Oitavos de final13°412144
Francia 1998Oitavos de final13°412187
Corea/Xapón 2002Oitavos de final11°421144
Alemaña 2006Oitavos de final14°411255
Suráfrica 2010Oitavos de final14°411245
Brasil 2014Oitavos de final10°421153
Rusia 2018Oitavos de final12°420236
Total-14°491213245289

Copa de Ouro

AnoFasePosiciónPXPGPEPPGFGC
O Salvador 1963Primeira fase311192
Guatemala 1965Campión5410132
Honduras 1967Subcampión5401101
Costa Rica 1969Semifinalista512245
Trinidad e Tobago 1971Campión541061
Haití 1973Semifinalista5221105
México 1977Campión5500205
Honduras 1981Semifinalista513163
Copa de Ouro 1985Non clasificado
Copa de Ouro 1989Expulsado
Estados Unidos 1991Semifinalista5311105
Estados Unidos/México 1993Campión4410282
Estados Unidos 1996Campión440090
Estados Unidos 1998Campión440082
Estados Unidos 2000Cuartos de final311163
Estados Unidos 2002Cuartos de final321041
Estados Unidos/México 2003Campión541090
Estados Unidos 2005Cuartos de final420241
Estados Unidos 2007Subcampión402275
Estados Unidos 2009Campión6510152
Estados Unidos 2011Campión6600224
Estados Unidos 2013Semifinalista530285
Estados Unidos 2015Campión6420168
Estados Unidos 2017Semifinalista531163
Total-8354171218148

Copa FIFA Confederacións

Xogadores

Máximos goleadores da selección

Actualizado a 6 de setembro de 2019. En negra xogadores en activo coa selección.

Javier "Chicharito" Hernández.
XogadorPeríodoXogosGolesMedia
1Javier Hernández2009–0000109520.47
2Jared Borgetti1997–200889460.52
3Cuauhtémoc Blanco1995–2014120390.33
4Carlos Hermosillo1984–199790350.39
Luis Hernández1995–200285350.41
6Enrique Borja1966–197565310.48
7Luís Roberto Alves1988–200184300.36
8Luis Flores1983–199362290.47
Luis García1991–199978290.37
Hugo Sánchez1977–199858290.50

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: