Serrallo
Nunha mansión musulmá turca, un serrallo é unha estancia onde se confinaban as esposas e as concubinas. Nos pazos musulmáns correspóndese co harén.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/58/Imperial_Gate_Topkapi_Istanbul_2007_002.jpg/220px-Imperial_Gate_Topkapi_Istanbul_2007_002.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d0/Istanbul.Topkapi037.jpg/220px-Istanbul.Topkapi037.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0c/John_frederick_lewis-reception1873.jpg/220px-John_frederick_lewis-reception1873.jpg)
O termo vén dunha variación en italiano do nome persa saray, que significa «pazo» ou «patio pechado». O pazo de Topkapı (en turco: Topkapı Sarayı) é o principal pazo de Istambul, que foi morada do sultán e que hoxe se converteu nun museo.
Outre accepciónn en Turquía refire aos pazos tradicionais e ás grandes mansións construídas no centro de patios amurallados.
En Irán, o termo serrallo designa un patio construído no seo dun bazar, destinado aos comercios e aos obradoiros.
Sobre todo no século XVIII foi un termo que despertara exóticas e luxuriosas fantasías dos europeos respecto á cultura do Imperio Otomán, tal e como fixera Mozart na súa ópera O rapto no Serrallo. Os grandes serrallos de Istambul están considerados como obras mestras da arquitectura otomá (por exemplo o antes referido Topkapi).