Soiuz MS-13

misión do programa espacial Soiuz

Soiuz MS-13 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 20 de xullo de 2019 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][5]

Soiuz MS-13
A Soiuz MS-13 acoplada ao módulo Poisk.
TipoTripulada
Data de lanzamento20 de xullo de 2019[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz FG[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5]
Regreso6 de febreiro de 2020[1]
NSSDC ID2019-041A

Características

Soiuz MS-13, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Aleksandr Skvortsov, Luca Parmitano e Andrew Morgan a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. A Soiuz chegou á estación seguindo unha traxectoria rápida de seis horas e media, acoplándose ao módulo Zvezda e coa tripulación uníndose aos membros da Expedición 59, Aleksei Ovchinin, Christina Hammock Koch e Nick Hague. Despois da marcha da Soiuz MS-12 comezou oficialmente a Expedición 60 cos membros da Soiuz MS-13. O 25 de agosto de 2019 a nave foi recolocada, pasando a ocupar o porto do módulo Poisk debido ao problema de acoplamento da Soiuz MS-14 o día anterior, problema con orixe o sistema de acoplamento automático Kurs-P situado no módulo Poisk. A recolocación da Soiuz MS-13 fíxose de maneira manual, sen necesitar o sistema automático, polo que non foi afectado pola súa avaría. A Soiuz MS-14 conseguiu acoplarse automaticamente ao porto do módulo Zvezda ocupado previamente pola MS-13.[2][3][4][5]

Tras 201 días en órbita, a Soiuz MS-13 desacoplouse do módulo Poisk o 6 de febreiro de 2020 con Skvortsov, Parmitano e Christina Hammock-Koch a bordo (esta última chegada na Soiuz MS-12), con Morgan quedando na estación. A Soiuz 13 aterrou a 146 km ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Casaquistán).[2][3][4][5]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos