Casaquistán

Casaquistán[1] ou Kazhakhstán[2][3][4][5] é un país fundamentalmente asiático, aínda que tamén inclúa unha rexión relativamente pequena que, xeograficamente, pertence á Europa: a área entre o río Ural e a fronteira rusa, o punto máis oriental do continente europeo. Limita ao norte e oeste con Rusia (6.846 quilómetros de fronteira), ao leste coa China (1.533 km), a sur co Kirguizistán (1.051 km), o Uzbekistán (2.203 km) e Turkmenistán (379 km) e a oeste co Mar Caspio.É o noveno país máis grande do mundo por superficie, mais ten unha densidade de 6 hab./km².

Modelo:Xeografía políticaCasaquistán
Қазақстан Республикасы (kk)
Қазақстан (kk) Editar o valor em Wikidata

HimnoMeniñ Qazaqstanım Editar o valor em Wikidata

Lema«El meu Kazakhstan»
«Менің Қазақстаным» Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aPobo casaco Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 48°N 68°L / 48, 6868°L / 48, 68
CapitalAstana (1997–) Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación19.002.586 (2021) Editar o valor em Wikidata (6,97 hab./km²)
Lingua oficialLingua casaca
lingua rusa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie2.724.900 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoKhan Tengri (pt) Traducir (7.010 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoKaragiye (en) Traducir (−132 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación 1991:  causado por Disolución da Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernopresidencialismo Editar o valor em Wikidata
• Presidente Editar o valor em WikidataKassym-Jomart Tokayev (2019–) Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoGovernment of Kazakhstan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor em WikidataAlihan Smaiylov (pt) Traducir (2022–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoParlamento do Cazaquistão (pt) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal197.112.255.361 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
Moedatenge (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
UTC+5 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Dominio de primeiro nivel.kz e .қаз (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+7 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia112, 101, 102 e 103 Editar o valor em Wikidata
Código de paísKZ Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webgov.kz Editar o valor em Wikidata

Casaquistán foi un dos países que se volveron independentes coa disolución da Unión Soviética, proclamando a súa independencia o 16 de decembro de 1991.

Historia

Artigo principal: Historia de Casaquistán.

Os casacos, ou cabaleiros das estepas, descenden de tribos nómades de orixe turca e relixión islámica que, no século XVII, piden protección ao tsar ruso perante a ameaza de invasión mongol. O Imperio Ruso retira o poder dos xefes tribais e domina gradualmente o Casaquistán.

Coa abolición da servidume polo imperio, no 1861, millóns de labregos rusos e ucraínos instálanse nas terras casacas doadas polo goberno central, provocando resentimentos entre os nativos. O exército tzarista reprime unha rebelión contra o poder ruso no 1916, matando 150.000 persoas.

Cambio de presidente, e do nome da capital

Nursultan Nazarbayev, veterano ex-comunista, o único dirixente da antiga URSS no poder sen interrupcións desde a disolución do país en 1991, o político que máis tempo permaneceu no poder en todo o espazo post-soviético, anunciou por sorpresa, o 19 de marzo de 2019 a súa dimisión tras practicamente 30 anos á fronte de Casacastán. Nazarbáyev, de 78 anos de idade, fixo pública a súa decisión a través dunha alocución televisada polos principais canais do país. «Este ano cumpriranse 30 anos desde que ocupo o cargo máis alto. O pobo outorgoume a posibilidade de ser o primeiro presidente do Casaquistán independente», dixo diante as cámaras despois de dar a coñecer a súa renuncia.[6][7]

Porén, o líder casaco non se apartará demasiado dos centros de poder. Segundo as súas palabras, manterse á fronte do Consello de Seguridade da república, do Consello Constitucional e do seu partido Nur Otan, o maioritario no Parlamento. Até que se celebren unhas novas eleccións, o presidente é Kassym-Jomart Tokayev, que ocupaba o cargo de presidente do Senado no momento da renuncia do xefe de Estado.[6][7]

A primeira medida adoptada polo Parlamento casaco, tras renunciar Nursultan Nazarbayev ao seu cargo de Xefe do Estado e tras tomar posesión o novo presidente interino, Kassym-Jomart Tokayev, non caeu ben entre algúns cidadáns de Astana,[8] a capital do país, cuxo nome foi cambiado ao do pai da Nación, Nur-Sultan.[7] Con todo, só tres anos despois, a cidade volveu cambiar de nome, recuperando a denominación de Astana.[9]

Xeografía

Casaquistán é un país transcontinental, coa maior parte do seu territorio situado na Asia Central e unha menor (ao oeste do río Ural) en Europa. Cunha superficie de 2 724 900 km²,[10] é o noveno país máis grande do mundo, así como o estado sen litoral marítimo máis extenso do mundo (considerando o mar Caspio como un lago). Casaquistán é un dos seis Estados túrquicos independentes, xunto a Turquía, Acerbaixán, Kirguizistán, Uzbekistán e Turkmenistán; comparte fronteiras cos tres últimos e con Rusia e a China, ao mesmo tempo que posúe costas no mar Caspio e no mar de Aral. A capital foi trasladada en 1997 de Almati, a cidade máis poboada de Casaquistán, a Astana. Casaquistán pertence á rexión natural denominada Asia Central, formada ademais, xunto con Taxiquistán, por tres dos países xa citados, Kirguizistán, Uzbekistán e Turkmenistán.

A maior parte do territorio está cuberta por deserto, semi-deserto e estepa, aínda que ao norte o país atinxa a zona da taiga. O clima é continental, con veráns quentes e invernos fríos.

Organización político-administrativa

Artigo principal: Subdivisións de Casaquistán.

Casaquistán está formado por 14 provincias (oblystar; en singular: oblys) e tres cidades (qala; en singular: qalasy). Á súa vez, as provincias divídense en distritos.

ProvinciaCapitalÁrea (km²)Poboación
AkmolaKokshetau121,400829,000
AktobeAktobe300,600661,000
Almaty(1)Almaty324.81,226,300
Provincia de AlmatiTaldykorgan224,000860,000
Astana(1)Astana710.2600,200
AtyrauAtyrau118,600380,000
Baiconur(2)Baikonur5770,000
Casaquistán orientalOskemen283,300897,000
KaragandyKaragandy428,0001,287,000
KostanayKostanay196,000975,000
KyzylordaKyzylorda226,000590,000
MangystauAktau165,600}316,847
Casaquistán setentrionalPetropavl123,200586,000
PavlodarPavlodar124,800851,000
Casaquistán meridionalShymkent118,6001,644,000
Casaquistán occidentalOral151,300599,000
ZhambylTaraz144,000962,000

Economía

Artigo principal: Economía de Casaquistán.

Mapas e imaxes

Notas

Véxase tamén


 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

🔥 Top keywords: