Telangana

Andhra Pradesh

Localización do estado de Telangana
CapitalHyderabad
17.22° N 78.26° E
Cidade principalHyderabad
Idioma oficialTelugu
Urdú
Lexislativo
 • Membros
 • Gobernador
 •  Ministro xefe
Bicameral
119 Asemblea Lexislativa e 40 Consello Lexislativo
E. S. L. Narasimhan
Kalvakuntla Chandrashekar Rao
Formado en2 de xuño de 2014
Superficie114.840 km²
Poboación (2011)35 286 757
Densidade demográfica310/km²
Total de distritos10
Fuso horarioUTC +5:30

Telangana é un dos 29 estados da India, situado no sur dese país. Formouse o 2 de xuño de 2014 coa cidade de Hyderabad como a súa capital.[1] Telangana limita cos estados de Maharashtra ao norte e noroeste, Chhattisgarh ao nordés, Karnataka ao oeste, e Andhra Pradesh ao leste e ao sur.[2] O duodécimo estado máis grande da India, Telangana ten unha superficie de 114.840 quilómetros cadrados e unha poboación de 35 286 757 (censo de 2011).[3] As cidades máis poboadas ademais da capital son Warangal, Nizamabad, Karimnagar, Ramagundam e Khammam.

Telangana adquiriu unha indentidade de seu como a rexión de fala telegúa do principado de Hyderabad, gobernado por Nizam de Hyderabad, que se uniu á Unión India en 1948.[4] En 1956 disolveuse o estado de Hyderabad como parte da reorganización lingüística dos estados e Telangana fusionouse co antigo estado de Andhra para formar Andhra Pradesh. Tras anos de existencia dun movemento popular para separación, outorgouse a separación e a creación do estado de Telangana o 2 de xuño de 2014. Hyderabad continuará como a capital conxunta de Andhra Pradesh e Telangana durante un período non superior a dez anos.

Notas

🔥 Top keywords: