The Children of Men
novela de P. D. James
The Children of Men é unha novela distópica de P. D. James que foi publicada en 1992. Ambientada en Inglaterra no ano 2021, céntrase nos resultados dunha infertilidade masiva. James describe un Reino Unido que se está despoboando constantemente e céntrase nun pequeno grupo de resistentes que non comparten a desilusión das masas.
The Children of Men | |
---|---|
Título orixinal | The Children of Men |
Autor/a | P. D. James |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Faber and Faber (Reino Unido) Alfred A. Knopf (USA) |
Data de pub. | 1992 |
Formato | Tapas duras e brandas |
Páxinas | 241 |
ISBN | ISBN 0-679-41873-3 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O libro recibiu moi boas valoracións por parte da crítica, como Caryn James de The New York Times, que o considerou "marabillosamente rica" e "unha incisiva análise da política e do poder que fala con urxencia".[1] O académico Alan Jacobs dixo, "De tódalas novelas de James, The Children of Men é probablemente a máis salientable no seu criticismo social, sen dúbida a máis profunda na súa reflexión teolóxica".[2]
Adaptacións
- Children of Men (2006) é unha adaptación ó cinema dirixida por Alfonso Cuarón e protagonizada por Julianne Moore e Clive Owen. O filme foi moi ben recibido e, segundo Cuarón, P.D. James dixo que estaba compracida con el malia as alteracións.[3]
Notas
🔥 Top keywords: PortadaLuísa VillaltaPaulino PereiroEspecial:ProcurarDía das Letras GalegasEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontEva Iglesias MiguénsFrancisco Porto MellaRosario Porto OrtegaMaría do Socorro Ortega RomeroEslovaquiaJean SimmonsHindemburg Melão Jr.NeptunoLucas PérezWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIAWStatsSegunda guerra mundialAlfonso Basterra CamporroNova CaledoniaChevrolet CamaroLista de xentilicios de concellos galegosFerhan e Ferzan ÖnderPartido GalegoTonhito de PoiWikipedia:Artigos de calidadeRaquel AtanesAdalia bipunctataCaso Asunta BasterraWikipedia:Acerca deEmydocephalus annulatusRosalía de CastroNomes da folla do piñeiro en GaliciaGaliciaMíriam FerradánsPosicións sexuaisWikipedia:Portal da comunidadeRosalía Fernández Rial