Triple sec

O triple sec é un licor incoloro con 40º de alcohol que se fai coa destilación de cascas de laranxa. O seu nome vén da súa tripla destilación.

Unha botella case baleira de Curaçao Azul

O triple sec foi inventado por Edouard Cointreau, en 1875 preto de Angers. Non puido patentar a receita co nome de "triple sec", porque a oficina de patentes non admitía nomes compostos de dous adxectivos ("triplo" e "seco"). Ante o éxito do seu licor e os numerosos intentos doutras destilerías de imitalo, decidiu rexistralo baixo o seu propio apelido: Cointreau.

O triple sec é desde entón un nome xenérico aplicable a numerosos licores. Son triple sec, por exemplo:

O triple sec pode ser consumido só, como dixestivo ou on the rocks, pero na actualidade utilízase sobre todo na fabricación cócteles, como o Margarita, White Lady e Cosmopolitan.

Historia

A destilería Combier di que o triple sec foi inventado nalgún momento entre 1834 e 1848 por Jean-Baptiste Combier en Saumur, Francia.[1] Con todo, Combier era máis famoso polo seu Elixir Combier, que contiña laranxa, pero tamén moitos outros condimentos.[2]

De acordo con Cointreau, o seu licor de laranxa creouse en 1875.[3][4]

O triple sec foi definitivamente coñecido en 1878, na Exposición Universal de París de 1878 en París, varios destiladores ofrecian "Curaço [sic] triple sec", así como "Curaço doux".[5]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

  • Licor Curaçao
  • Grand Marnier
  • Lista de licores

Ligazóns externas