Víctor Sánchez del Amo

futbolista e adestrador de fútbol español

Víctor Sánchez del Amo, nado en Madrid o 23 de febreiro de 1976, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español que dende 2023 adestra o FC Cartagena, da Segunda División. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española.

Víctor
Información persoal
NomeVíctor Sánchez del Amo
Nacemento23 de febreiro de 1976 (48 anos)
Lugar de nacementoMadrid
Altura1,83 m.
PosiciónCentrocampista
Carreira xuvenil
1987–1994Real Madrid
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1994–1995Real Madrid C
1995–1996Real Madrid B37(1)
1996–1998Real Madrid65(7)
1998–1999Racing de Santander35(12)
1999–2006Deportivo da Coruña210(30)
2006–2007Panathinaikos12(0)
2007–2008Elche17(2)
Selección nacional
1996–1998España sub-2112(3)
2000–2004España8(0)
Adestrador
2010–2011Getafe (asistente)
2012–2013Sevilla (asistente)
2013–2014Olympiacos (asistente)
2015–2016Deportivo da Coruña
2016Olympiacos
2016–2017Betis
2019–2020Málaga
2023Cartagena
Na rede
FIFA: 179057 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Aínda que naceu en Madrid, viviu sempre en Xetafe. Alí foi onde aos 8 anos de idade comezou a dar as súas primeiras patadas no equipo de fillos da empresa onde traballaba o seu pai, Uralita. Aos 10 anos de idade comezou a xogar nun equipo de fútbol sala da súa localidade, onde coincidiu con quen máis adiante sería compañeiro seu tanto no Real Madrid, como no Deportivo da Coruña, Iván Pérez. Ese equipo chamábase Deportes Alfonso e quedaron ese mesmo ano campións de España.

Aos 11 anos de idade incorpórase ás categorías inferiores do Real Madrid, onde comezou xogando de dianteiro. Xogador de banda dereita, debutou en Primeira División co Real Madrid na tempada 1995-96 sendo Arsenio Iglesias adestrador, a tempada seguinte, coa chegada de Capello como adestrador, xoga con regularidad e en 1998 gana a Copa de Europa. Na tempada 1998/1999 pasa ao Racing de Santander. Na seguinte tempada comeza a xogar no Deportivo da Coruña co que se proclamou campión de Liga no 2000 e de Copa no 2002.

No verán de 2006 firmou co Panathinaikos FC, pero apenas xogou na liga grega debido a unha tendinite. Abandonou o club heleno ao finalizar a tempada e, tras varios meses sen equipo, regresou a España para firmar co Elche CF, da Segunda División.[1] Debutou co club franxiverde o 14 de outubro de 2007, coa tempada 2007/08 xa empezada, no partido Elche-Málaga. Con todo, múltiples lesións musculares lle impediron xogar con regularidade, participando só en 16 das 42 xornadas ligueiras.[2] Ao finalizar a tempada e a pesar de chegar a un acordo previo para a súa renovación,[3] finalmente desvinculouse do club ilicitano, quedando inactivo á espera de ofertas.[4]

Adestrador

O 9 de abril de 2015 foi presentado como adestrador do Deportivo da Coruña, logo da destitución o día anterior de Víctor Fernández.[5][6]

O 30 de maio de 2016, logo de conseguir o obxectivo da permanencia mais cuns pésimos resultados na segunda volta da liga, o club rescindiu o seu contrato.[7] O seu substituto foi Gaizka Garitano.[8]

Selección española

Debutou coa Selección española o 16 de agosto de 2000, nun partido amigable Alemaña-España (4-1). Co combinado español disputou un total de oito partidos.

Palmarés

Real Madrid
Deportivo

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas