Vegas Golden Knights

Os Vegas Golden Knights son un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Las Vegas (Nevada, Estados Unidos). Fundados en 2016 como equipo de expansión, compiten na National Hockey League (NHL) dende a tempada 2017-18, quedando encadrados na Pacific Division da Conferencia Oeste. O equipo xoga os seus partidos como local no T-Mobile Arena, situado no suburbio de Paradise. Na súa primeira tempada na NHL o equipo conseguiu proclamarse campión da súa división na liga regular, e da Conferencia Oeste nos play-offs, converténdose así no terceiro equipo que chegaba ás finais da Stanley Cup na súa primeira tempada logo dos Toronto Arenas (1918) e os St. Louis Blues (1968).[1]

Vegas Golden Knights
Fundación2016
CidadeLas Vegas,
Nevada
Estados Unidos de América Estados Unidos
EstadioT-Mobile Arena
(17.500 espectadores)
LigaNational Hockey League
ConferenciaOeste
DivisiónPacific
Propietario(s) Bill Foley
Familia Maloof
Director George McPhee
Adestrador Gerard Gallant
CoresGris aceiro, dourado, vermello e negro
                       
Na rede
https://www.nhl.com/goldenknights/
Facebook: lvgoldenknights Twitter: goldenknights Instagram: lvgoldenknights Youtube: UCyUzGmp1kAmlkNUzAqW9xJw Editar o valor em Wikidata

Personalidades

Xogadores

Números retirados

Aínda que a franquía non ten ningún número retirado, o equipo non pode empregar o número 99 para ningún dos seus xogadores, xa que este foi retirado de todos os equipos da liga en honor a Wayne Gretzky o 6 de febreiro do ano 2000 durante o Partido das Estrelas celebrado na cidade de Toronto (Canadá).[2]

Adestradores

O 13 de abril de 2017 o director xeral dos Vegas Golden Knights, George McPhee, anunciaba ao canadense Gerard Gallant como primeiro adestrador da franquía. Gallant chegou aos Golden Knights logo de adestrar durante máis de dúas tempadas (entre 2014 e 2016) aos Florida Panthers,[3] de onde foi cesado o 27 de novembro de 2016 logo dun mal inicio de tempada.[4]

Adestradores dos Vegas Golden Knights
NomeTempadasLiga regularPlay-offs
PAVDEOTPts %PAVD% V
1Gerard Gallant13 de abril de 2017Adestrador actual

Directores xerais

O primeiro director xeral da franquía é o canadense George McPhee, nomeado o 13 de xullo de 2016. McPhee xa fora director xeral dos Washington Capitals entre 1997 e 2014,[5][6] e ocupara outros cargos directivos nos Vancouver Canucks e os New York Islanders.[7]

Directores xerais dos Vegas Golden Knights
NomePeríodoNotas
1George McPhee13 de xullo de 2016-[8]

Trofeos

Trofeos colectivos

Clarence S. Campbell Bowl

O Clarence S. Campbell Bowl é actualmente o trofeo outorgado ao campión da Conferencia Oeste. Os Golden Knightss gañaron este galardón na súa primeira tempada de existencia:[9]

  • 2018

Notas

Véxase tamén