Vancouver Canucks

O Vancouver Canucks é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Vancouver, o Canadá, que actualmente compite na NHL. Foi fundado en 1945 e competiu inicialmente na Pacific Coast Hockey League, ata que na tempada 1970-71 debutou na NHL, logo de ser aceptado pola competición xunto cos Buffalo Sabres.

Vancouver Canucks
Fundación1945 (PCHL)
1970 (como equipo de expansión da NHL)
CidadeVancouver,
Columbia Británica Columbia Británica
Canadá
EstadioRogers Arena
(18.910 espectadores)
LigaNational Hockey League
ConferenciaOeste
DivisiónPacific
Campionatos0
Propietario(s)Canucks Sports & Entertainment
(Francesco Aquilini, presidente)
Director Jim Benning
Afiliado(s)Manitoba Moose (AHL)
Victoria Salmon Kings (ECHL)
CoresAzul, verde, prata, branco
                       
Na rede
https://www.nhl.com/canucks/
Facebook: Canucks Twitter: Canucks Instagram: canucks Editar o valor em Wikidata

O seu alcume Canuck é un termo coloquial para referirse a calquera persoa natural do Canadá.

Pavillóns

Os Canucks xogan os seus partidos como locais no Rogers Arena, un pavillón inaugurado en 1995 baixo o nome de General Motors Place, e con capacidade para máis de 18.890 espectadores para os partidos dos Canucks. O Rogers Arena foi tamén a sede da competición de hóckey sobre xeo nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2010. O pavillón é propiedade e é operado por Canucks Sports & Entertainment. Antes de trasladarse ao Rogers Arena, o equipo xogaba os seus partidos como local no Pacific Coliseum, en Hastings Park, durante 25 anos. O Pacific Coliseum ten actualmente capacidade para 16.281 para partidos de hóckey sobre xeo, mentres que a súa capacidade cando foi inaugurado era de 15.713 espectadores. Durante os Xogos Olímpicos de Inverno de 2010 foi sede da competición de patinaxe artístico e patinaxe de velocidade sobre pista curta. Actualmente o Pacific Coliseum é a casa dos Vancouver Giants, equipo de hóckey sobre xeo que compite na Western Hockey League.

Despois do traslado do equipo ao Rogers Arena, a media desespectadores aumentou notablemente, dos 13.932 espectadores de 1995 no Pacific Coliseum pasouse a unha media de 17.795 no novo pavillón ao ano seguinte. Os anos seguintes ao traslado a media de espectadores foi diminuíndo ata os 14.642 espectadores do ano 2000 (asistencia mínima no Rogers Arena). Dende o cambio de milenio a audiencia media aos partidos dos Canucks non deixou de medrar, sendo a máis alta da NHL na 2010-11 con 18.860 espectadores. na tempada 2012-13 rexistrouse a mellor entrada nunha tempada do equipo con 18.947 espectadores.[1]

Ano199619971998199920002001200220032004200520062007200820092010201120122013
Asistencia media17.79517.32016.98615.80314.64217.01717.71318.39618.63118.63018.63018.63018.63018.81018.86018.88418.947
Maior media de espectadores esa tempada na NHL.

Xogadores

Números retirados

Game-worn jerseys belonging to Wayne Maki, Pavel Bure and Glen Hanlon on display at Rogers Arena.
Vancouver Canucks Retired numbers
XogadorPosiciónCarreiraData da retirada
10 1Pavel BureRW1991–992 de novembro de 2013 [2]
12Stan SmylRW1978–913 de novembro de 1991
16Trevor LindenRW1988–98, 2001–0817 de decembro de 2008
19Markus NaslundLW1996–200811 de decembro de 2010
99 2Wayne GretzkyC-6 de febreiro de 2000[3]
Notes:
  • 1 Bure levou o número 10 en cinco das súas sete tempadas en Vancouver. Vestiu tamén o número 96 durante a tempada 1995–96 e 1996–97 antes de vestir outra vez o número 10 na tempada 1997–98.
  • 2 Gretzky nunca xogou para a franquía. O seu dorsal 99 foi retirado de todos os equipos da Liga pola NHL.

Números fóra de circulación

Aínda que non están oficialmente retirados, os seguintes números non son empregados polos Canucks:

  • 11 - Wayne Maki, LW, 1970–1973, fóra de circulación dende a súa morte a causa dun tumor cerebral o 1 de maio de 1974. Mark Messier (C, 1997–2000) é o único xogador dos Canucks que levou este número dende aquela.
  • 28 - Luc Bourdon, D, 2006–2008, fóra de circulación dende a súa morte nun accidente de moto o 29 de maio de 2008. Levou o número 4 na tempada 2006-07.
  • 37 - Rick Rypien, C, 2005-2010, fóra de circulación dende o seu suicidio o 15 de agosto de 2011. Levou o número 15 na tempada 2005-07.

Hall of Fame

Personalidades dos Vancouver Canucks no Hall of Fame
Xogadores
NomePosiciónCarreiraIntroducido
Igor LarionovC1989–19922008
Mark MessierC1997–20002007
Cam NeelyRW1983–19862005
Pavel BureRW1991–19982012
Mats SundinC2008–092012
Directivos
NamePositionCareerInducted
Frank GriffithsPropietario1974–19941993
Jake MilfordDirector Xeral1977–19821984
Roger NeilsonAsistente, Adestrador1981–19842002
Bud PoileDirector Xeral1970–19731990

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas