Viaduto de Pontevedra (Redondela)

(Redirección desde «Viaduto de Pontevedra»)

8°36′35″O / 42.285826, -8.609692

O viaduto de Pontevedra é unha das dúas pontes ferroviarias que atravesan o centro da vila pontevedresa de Redondela, xunto co viaduto de Madrid. Foi inaugurado no ano 1884 polo enxeñeiro e arquitecto Mariano Carderera Ponzán (1846-1916), oito anos despois da inauguración do viaduto de Madrid. Até comezos do século XXI estivo en funcionamento, soportando a pasaxe de convois da liña Vigo-A Coruña. Deixou de usarse coa inauguración do eixe atlántico de alta velocidade.

Viaduto de Pontevedra
Localización
RíoVal de Redondela (río Alvedosa)
ConcelloRedondela
ProvinciaPontevedra, Galicia
Características
Construción1884
Lonxitude250 m
Ancho3 m
MaterialFerro

No ano 1978 abriuse un expediente para declaralos Ben de Interese Cultural pero aínda non foi resolto [1].

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas