Volta ao País Vasco 2016

2015 << Volta ao País Vasco 2016 >> 2017
Clasificacións6 etapas, 852,2 km
- XeralEspaña Alberto Contador
- Metas voantesFrancia Nicolas Edet
- MontañaItalia Diego Rosa
- Regularidade Sergio Henao

A 56ª edición da Volta ao País Vasco (en éuscaro: 2016ko Euskal Herriko Itzulia) foi unha carreira ciclista celebrada no País Vasco entre o 4 e o 9 de abril de 2016.

A carreira consistiu en cinco etapas en liña e unha contra reloxo individual final. Comezou en Etxebarria, na provincia de Biscaia e tras 852,2 quilómetros de percorrido finalizou na vila guipuscoana de Éibar. A etapa raíña foi a quinta, a tradicional etapa con subida final ao Santuario da Virxe de Arrate en Éibar, que nesta edición partía dende a vila costeira de Orio.

A volta foi a novena carreira do UCI WorldTour 2016. O gañador foi Alberto Contador que logrou o xersei amarelo na contra reloxo final logo de superar ao colombiano Sergio Henao que chegaba líder e rematou segundo e vencer ao tamén colombiano Nairo Quintana.

Nas demais clasificacións, Diego Rosa logrou a vitoria na clasificación da montaña, Sergio Henao conseguiu o xersei da regularidade, Nicolas Edet venceu na clasificación das metas voantes e o Team Sky gañou entre os equipos.

Equipos

Na Euskal Herriko Itzulia do 2016 participaron 18 equipos: os 18 obrigados do UCI WorldTour e 2 Profesionais Continentais.

EquipoCódigoCategoríaXefe de filas
Team KatushaKATUCI WorldTour Joaquim Rodríguez
Team SkySKYUCI WorldTour Mikel Landa
Sergio Henao
Movistar TeamMOVUCI WorldTour Nairo Quintana
Orica-GreenEDGEOGEUCI WorldTour [[Simon Gerrans}}
Adam Yates
Simon Yates
BMC Racing TeamBMCUCI WorldTour Samuel Sánchez
TinkoffTNKUCI WorldTour Alberto Contador
CannondaleCPTUCI WorldTour Pierre Rolland
Ag2r La MondialeALMUCI WorldTour Jan Bakelandts
Lotto-SoudalLTSUCI WorldTour Tony Gallopin
Maxime Monfort
FDJFDJUCI WorldTour Thibaut Pinot
Dimension DataDDDUCI WorldTour Igor Antón
Lampre-MeridaLAMUCI WorldTour Rui Costa
Trek-SegafredoTFSUCI WorldTour Bauke Mollema
Ryder Hesjedal
Etixx-Quick StepEQSUCI WorldTour Daniel Martin
IAM CyclingIAMUCI WorldTour Marcel Wyss
AstanaASTUCI WorldTour Fabio Aru
Giant-AlpecinTGAUCI WorldTour Warren Barguil
Team LottoNL-JumboTLJUCI WorldTour Robert Gesink
Caja Rural-Seguros RGACJRProf. Continental Peio Bilbao
Cofidis, Solutions CréditsCOFProf. Continental Dani Navarro

Etapas

EtapaDataPercorridokmGañadorLíder
1.ª4 de abrilEtxebarria-Markina-Xemein 144 Luis León Sánchez Luis León Sánchez
2.ª5 de abrilMarkina-Xemein-Amurrio 174,2 Mikel Landa Mikel Landa
3.ª6 de abrilGasteiz-Lesaca 193,5 Stephen Cummings Mikel Landa
4.ª7 de abrilLesaca-Orio 165 Samuel Sánchez Wilco Kelderman
5.ª8 de abrilOrio-Arrate (Éibar) 159 Diego Rosa Sergio Henao
6.ª9 de abrilÉibar-Éibar 16,5 (CRI) Alberto Contador Alberto Contador
Total852,2 Alberto Contador

Clasificación xeral

A seguinte táboa mostra aos dez mellor clasificados da xeral despois da fin da carreira:

PosiciónCiclistaEquipoTempo
Alberto ContadorTinkoff22h 44' 43"
2 Sergio Henao Team Sky+ 12"
3 Nairo QuintanaMovistar Team+ 37"
4 Thibaut PinotFDJ+ 1' 12"
5 Joaquim RodríguezTeam Katusha+ 1' 22"
6 Samuel SánchezBMC Racing Team+ 1' 29"
7 Rui CostaLampre-Merida+ 2' 19"
8 Simon ŠpilakTeam Katusha+ 2' 47"
9 Lawson CraddockCannondale+ 2' 52"
10 Wilco KeldermanTeam LottoNL-Jumbo+ 3' 14"

Outras clasificacións

Clasificación da montaña

Pos.CiclistaEquipoPuntos
Diego RosaAstana55
2 Stefan DeniflIAM53
3 Nicolás Edet Cofidis28
4 Carlos VeronaEtixx27
5 Luis Ángel MatéCofidis22

Clasificación da regularidade

Pos.CiclistaEquipoPuntos
Sergio HenaoSky70
2 Alberto Contador Tinkoff62
3 Samuel SánchezBMC61
4 Rui CostaLampre51
5 Nairo QuintanaMovistar47

Clasificación das metas voantes

Pos.CiclistaEquipoPuntos
Nicolas EdetCofidis11
2 Diego Rosa Astana9
3 Stefan DeniflIAM9
4 Luis Ángel MatéCofidis7
5 Dario CataldoAstana6

Clasificación por equipos

Pos.EquipoTempo
Sky68h 26' 46"
2 Astana6' 10"
3 Katusha6' 35"
4 AG2R12' 32"
5 Cofidis13' 09"

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas