Wilfrid Napier
Wilfrid Fox Napier, nado o 8 de marzo de 1941 en Swartberg (Unión de Suráfrica), é un cardeal da Igrexa Católica, arcebispo metropolitano de Durban dende 1992.
Traxectoria
Wilfried Napier naceu o 8 de marzo de 1941 en Swartberg, entón parte da Unión de Suráfrica, estado predecesor da Suráfrica actual.
O 25 de xullo de 1970 foi ordenado sacerdote da Orde dos Freires Menores polo bispo de Kokstad, John Evangelist McBride.
O 29 de novembro de 1980 foi nomeado bispo de Kokstad, recibindo a consagración episcopal o 28 de febreiro de 1981 de mans do arcebispo de Durban Denis Eugene Hurley.
O 29 de marzo de 1992 o papa nomeouno arcebispo de Durban, e no consistorio do 21 de febreiro de 2001 Xoán Paulo II creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de San Francesco d’Assisi ad Acilia.
Sucesión episcopal
Bispos consagrados por Wilfrid Napier
- Michael Vincent Paschal Rowland (1983)
- Fritz Lobinger (1988)
- William Matthew Slattery (1994)
- Oswald Georg Hirmer (1997)
- Paul Mandla Khumalo (2002)
- Jabulani Adatus Nxumalo (2002)
- Barry Alexander Anthony Wood (2006)
- Thomas Graham Rose (2008)
- Stanisław Jan Dziuba (2009)