Xesús Alfonso Parada
escritor galego
Xesús Alfonso Parada Jato, nado en Meiraos (Folgoso do Courel) en 1967, é un escritor e artista plástico galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1967 (56/57 anos) Meiraos, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
Cursou estudos de Historia na UNED. É diplomado en Traballo Social pola UNED e experto universitario en Animación Sociocultural Ocio e Tempo Libre, tamén pola UNED. É colaborador habitual en revistas coma Xistral (revista lucense de creación poética) e A Candea (cultural). Tamén é artista plástico.[1]
Obras
Ensaio
- Usos, costumes e cousas do Courel, 2007, Toxosoutos.
- Lembranzas do Courel, 2010, Toxosoutos.
- Os aires de Meiraos, 2022, Avant editorial.
Poesía
- A cor das uces, 2008, Bubela.
- A delgada voz dos marxinados, 2009, Bubok.
- Tallo de Lansán, 2013, Bubok.
- Soños, 2016, Vivelibro.
- Diario de onte e de antonte, 2018, Vivelibro.
- Vida en tres Chanzos, 2020, Vivelibro.
- Soliloquio e baleiro, 2020, Vivelibro.
- Náiades, 2021, Peruchela Edicións.
- Antología poética. Luna de soledad / El color de las uces, 2021 (obra en castelán)
- Elpis na lareira, 2021, Peruchela Edicións.[2][3]
- Ecoando nas valgadas, 2021, Toxosoutos.
- Stella Matutina, 2022, Toxosoutos.
- Entre o luceiro e a noite, 2022, Peruchela Edicións.[4]
- Todas as lúas do ano (2023). Noia: Toxosoutos. 74 páxs. ISBN 978-84-127489-5-6.
- Réquiem y diario (2024). Avant Editorial. ISBN 978-84-19970-75-6 (obra en castelán)
Obras colectivas
- Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de Fundación, 2011, Bubela.
- Alén do Silencio, 2014.
- Libro de libros, 2014.
- Literarte, 2014.
- Mesturas, 2015.
Premios
Recibiu diversos premios pola súa obra, entre eles o Premio Especial ao Pintor Local da Asociación Fonte do Milagro (2003, 2004, 2006, 2007 e 2008):[Cómpre referencia]
- I Premio de Relato Curto no certame Uxío Novoneyra do Concello de Folgoso do Courel. (2002).
- III Premio de Poesía no Certame Uxío Novoneyra. Concello de Folgoso do Courel (2004).
- II Premio de Poesía no certame Uxío Novoneyra do Concello de Folgoso do Courel. (2006).
- II Premio de poesía do Concello de Quiroga (2009).
- I Premio de Poesía do Concello de Quiroga (2010).
- Mención de honra no Certame Manuel Oreste do Concello de Paradela Poesía (2014).[5]
- II Premio de Poesía no Certame da Asociación A Pipa de Becerreá (2014).
- I Premio de Poesia categoría especial Camiño de Santiago, no Certame Manuel Orestes do Concello de Paradela (2022).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Carlos Julio González (26/9/2022). Jesús Alfonso Parada Jato: "En Meiraos ata as paredes do monte teñen un nome", El Progreso .
- https://www.avanteditorial.com/jesus-paradajato/ (en castelán)
🔥 Top keywords: PortadaLuísa VillaltaPaulino PereiroEspecial:ProcurarDía das Letras GalegasEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontEva Iglesias MiguénsFrancisco Porto MellaRosario Porto OrtegaMaría do Socorro Ortega RomeroEslovaquiaJean SimmonsHindemburg Melão Jr.NeptunoLucas PérezWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIAWStatsSegunda guerra mundialAlfonso Basterra CamporroNova CaledoniaChevrolet CamaroLista de xentilicios de concellos galegosFerhan e Ferzan ÖnderPartido GalegoTonhito de PoiWikipedia:Artigos de calidadeRaquel AtanesAdalia bipunctataCaso Asunta BasterraWikipedia:Acerca deEmydocephalus annulatusRosalía de CastroNomes da folla do piñeiro en GaliciaGaliciaMíriam FerradánsPosicións sexuaisWikipedia:Portal da comunidadeRosalía Fernández Rial