Xoán Antón Pérez-Lema
Xoán Antón Pérez-Lema, nado na Coruña o 17 de abril de 1964, é un avogado, político e columnista galego.[1]
Entrevista en Nós TV. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de abril de 1964 (60 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político , xornalista |
Lingua | Lingua galega |
Traxectoria
É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela dende 1987 e graduado en Administración de Empresas. Exerce a avogacía na súa cidade natal. Militou sempre no nacionalismo galego, sendo un dos fundadores das Mocidades Nacionalistas Galegas,[2] organización xuvenil aliada primeiro de Coalición Galega e despois do Partido Nacionalista Galego (PNG-PG).
Foi membro da executiva do PNG-PG, e xefe do gabinete da Consellaría da Presidencia da Xunta entre 1987 e 1989, sendo conselleiro Pablo González Mariñas. Ten exercido tamén como asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia, defendendo xudicialmente a obxectores e insubmisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio.[2]
Tamén foi profesor da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo, da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e secretario xeral de Relacións Institucionais da Xunta de Galicia co bipartito, entre 2007 e 2009[3], sendo vicepresidente da Xunta Anxo Quintana. Imparte a docencia no programa de asesoría xurídica de empresa do Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE), e é secretario xeral da Asociación Galega de Afectados por Produtos Financeiros (AGAPROFI). Antigo militante do BNG, abandonou a formación para integrase en Compromiso por Galicia. É secretario xeral da organización de consumidores Acouga, e colaborador de Esculca, observatorio para a defensa dos direitos e liberdades.
Colabora con opinións e comentarios sociais e políticos decote na Radio Galega, na TVG e en varios medios de comunicación, como Xornal de Galicia, El Correo Gallego, El Ideal Gallego, Praza[4], MundoGaliza, Tempos dixital ou Terra Chá, Nós Diario[5], Grial[6].
Obra
- Quando grupos vulneráveis sao feridos. A figura jurídica dos crimes de ódio (2020). Através. 86 páxs. ISBN 978-84-16545-48-3.