Saltar ao contido

Cabassous chacoensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cabassous chacoensis
Armadillo de cola espida do Chaco
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada[1]
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Subfilo:Vertebrata
Clase:Mammalia
Subclase:Placentalia
Orde:Cingulata
Familia:Dasypodidae
Subfamilia:Tolypeutinae
Xénero:Cabassous
Especie:C. chacoensis
Nome binomial
Cabassous chacoensis
Wetzel, 1980
Distribución de Cabassous chacoensis
Distribución de Cabassous chacoensis

Distribución de Cabassous chacoensis

Cabassous chacoensis, coñecido na bibloiografía internacional como armadillo de cola espida do Chaco, é unha especie de mamífero placentario da orde dos cingulados, familia dos dasipódidos (única da orde) e subfamilia dos tolipeutinos,[2] unha das catro que integran o xénero Cabassous,[3] nativo da rexión do Gran Chaco, na zona central de América do Sur.[4][5]

Característicaseditar a fonte

É o máis pequeno dos armadillos de cola espida, cunha lonxitude media de cabeza e tronco de 30 cm, mentres que a das outras especies oscila entre os 32 e os 46 cm. Tamén teñen as orellas máis pequenas que as dos seus conxéneres, orellas que, ademais, teñen unha distintiva expansión carnosa no bordo dianteiro da que carecen as outras especies.[5]

Hábitat e distribucióneditar a fonte

Como os seus nomes (científico e vulgar) indican, este armadillo de cola espida encótrase na rexión do Gran Chaco, desde Paraguai occidental ao centro-norte da Arxentina.[5] Tamén se pode encontrar en Bolivia e, posibemente, no Brasil.[1]

Dentro desta rexión, é máis probabel encontralo en hábitats semiáridos, máis que nos húmidos.[6] Polo xeral habita en zonas de bosques xerófilos pouco densos e en sabanas abertas ou próximas ás salinas, buscando refuxio en engrobas entre o bosque. Esta comunidade arbórea pertence á provincia fitogeográfica chaqueña, especificamente ao Chaco seco e ao Chaco semiárido.[5][7]

Bioloxíaeditar a fonte

Debido aos hábitats inhóspitos nos que vive, esta especie foi pouco estudada, e pouco se coñece da súa bioloxía e comportamento, aínda que se supón que é un animal solitario de hábitos nocturnos, e un activo escavador de tobos, nos que pasaría agochado durante case todo o día saíndo á noitiña pata alimentarse principalmente de formigas e térmites, pero tamén de gran cantidade doutros insectos, como escaravellos e as súas larvas, e posibelmente tamén lagartos e outros animais pequenos; pode tamén matar galiñas para alimentarse. Citouse que pode facer unha chamada que é unha especie de gruñido, e que as femias traen ao mundo unha soa cría por parto.[5][8]

Taxonomíaeditar a fonte

Descricióneditar a fonte

A especie Cabassous chacoensis foi descrita en 1980 polo zoólogo R. M. Wetzel na páxina 335 do seu traballo "Revision of the naked-tailed armadillos, genus Cabassous Mc Murtrie". Annals of Carnegie Museum, 49 (2): 223-357.[2] Non se coñecen subespecies.

Etimoloxíaeditar a fonte

O específico, chacoensis, fai referencia á súa área de dispersión, no Chaco.

Outros nomes vulgareseditar a fonte

Ademais de armadillo de cola espida do Chaco, a especie tamén se coñece, nos países onde se distribúe, polos nomes de cabasú chaqueño, tatú aí, pichiciego grande, cabasú de orejas cortas, tatú-piche chaqueño, quirquincho de rabo mole, cabasú chico, quirquincho blanco e tatú de rabo molle chaqueño.[7]

Notaseditar a fonte

Véxase taméneditar a fonte

Bibliografíaeditar a fonte

  • McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
  • Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
  • VV. AA. (1968): "Dasipódios" en Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 86–88.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Outros artigoseditar a fonte

Ligazóns externaseditar a fonte

🔥 Top keywords: PortadaLuísa VillaltaPaulino PereiroEspecial:ProcurarDía das Letras GalegasEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontEva Iglesias MiguénsFrancisco Porto MellaRosario Porto OrtegaMaría do Socorro Ortega RomeroEslovaquiaJean SimmonsHindemburg Melão Jr.NeptunoLucas PérezWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIAWStatsSegunda guerra mundialAlfonso Basterra CamporroNova CaledoniaChevrolet CamaroLista de xentilicios de concellos galegosFerhan e Ferzan ÖnderPartido GalegoTonhito de PoiWikipedia:Artigos de calidadeRaquel AtanesAdalia bipunctataCaso Asunta BasterraWikipedia:Acerca deEmydocephalus annulatusRosalía de CastroNomes da folla do piñeiro en GaliciaGaliciaMíriam FerradánsPosicións sexuaisWikipedia:Portal da comunidadeRosalía Fernández Rial