1917 (filme de 2019)

filme de 2019 dirixido por Sam Mendes

1917 é un filme británico-estadounidense de 2019 dirixido, co-escrito e producido por Sam Mendes. Está protagonizado por George MacKay e Dean-Charles Chapman, xunto con Mark Strong, Andrew Scott, Richard Madden, Claire Duburcq, Colin Firth e Benedict Cumberbatch. Baséase en parte das historias contadas a Mendes polo seu avó paterno, Alfred Mendes.[6] O filme conta a historia de dous mozos soldados británicos durante a primeira guerra mundial que teñen por misión entregar unha mensaxe para evitar un ataque despois da retirada alemá da Liña Hindenburg durante a Operación Alberich en 1917. Esta mensaxe é especialmente importante para un dos soldados, cuxo irmán forma parte do ataque inminente.

1917
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinal1917
DirectorSam Mendes
Produtor
  • Sam Mendes
  • Pippa Harris
  • Jayne-Ann Tenggren
  • Callum McDougall
  • Brian Oliver
Guión
  • Sam Mendes
  • Krysty Wilson-Cairns
Intérpretes
MúsicaThomas Newman
FotografíaRoger Deakins
MontaxeLee Smith
Estudio
  • DreamWorks Pictures
  • Reliance Entertainment
  • New Republic Pictures
  • Mogambo
  • Neal Street Productions
  • Amblin Partners
Distribuidora
EstreaLondres: 4 de decembro de 2019
25 de decembro de 2019
10 de xaneiro de 2020
Galicia 21 de xuño de 2022 (TVG)
Duración119 minutos[1]
OrixeReino Unido Reino Unido
Estados Unidos de América Estados Unidos
XéneroBélico
Orzamento90–100 millóns de dólares[2][3]
Recadación368,3 millóns de dólares[4][5]
Na rede
https://www.1917.movie/
IMDB: tt8579674 Filmaffinity: 145446 Allocine: 265567 Rottentomatoes: m/1917_2019 Mojo: 1917 Allmovie: v718464 Metacritic: movie/1917
Twitter: 1917 Editar o valor em Wikidata

O proxecto foi anunciado oficialmente anunciado en xuño de 2018, asinando MacKay e Chapman en outubro e o resto do elenco o mes de marzo seguinte. A rodaxe produciuse dende abril até xuño de 2019 no Reino Unido, co fotógrafo Roger Deakins e o editor Lee Smith empregando tomas longas para simular que o filme enteiro foi rodado en dúas tomas continuas.[7][8][9]

1917 estreouse e Londres o 4 de decembro de 2019 e nos cinemas dos Estados Unidos o 25 de decembro a través de Universal Pictures, e no Reino Unido o 10 de xaneiro de 2020 a través de Entertainment One. O filme recibiu a aclamación da crítica pola dirección de Mendes, as interpretacións, a fotografía, a banda sonora, a edición, a mestura do son e o seu realismo. Entre os seus premios, o filme recibiu dez nomeamentos na 92ª edición dos Óscar, incluíndo as categorías de mellor filme e mellor director, gañando finalmente tres premios, incluíndo o de mellor fotografía.

Estreouse en galego o 21 de xuño de 2022 a través da TVG.[10] Foi traducido por Manuel Arca Castro e a directora de dobraxe foi Charo Pena.[11]

Personaxes

  • George MacKay como Lance Corporal William "Will" Schofield
Voz en galego de Nacho Castaño.[11]
  • Dean-Charles Chapman como Lance Corporal Thomas "Tom" Blake
Voz en galego de Dami Lema.[11]
Voz en galego de Antón Rubal.[11]
  • Adrian Scarborough como Major Hepburn
  • Jamie Parker como Tenente Richards
  • Michael Jibson como Tenente Hutton
  • Richard McCabe como Coronel Collins
Voz en galego de César Cambeiro.[11]
  • Chris Walley como Soldado Bullen
  • Nabhaan Rizwan como Sepoy Jondalar
  • Michael Cornelius como Soldado Cornelius

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: