67P/Churyumov-Gerasimenko

cometa

O Cometa Churyumov-Gerasimenko, oficialmente designado coma 67P/Churyumov–Gerasimenko, é un cometa cun período orbital, na actualidade, de 6,45 anos.[1] Acadou un perihelio o 13 de agosto do 2015.[3] O cometa foi o destino final da misión Rosetta da Axencia Espacial Europea, que foi lanzada o 2 de marzo do 2004,[4][5] a cal volveu espertar do seu modo de hibernación o 19 de xaneiro do 2014,[6][7] a procura de investiga-lo cometa.

67P/Churyumov-Gerasimenko
Descubrimento e designacións
Descuberto porKlim Ivanovich Churyumov e
Svetlana Ivanovna Gerasimenko
Descuberto o20-09-1969
Designacións alternativas1982 VIII; 1982f;
1989 VI; 1988i;
1969 R1; 1969 IV;
1969h; 1975 P1;
1976 VII; 1975i
Características orbitais[1]
Época= 13-06-2010 (2 455 360,5 xd)
Afelio5,6839 UA (Q)
Perihelio1,2458 UA (q)
Eixo semi-maior3,4648 UA
Excentricidade0,64043
Período orbital6,45 ax
Inclinación7,0424°
Características físicas
DimensiónsVolume4 km de diámetro
Masa3,14 x 1012 ± 0,2112 [2] kg
Densidade102 ± 9[2] kg/m³

Descubrimento

O cometa foi descuberto por Klim Ivanovych Churyumov, quen examinou unha fotografía que fora tomada por Svitlana Herasymenko o 11 de setembro de 1969 dende o Instituto Astrofísico de Alma-Ata, para amosa-lo cometa periódico 32P/Comas Solá. Churyumov atopou un cometa preto do bordo da tarxeta, pero asumiu que este era o Comas Solá.

Despois de volver ó seu instituto en Kíiv, Churyumov examinou tódalas placas fotográficas máis de preto. Aproximadamente un mes despois de que a fotografía fose tirada (22 de outubro), descubriu que o obxecto non podía se-lo Comas Solá, porque estaba case 1,8 graos fóra da posición esperada. Unha análise máis profunda xerou unha imaxe débil de Comas Solá na súa posición esperada na placa fotográfica, probando así que o outro obxecto era un cometa distinto.

Observacións

Ilustración en 3D do núcleo de Churyumov-Gerasimenko feito en base a observacións obtidas polo telescopio Hubble observacións. Usáronse harmónicos esféricos de baixa orde para fixar na medida do posible a forma do núcleo, alisando así calquera posible característica pequena.

Coma preparación para a misión Rosetta, o Telescopio Espacial Hubble tomou fotos o día 12 de marzo de 2003, que foron analizadas en profundidade. Xerouse un modelo xeral en 3D e foron creadas imaxes xeradas por computadora. As aproximacións do satélite Rosetta permitiron tirar fotografías máis detalladas e comprobar que o núcleo do cometa tiña forma de "pato de goma"[8].

Perturbacións orbitais

Os cometas son regularmente empurrados dunha órbita a outra cando se atopan nas proximidades de Xúpiter ou Saturno. Antes do ano 1959, o Churyumov-Gerasimenko tiña un perihelio de aproximadamente 2,7 UA. En febreiro de 1959 un achegamento á Xúpiter[9] provocou que o seu perihelio fose movido cara a dentro, a preto de 1,3 UA, onde fica hoxe en día.[10]

Rosetta detectou signos dun arco de choque en plena formación no cometa que explorou durante dous anos, o primeiro observado no Sistema Solar.[11]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: