Abdul Ghani Baradar

Abdul Ghani Baradar Akhund (paxto/dari: عبدالغنی برادراخوند) nado en 1968, é un político afgán cofundador dos talibáns, e lugartenente de Mohammed Omar.[1][2] Tamén o chaman o mulá Irmán.[3][4] A Baradar capturárono en Paquistán os servizos secretos paquistanís e mais a Axencia Central de Intelixencia (CIA) estadounidense en febreiro de 2010 e liberárono o 24 de outubro de 2018 a petición dos Estados Unidos.[5][6][7] Logo da súa posta en liberdade xogou unha función cada vez máis determinante dentro do movemento talibán afgán.

Infotaula de personaAbdul Ghani Baradar

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de setembro de 1968 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Weetmak (Reino de Afganistán) Editar o valor em Wikidata
Deputy Prime Minister of Afghanistan (en) Traducir
7 de setembro de 2021 –
← Hasan Akhund
Deputy Leader of the Islamic Emirate of Afghanistan (en) Traducir
15 de agosto de 2021 –
Deputy Leader of the Islamic Emirate of Afghanistan (en) Traducir
24 de xaneiro de 2019 – 24 de xaneiro de 2019
Deputy Leader of the Islamic Emirate of Afghanistan (en) Traducir
maio de 2002 – 8 de febreiro de 2010
← Mohammad Rabbani (pt) TraducirAkhtar Mansoor (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Afganistán
Estado Islámico de Afganistán
República Democrática do Afeganistão (pt) Traducir
República do Afeganistão (pt) Traducir
Afganistán Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoTalibán Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua paxta Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeTalibán Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra de Afganistán, Guerra Civil Afegã (pt) Traducir, Guerra contra o terrorismo e Guerra de Afganistán Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloMulá Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm11893662 Twitter: FDPM_AFG Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Mocidade e carreira

De orixe paxta, Baradar naceu en 1968 nunha aldea da provincia de Uruzgan de Afganistán.[1][8] El e Mohammed Omar foron amigos dende mozos.[3]

Loitou durante a década de 1980 na Guerra afgá soviética en Kandahar, servindo como o segundo de Omar nun grupo de muxahidíns afgáns contra os soviéticos.[3][9]Omar deulle o alcume de 'Baradar', que significa 'irmán', debido á súa forte amizade.[3][4] Máis tarde manexou unha madrasa en Maiwand, na provincia de Kandahar, canda Omar. Segundo medios de comunicación occidentais, Omar e Baradar poderían ser cuñados vía matrimonio de dúas irmás.[10] En 1994, axudou a Omar a fundar o movemento talibán no sur de Afganistán.[2]

Durante o réxime talibán (19962001), Baradar desenvolveu unha variedade de cargos: gobernador das provincias de Herat e Nimruz e/ou comandante do Afganistán occidental.[11][12] Un documento desclasificado polos Estados Unidos sinálao como o segundo do Estado Maior e comandante de Afaganistán central e Cabul,[13] mentres que a Interpol considera que foi viceministro de defensa.

Guerra de Afganistán

Logo do 11S, os Estados Unidos invadiron Afganistán e depuxeron os talibáns coa axuda de forzas afgás. Baradar loitou contra a Alianza do Norte apoiada polos Estados Unidos e, segundo Newsweek, en novembro do 2001, escapou ás montañas xunto co mulá Omar.[10] Algunhas fontes indican que estivo a piques de ser capturado mais que a participación da intelixencia paquistaní asegurou a súa liberdade.[14] Outra historia, recollida pola xornalista neerlandesa Bette Dam, considera que Baradar salvara a vida de Hamid Karzai cando este retornara a Afganistán para loitar contra os talibáns.[15]

Logo da formación dun novo goberno en Afganistán dirixido por Hamid Karzai, Baradar continuou loitando contra a coalición internacional dirixida polos Estados Unidos e o novo goberno afgán. Nos anos seguintes á intervención militar, moitos comandantes talibáns foron presos ou mortos, polo que Baradar acabou gañando importancia na estrutura talibá e dende Paquistán dirixiu á insurxencia en Afganistán. Segundo algunhas informacións puxo énfase en concienciar os soldados para evitar vítimas civís e resultar atractivos á poboación para conseguir o seu apoio.[16] Descríbeno como unha persoa de temperamento calmo e un construtor de consenso.[10]

A pesar das súas actividades militares, Baradar estivo detrás de varias tentativas de empezar conversas de paz, especificamente en 2004 e 2009[10], e gañou sona como unha figura clave nunhas hipotéticas negociacións de paz.[17]

Encarceramento e diplomacia

O 8 de febreiro de 2010 foi arrestado preto de Karachi durante unha redada,[5] e oficiais dos Estados Unidos afirmaron que o arresto podería ser un "punto de inflexión" na loita contra os talibáns.[18] Paquistán só confirmou a detención unha semana máis tarde e o Ministro de Interior paquistaní Rehman Malik negou que axentes dos Estados Unidos estivesen implicados nela.[19] Outras fontes suxeriron que o arresto fora fortuíto e que se producira grazas á información fornecida polos Estados Unidos.[20]

A detención de Baradar foi interpretada por algúns como un cambio de posición de Paquistán con respecto aos talibáns,[21] mentres que outros consideraron que era un xeito de gañar influencia na política interna afgá[22][23] Paquistán non accedeu ás reiteradas solicitudes de entregar a Baradar a Afganistán.

Finalmente, o 25 de outubro de 2018, o movemento talibán confirmou que Paquistán liberara a Baradar.[16] Segundo un diplomático estadounidense, isto foi pola expresa petición do goberno dos Estados Unidos.[24] Logo da posta en liberdade, foi o xefe da misión diplomática talibá en Doha (Qatar).[25] En febreiro de 2020, Baradar asinou o Acordo de Doha: un acordo de paz entre os Estados Unidos e os talibáns que abría a posibilidade a unha retirada definitiva dos Estados Unidos e os seus aliados.[26] Trala sinatura do acordo, o presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, mantivo unha conversa telefónica de 35 minutos con Baradar.[27] En xullo de 2021, Baradar visitou en China o ministro de exteriores da República Popular chinesa. O cumio outorgoulle lexitimidade ao movemento talibán, que daquela estaba en plena ofensiva militar.[28]

Volta ao poder

Logo da rápida conquista de territorios afgáns no verán de 2021 e a caída de Cabul o 15 de agosto dese ano, houbo rumores de que ocuparía a presidencia de Afganistan.[29][30] O 17 de agosto de 2021, Baradar regresou a Afganistán por primeira vez desde a caída do goberno talibán en 2001.[31] Logo de aterrar en Kandahar, Baradar trasladouse a Cabul para participar na formación do goberno.[32] O 24 de agosto, Associated Press informou, citando fontes do goberno estadounidense, da reunión entre Baradar e o director da CIA, William Burns, na capital de Afganistán.[33] O 7 de setembro de 2021 anunciouse que Abdul Ghani Baradar asumiría o cargo de viceprimeiro ministro no goberno talibán.[34][35] Uns días máis tarde difundíronse informacións que especulaban coa morte de Baradar. Segundo eses rumores, ao mulá Baradar matárono nun tiroteo entre faccións talibáns rivais no Palacio Presidencial de Cabul. Para desmentir estas novas, o propio Baradar publicou un arquivo de son onde negaba eses feitos.[36][37]

O 15 de setembro de 2021, foi recoñecido como unha das cen persoas máis influíntes en 2021 pola revista Time. A escolla foi xustificada por encarnar unha liña máis moderada dentro do movemento talibán: sería partidario de conseguir acordos con occidente para recibir axuda financeira.[38]

Notas

🔥 Top keywords: