Belinda (lúa)

satélite interior de Urano

Belinda é un satélite interior de Urano. Belinda foi descuberta a partir de imaxes tomadas pola Voyager 2 o 13 de xaneiro do 1986 e déuselle a designación temporal de S/1986 U 5.[7] Foi máis tarde bautizada co nome da heroína do poema de Alexander Pope, The Rape of the Lock. Tamén é coñecida coma Urano XIV.[8]

Belinda
Descubrimento
Descuberta porVoyager 2
Stephen P. Synnott
Descuberta en13 de xaneiro do 1986
Características orbitais
Raio orbital medio75.255,613 ± 0,057 km[1]
Excentricidade0,00007 ± 0,000073[1]
Período orbital0,623527470 ± 0,000000017 d[1]
Inclinación0,03063 ± 0,028° (respecto do ecuador de Urano)[1]
é satélite deUrano
Características físicas
Dimensións128 × 64 × 64 kms[2]
Raio medio40,3 ± 8 kms[2][3][4]
Área superficial~25.000 km²[5]
Volume~380.000 km³[5]
Masa~3,6 x 1017 kg[5]
Densidade media1,3 g/cm3 (estimada)[3]
Gravidade superficial~0,014 m/s2[5]
Velocidade de escape~0,034 km/s[5]
Período de rotaciónsincrónica[2]
Oblicuidade da eclípticacero[2]
Albedo0,08 ± 0,01[6]
Temperatura superficial~64 K[5]

Belinda pertence ó grupo de satélites Portia, o cal inclúe a Bianca, Crésida, Desdémona, Portia, Xulieta, Cupido, Rosalinda e Perdita.[6] Estes satélites teñen características orbitais e propiedades fotométricas semellantes.[6] Por desgraza, a parte da súa órbita,[1] o seu raio de 45 km[2] e ó seu albedo xeométrico de 0,08[6], pouco máis se sabe deste astro.

As imaxes da Voyager 2 amosan a Belinda coma un obxecto alargado co seu eixo maior apuntado cara Urano. A lúa é moi alargada, cun eixo menor de 0,5 ± 0,1 veces o tamaño do eixo maior.[2] A súa superficie é de cor gris.[2]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas