Borja Granero

futbolista español

Borja Granero Niñerola, nado o 30 de xuño de 1990 en Valencia, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e defensa central e o seu actual club é o Castellón, da Primeira División RFEF.

Borja Granero
Información persoal
NomeBorja Granero Niñerola
Nacemento30 de xuño de 1990 (33 anos)
Lugar de nacementoValencia
NacionalidadeEspaña
Altura1,89 m.
PosiciónCentrocampista
Defensa central
Información de club
Club actualCastellón
Número2
Carreira xuvenil
Valencia
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2009–2011Valencia B9(1)
2009–2010→ Villajoyosa (cedido)23(3)
2011–2013Recreativo25(1)
2013–2018Racing de Santander124(15)
2018–2020Extremadura60(1)
2020–2023Deportivo da Coruña42(3)
2023–Castellón25(0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 13 de outubro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

É fillo do exfutbolista e adestrador José Carlos Granero.

Traxectoria

Formouse na canteira do Valencia CF​ e ao rematar a súa etapa xuvenil foi cedido ao Villajoyosa, co que debutou na Segunda División B na tempada 2009/10, xogando 23 partidos e marcando tres goles. De regreso no Valencia xogou co filial deste na Terceira División ata que no mercado invernal fichou polo Recreativo de Huelva.[1]

Durante os seus primeiros meses no Recreativo apenas contou para o adestrador Juan Carlos Ríos, disputando só algúns minutos nas dúas últimas xornadas do campionato de Segunda División, contra Villarreal B e Granada. A súa aportación ao equipo aumentou nas dúas seguintes campañas, nas que xogou 25 partidos e marcou un gol contra o Girona en Montilivi.

No verán de 2013 fichou polo Racing de Santander, que militaba entón na Segunda B. Co equipo santanderino disputou 44 partidos esa tempada, marcando catro goles e logrando ascender a Segunda despois de derrotar na fase de ascenso a Llagostera e Albacete. Ademais enfrontouse por primeira vez nun partido ao seu pai, Carlos Granero, adestrador do Oviedo.[2]

Xa en Segunda, xogou 27 partidos na tempada 2014/15, na que o equipo acabou descendendo novamente. Militou outras tres tempadas no club verde, converténdose no capitán do equipo e xogando dúas promocións máis, pero sen conseguir o ascenso.[3]

Nas tempadas 2018/19 e 2019/20 xogou co Extremadura en Segunda, disputando un total de 72 encontros.

O 3 de setembro de 2020, anunciouse a súa fichaxe por tres tempadas polo Deportivo da Coruña da Segunda División B.[4] Foi titular en case todos os partidos da tempada 2020/21, tanto co adestrador Fernando Vázquez como con Rubén de la Barrera, e marcou un gol na goleada por 5-0 ao Langreo en Riazor. Con todo, a súa participación reduciuse drasticamente trala chegada ao club dos centrais Lapeña e Jaime Sánchez na tempada 2021/22, na que só foi titular en nove partidos, e caeu totalmente no comezo da 2022/23, na que non chegou a xogar ningún minuto.[5]

O 19 de xaneiro de 2023 anunciouse a súa marcha do Deportivo, despois de ter chegado a un acordo co club para a rescisión do seu contrato, e tres días despois debutou como titular co seu novo equipo, o Castellón, da mesma categoría.[6][7] Titular indiscutible no club orellut, xogou un total de 19 partidos no que restaba de tempada, e disputou a promoción de ascenso a Segunda División, eliminando nas semifinais ao seu anterior equipo, o Deportivo, antes de caer eliminado ante o Alcorcón na final.[8]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas