Carlos Callón

político galego

Carlos Manuel Callón Torres, nado en Santa Uxía de Ribeira o 26 de agosto de 1978, é licenciado en filoloxías galega, portuguesa e románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse na Universidade da Coruña. Exerceu como profesor de lingua e literatura galega e lingua portuguesa no CPI Alfonso VII de Caldas de Reis e no IES de Bertamiráns. Exerce como profesor de Xeografía e Historia no Instituto Espanhol Giner de los Ríos de Lisboa.

Infotaula de personaCarlos Callón

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de agosto de 1978 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Ribeira, España Editar o valor em Wikidata
Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística
2002 – 2014
← Concha CostasMarcos Maceira → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , mestre , filólogo Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Páxina webcarloscallon.com Editar o valor em Wikidata
Twitter: carloscallon Instagram: carloscallon TikTok: carloscallon AELG: 421 Dialnet: 1964864 Editar o valor em Wikidata
Carlos Callón co Apalpador.

Traxectoria

A partir de 1995 ocupou diversas responsabilidades na Mesa pola Normalización Lingüística, organización de cuxa xunta directiva nacional é membro dende 1995 e que presidiu desde 2002 a 2014, desde entón é Presidente de Honra da entidade.[1] É presidente tamén do padroado da Fundación Vía Galego, desde a súa constitución en 2006. Presidiu tamén a Fundación Vía Galego[2] e a federación estatal Diverslinguae, desde a constitución de ambas, en 2006 e 2008, respectivamente.

Foi concelleiro por parte do BNG na súa vila natal entre xaneiro de 2001 e xuño de 2002, e membro do Consello Asesor de RTVE en Galicia entre 1998[3] e 2002.

Foi membro do grupo Galabra da USC e do consello de redacción de Longalingua. Publicación galega de lingua e sociedade[4]. Colaborou nos primeiros pasos da Biblioteca Virtual Galega, da Universidade da Coruña. É membro do Grupo GRAALL da USC.

O 20 de decembro do 2015 presentouse ao Congreso pola provincia da Coruña representando a Nós - Candidatura Galega.

Exerce como profesor de Xeografía e Historia no Instituto Espanhol de Lisboa.[5]

Obra

É autor de diversos traballos centrados na sociolingüística e mais nos estudos literarios, dados a coñecer en diferentes congresos e revistas especializadas. Así mesmo, é autor de libros como Unha historia que nos pertence (A obra poética en galego de Lorenzo Varela) (2005) e En castellano no hay problema (2010), no cal aborda a situación do idioma galego nos últimos tres lustros, facendo especial fincapé na política lingüística do bipartito e do comezo da lexislatura de Alberto Núñez Feijóo[6].

Presentado O libro negro da lingua galega en Pontevedra disfrazado de Padre Sarmiento (2022)

En febreiro de 2011 gañou o XVI premio Vicente Risco de Ciencias Sociais coa obra Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media[7], na que analiza a aceptación da adelphopoiesis na Idade Media. Entre outra documentación, analiza un documento de 1061 recollido no Tombo de Celanova, polo cal Pedro Díaz e Muño Vandilaz subscribían unión en Rairiz de Veiga[8].

Ensaio

Poesía

Obras colectivas

Premios

  • XVI Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais en 2011, por Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de ensaio no 2011, por Amigos e sodomitas.
  • Premio Redelibros de Ensaio no 2011, por Como defenderes os teus dereitos lingüísticos.
  • Premio Careón 2018, pola súa traxectoria literaria.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas