Cedro de California
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Cedro de California | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Calocedrus decurrens' (Torr.) Florin, Taxon, 5: 192, 1956 |
O cedro de California[1] Calocedrus decurrens, é unha conífera da familia Cupressaceae, do xénero Calocedrus. De orixe norteamericana, atopáse en Galiza coma ornamental.
Nota: malia o seu nome, a árbore só ten un afastado parentesco co xénero Cedrus, pois é un membro da familia Cupressaceae, pertencendo os cedros a Pinaceae. O único en común, logo, é pertenceren á orde botánica Pinales.
É unha grande árbore, que acada tipicamente alturas de 40–60 m e un toro cun diámetro de até 3 m (máximo, 69 m de alto e 4,5 m de diámetro[2]), estreitamente cónico, de ramallada mesta. A casca é dunha cor parda alaranxada que co tempo se torna agrisada, macía ao principio e despois vai formando fendas e exfoliándose en longas fitas na parte baixa do toro nos exemplares máis vellos. Os acios das follas son aplanados en forma de abano. A follaxe é persistente, composta de follas en pseudoverticilos de 4, escuamiformes, de ápice agudo e incurvado, longamente decorrentes na base, de cor verde escura brillante e que teñen un recendo resinoso intenso e peculiar. A árbore é monoica, con flores masculinas de preto de 3 mm en grupos nos extremos das franzas, globulares e douradas con 3-5 sacos polínicos e con estróbilos femininos de 6 escamas: 2 estériles, 2 reducidas e 2 seminíferas. Ditos conos son pequenos (15–25 mm), estreitos, rematados en punta, e ovoides. Dunha cor verde intensa ao principio, estes conos tórnanse pardos na madureza (logo dun ano), ceibando 4 (ou menos) sementes alíferas cando abren.[3]
Nativo do oeste de América do Norte, estando o groso da súa área de distribución nos Estados Unidos, dende o centro-oeste de Oregón a través da maior parte de California e o extremo oeste de Nevada, e tamén no noroeste de México, na parte norte da Baixa California.
Medra desde os 50 deica os 2900 m de altitude, sendo a especie máis estendida do xénero.[3][4][5]
A madeira lixeira da árbore utilízase para a elaboración de lapis, en particular nos Estados Unidos onde é a principal materia prima para a súa fabricación, por mor a que é macía e tende a se aguzar de xeito doado sen formar achas ou estelas, ou en marquetaría. Tamén é unha árbore ornamental popular, valiosa pola súa resistencia á seca. A madeira é moi aprezada polos escultores. A súa casca pode se queimar coma incenso.
O cedro de California do Pazo de Torrecedeira en Redondela, figura no catálogo de árbores senlleiras de Galiza elaborado pola Xunta de Galicia.
Identificadores |
---|