China Airlines

China Airlines (CAL) (chinés: 中華航空; pinyin: Zhonghuá Hángkong) é a aeroliña nacional e a máis grande da república da China (Taiwán). A súa sede atópase no aeroporto Internacional de Taiwán Taoyuan e ten 11.154 empregados. China Airlines opera uns 1.400 voos semanais a 115 aeroportos de 114 cidades (incluídos códigos compartidos) de Asia, Europa, Norteamérica e Oceanía. A división de carga opera 91 voos semanais a 33 destinos. A aeroliña foi no 2013 a 21ª do mundo en termos de beneficios de pasaxeiros por quilómetro, e a 10ª por carga. China Airlines ten tres subsidiarias: Mandarin Airlines realiza voos a destinos domésticos de baixa demanda; China Airlines Cargo, membro de Skyteam Cargo, opera unha frota de cargueiros e xestiona a carga da compañía matriz; Tigerair Taiwan é unha aeroliña de baixo custo creada por China Airlines e o grupo singapuriano Tigerair Holdings.

China Airlines
IATA
CI
OACI
CAL
Indicativo
DYNASTY
Fundación16 de decembro de 1959
Plan de voo frecuenteDynasty Flyer
AlianzaSkyTeam
SubsidiariasMandarin Airlines, Tigerair Taiwan, China Airlines Cargo
Frota87
Destinos118
HoldingChina Airlines Group
Eslogan da compañíaJourney with a caring smile
SedeCAL Park, Dayuan, Taoyuan City, Taiwán
Páxina web: http://www.china-airlines.com/

Frota

En novembro de 2016 a frota da China Airlines estaba formada polos seguintes avións:[1]

Frota da China Airlines
AviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotas
C W S YTotal
Airbus A330-3002436277313
30277307
Airbus A340-300430246276Van ser retirados e substituídos polo Airbus A350-900
Airbus A350-900212323112231306
Boeing 737-8002228150158
8156164
Boeing 747-400761314375
61319380
70319389
Boeing 777-300ER10406230226358
Boeing 747-400F18
Cargo
Total8714

Véxase tamén

Ligazóns externas

Notas

🔥 Top keywords: