Circuíto urbano de Bakú

Circuíto urbano de Bakú
Plano do Circuíto
Datos
Inauguración2016
Outros nomes
CarreirasF1, GP2
LocalizaciónAcerbaixán Bakú, Acerbaixán
Capacidade18.500[1][2] espectadores
Lonxitude6´003 km
Curvas20
Volta rápida (2019)1:43.009
Piloto récord Charles Leclerc
Escudería récordFerrari
Coordenadas49°51′12″L / 40.3725, 49.8533
Vista do Circuíto


O Circuíto urbano de Bakú[3] (azarí: Bakı Şəhər Halqası) é un circuíto de carreira en Bakú, Acerbaixán que se construíu preto do Baku Boulevard.[4] Foi a sede do Gran Premio de Europa de Bakú de 2016.

Historia

Desenvolvemento

En decembro de 2013, o Presidente e CEO da Fórmula 1 Bernie Ecclestone suxeriu que a carreira se disputaría en 2016 pero máis tarde dixo que debido a que os organizadores do Gran Premio de Corea estaban incumprindo o contrato, se trasladaba a 2015.[5][6][7] pero, en xullo de 2014 anunciouse que o debut da carreira se atrasaría ata 2016.[8]

Deseño

Plano do circuíto

Os seis quilómetros do circuíto, que se corre en sentido anti horario foi deseñado polo arquitecto de circuítos Hermann Tilke.[9]

O trazado ten como característica principal unha recta final de 2.200 metros, na que os monoprazas alcanzarán unha velocidade de 340 quilómetros por hora, a máis alta en circuítos urbanos da historia.

A pista urbana comeza xunto a Praza Azadliq facendo un bucle con catro curvas de 90 grados, ao redor da Casa de Goberno antes de dirixirse cara ao oeste ata a Torre Maiden, segue cunha subida á parte vella da cidade polo seu recinto amurallado con varias curvas estreitas, e culmina nunha baixada cara ao paseo marítimo xunto ao Mar Caspio que leva á rapidísima recta de meta de 2.200 metros ao longo de Avenida Neftchilar para volver de novo á liña de saída.[8][10]

Prevese[cando?] que o circuíto sexa o circuíto urbano máis rápido do mundo[11] e o segundo circuíto máis longo do calendario actual da F1 detrás do circuíto de Spa-Francorchamps en Bélxica, que actualmente é o circuíto máis longo do calendario. As simulacións iniciais estimaron os tempos de volta en 1 minuto 57 segundos durante a carreira de Fórmula Un.[12][13]

Características

  • Capacidade espectadores: 18.500
  • Lonxitude do circuíto: 6,006 quilómetros.
  • Distancia da carreira de Fórmula 1: 51 voltas = 306´153 quilómetros. 20 curvas en total (12 esquerda, 8 dereita).
  • Recta máis longa: 2,1 km
  • Configuración aerodinámica: / . Velocidade máxima estimada 378 km/h con DRS, km/h sen DRS
  • Zonas DRS: dúas, entrando nas curvas 1 e 3
  • Aceleración a fondo: 56% do tempo de volta.
  • Tempo de freado: % do tempo da volta.
  • Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
  • Consumo de combustible: 2´1 kg por volta.
  • Cambio de marchas por volta: 62 / 3.162 por carreira
  • Número de zonas de freado:
  • Desgaste dos freos: medio
  • Desgaste dos pneumáticos:
  • Distancia dos Boxes:
  • Perda de tempo nunha parada en boxes:
  • Tempo total necesario para a parada en boxes: segundos (media)
  • Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): segundos.
  • Marca volta: 1:43.009 Charles Leclerc, Ferrari, 2019

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto urbano de Bakú

AnoPilotoConstrutorMotorPneu.DuraciónLonxitudeVoltasVelocidade mediaDataGP de
12016 Nico RosbergMercedesMercedesP1:32:52,366 h6,003 km51197,721 km/h19. xuño Europa
22017 Daniel RicciardoRed BullRenault (TAG Heuer)P2:03:55,573 h6,003 km51148,176 km/h25. xuño Acerbaixán
32018 Lewis HamiltonMercedesMercedesP1:43:44,291 h6,003 km51177,012 km/h29. abril
42019 Valtteri BottasMercedesMercedesP1:31:52,942 h6,003 km51199,853 km/h28. abril
-2020cancelada debido á Pandemia de COVID-19[14]
52021 Sergio PérezRed BullHondaP2:13:36.410 h6,003 km51137,907 km/h6. xuño
62022 Max VerstappenRed BullRBPTP1:34:05.941 h6,003 km51195,293 km/h12. xuño
72023 Sergio PérezRed BullHonda RBPTP1:32:42.436 h6,003 km51km/h30. abril

Véxase tamén

Notas

Ligazóns externas