Club Atlético Osasuna

O Club Atlético Osasuna (en éuscaro Osasuna significa saúde ou vigor) é un club deportivo de España con sede en Pamplona, en Navarra. Ten seccións de natación e pelota vasca, pero a máis coñecida é a de fútbol, onde actualmente xoga na Primeira División.

Osasuna
NomeClub Atlético Osasuna
Alcume(s)Rojillos;
Gorritxoak
Fundación24 de outubro de 1920
EstadioEl Sadar, Pamplona
Inauguración2 de setembro de 1967
Capacidade19.800
PresidenteEspaña Luis Sabalza
AdestradorEspaña Jagoba Arrasate
LigaPrimeira División
2019–2010º
Na rede
http://www.osasuna.es/
Facebook: C.A.Osasuna.Oficial Twitter: CAOsasuna Instagram: caosasuna Youtube: UC2JTagDPIChbcEeiLjypuYA Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

É o club de fútbol máis importante de Navarra por palmarés e historia, cun total de 30 tempadas en Primeira División, 33 en Segunda e 12 en Terceira[1]. Historicamente, é o 16° mellor equipo de España[1][2]. Foi subcampión da Copa do Rei nunha ocasión, e participou nunha fase previa da Liga de Campións e en catro edicións da Copa da UEFA, competición na que acadou as semifinais en 2007. En decembro de 2006 foi nomeado club do mes do mundo pola IFFHS despois de catro vitorias consecutivas en Liga e outra na Copa da UEFA.[3]

É un dos catro únicos equipos profesionais de España, xunto con Athletic Club, FC Barcelona e Real Madrid, que non é unha sociedade anónima deportiva, de maneira que a propiedade do club recae nos seus socios.[4]

Uniforme

  • Uniforme titular: Camiseta vermella, pantalón azul mariño, medias vermellas.
  • Segundo equipamento: Camiseta azul, pantalón azul e medias azuis.

Estadio

Estadio El Sadar
Artigo principal: Estadio El Sadar.

O Osasuna xoga os seus partidos como local no Estadio El Sadar, coñecido como Reyno de Navarra entre 2005 e 2011 por motivos publicitarios, que ten unha capacidade de 19.800 espectadores sentados. Foi inaugurado o 2 de setembro de 1967 e as súas dimensións son 105 m de longo e 67,5 m de ancho.

Datos do club

  • Tempadas na : 34
    • Mellor posto na : 4º (90/91 e 05/06)
    • Peor posto na : 20º (93/94)
  • Tempadas na : 33
  • Tempadas na 2ªB: 0
  • Tempadas na : 12
  • Posto na clasificación histórica da Primeira División: 17º
  • Máis partidos disputados (1ª División):
    • Castañeda (349)
    • Bustingorri (314)
    • Patxi Puñal (264).
  • Máis minutos (1ª División)
    • Castañeda (30.090)
    • Bustingorri (26.702)
    • Pepín (21.829).
  • Máis goles (1ª División)
    • Sabino Andonegi (57)
    • Jan Urban (45)
    • Echeverría (36).
  • Expulsado máis veces (1ª División): Rípodas (6), Echeverría (4), Moha (4).
  • Maiores goleadas conseguidas (1ª División):
    • Na casa: Osasuna 6-0 Betis (1936/1937)
    • Fóra: Betis 0-5 Osasuna (2006/07)
  • Maiores goleadas encaixadas (1ª División):
    • Na casa: Osasuna 1-8 Athletic (1958/59)
    • Fóra: R. Madrid 8-0 Osasuna (1958/59)
  • 4 participacións na Copa da UEFA (85/86, 91/92, 05/06 e 06/07)
  • 1 participación na Liga de Campións da UEFA (06/07)
  • Mellor club do mundo do mes de decembro de 2006, segundo a IFFHS.

Xogadores

Cadro actual

Actualizado a 20 de febreiro de 2020.

PostoPaísXogador
1POR Sergio Herrera
2DEF Nacho Vidal
3DEF Raúl Navas
4DEF Unai García
5DEF David García
6MED Oier Sanjurjo
7DIA Marc Cardona
8MED Fran Mérida
9DIA Chimy Ávila
10MED Roberto Torres
11DIA Enric Gallego
12DEF Facundo Roncaglia
13POR Rubén Martínez
PostoPaísXogador
14MED Rubén García
15DEF Toni Lato
16MED José Arnaiz
17MED Robert Ibáñez
19MED Kike Barja
20MED Darko Brašanac
21MED Iñigo Pérez
22DIA Adrián López
23DEF Aridane
25POR Juan Pérez
27MED Jon Moncayola
29DEF Endika Irigoien
30DEF Pervis Estupiñán

  • = Capitán.
  • Os xogadores con dorsais a partir do 25 poden alternar o primeiro equipo co filial.
  • Os equipos españois están limitados a ter no equipo un máximo de tres xogadores sen pasaporte da Unión Europea. A lista inclúe só a principal nacionalidade de cada xogador; algúns dos xogadores non europeos teñen dobre nacionalidade dalgún país da UE.

Palmarés

Torneos nacionais

Outros torneos nacionais

Torneos amigábeis

Osasuna B

Artigo principal: Club Atlético Osasuna B.

O Club Atlético Osasuna B é o equipo filial do club. Foi fundado en 1962 e xoga na Segunda división B española (Grupo III). Tamén se lle coñece como "Osasuna Promesas".

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: