Conferencia Leste (NHL)

A Conferencia Leste (en inglés Eastern Conference, e en francés Conférence de l'Est) é unha das dúas conferencias nas que se dividen os equipos da National Hockey League (NHL). A Conferencia Leste foi creada en 1974 baixo o nome de Conferencia Príncipe de Gales, e dende o realiñamento de 2013 está formada por 16 equipos agrupados en dúas divisións de oito equipos cada unha: a Atlantic Division e a Metropolitan Division. O campión da conferencia recibe o Prince of Wales Trophy.

Historia

Orixes: East Division (1967-74)

En 1967, despois de 24 anos con seis equipos na liga, a NHL decidiu aumentar o número de equipos a doce. Os equipos do "Original Six" quedaron encadrados na East Division, e os play-offs separados garantían que sempre un dos equipos, que gañaría o Prince of Wales Trophy, xogaría a final da liga. Porén, tres vitorias seguidas dos equipos do "Original Six" sobre os St. Louis Blues fixeron á liga mudar na tempada 1970-71 para que as semifinais foran cruces entre equipos do Leste e do Oeste. Ese mesmo ano, os Chicago Black Hawks pasaron a competir na West Division para aumentar e dous novos equipo o Leste.

Equipos

Conferencia Príncipe de Gales (1974-93)

Na tempada 1974-75, tívose en conta a xeografía norteamericana para un realiñamento dos equipos. O Leste pasaría a denominarse Conferencia Príncipe de Gales, emn homenaxe a Eduardo VIII, o Príncipe de Gales que deu o trofeo homónimo á liga. A conferencia tería dúas divisións, Norris (en homenaxe a James E. Norris, exproprietario dos Detroit Red Wings) e Adams (en homenaxe ao fundador dos Boston Bruins, Charles Francis Adams).

1974-1981

Adams

1981–1993

En 1981 realizouse un novo realiñamento xeográfico, tentando reducir os gastos en desprazamentos, facendo que cada conferencia xogara entre si, co Prince of Wales Trophy sendo entregado ao campión da conferencia homónima. As divisións do leste pasaron a ser Adams e Patrick (coa Norris pasando para á outra conferencia).

Adams

Leste e Oeste

En 1993, xa cunha liga de 24 equipos e cunha nova expansión á vista, realizouse un realiñamento que rebautizou ás conferencias e divisións con nomes xeográficos.

1993-1998

Atlantic Division

1998-2013

Coa entrada dos Nashville Predators, os equipos foron realiñados en seis divisións nas dúas conferencias.

Atlantic Division

Realiñamento de 2013

Despois da mudanza dos Atlanta Thrashers a Winnipeg viuse a necesidade dun novo realiñamento. Sumando as reclamacións sobre os gastos de viaxes e horarios televisivos prexudiciais causados por diferenzas de fusos horarios, a NHL decidiu realiñar as dúas conferencias en catro divisións, con tres delas mantendo os seus antigos nomes e unha mudando o seu nome. Os Winnipeg Jets reubicáronse no Oeste, mentres que os Detroit Red Wings e os Columbus Blue Jackets pasaron ao Leste, que pasou a ter 14 equipos.

Atlantic DivisionMetropolitan Division
Boston BruinsCarolina Hurricanes
Buffalo SabresColumbus Blue Jackets
Detroit Red WingsNew Jersey Devils
Florida PanthersNew York Islanders
Montreal CanadiensNew York Rangers
Ottawa SenatorsPhiladelphia Flyers
Tampa Bay LightningPittsburgh Penguins
Toronto Maple LeafsWashington Capitals

Campións do Prince of Wales Trophy

A seguinte táboa amosa o número total de campionatos acadados por cada club dende que se creou o Prince of Wales Trophy en 1923. En letra grosa o campionatos conseguidos dende que o trofeo é entregado ao campión da Conferencia Leste, e dicir, os acadados dende 1974:

NºTítulosEquipoCampionatos
25 Montreal Canadiens1923–24, 1924–25, 1943–44, 1944–45, 1945–46, 1946–47, 1955–56, 1957–58, 1958–59, 1959–60, 1960–61, 1961–62, 1963–64, 1965–66, 1967–68, 1968–69, 1972–73, 1975–76, 1976–77, 1977–78, 1978–79, 1980–81, 1985–86, 1988–89, 1992–93
17 Boston Bruins1927–28, 1928–29, 1929–30, 1930–31, 1932–33, 1934–35, 1937–38, 1938–39, 1939–40, 1940–41, 1970–71, 1971–72, 1973–74, 1987–88, 1989–90, 2010–11, 2012–13
13 Detroit Red Wings1933–34, 1935–36, 1936–37, 1942–43, 1948–49, 1949–50, 1950–51, 1951–52, 1952–53, 1953–54, 1954–55, 1956–57, 1964–65
6 Pittsburgh Penguins1990–91, 1991–92, 2007–08, 2008–09, 2015–16, 2016–17
5 New Jersey Devils1994–95, 1999–2000, 2000–01, 2002–03, 2011–12
4 New York Rangers1931–32, 1941–42, 1993–94, 2013–14
4 Philadelphia Flyers1984–85, 1986–87, 1996–97, 2009–10
3 Buffalo Sabres1974–75, 1979–80, 1998–99
3 New York Islanders1981–82, 1982–83, 1983–84
2 Carolina Hurricanes2001–02, 2005–06
2 Chicago Black Hawks1966–67, 1969–70
2 Tampa Bay Lightning2003–04, 2014–15
2 Toronto Maple Leafs1947–48, 1962–63
2 Washington Capitals1997–98, 2017–18
1 Florida Panthers1995–96
1 Montreal Maroons1925–26
1 Ottawa Senators2006–07
1 Ottawa Senators (original)1926–27

Véxase tamén

Ligazóns externas