Copa de África de Nacións

A Copa de África de Nacións é o campionato de fútbol entre seleccións nacionais de África, organizado cada dous anos pola Confédération Africaine de Football. A primeira edición levouse a cabo en 1957, e nela participaron só 3 países. Co paso do tempo foi mellorando a organización do torneo, e actualmente compiten 16 equipos en cada edición.

Palmarés

Países de África por número de títulos.

A selección máis laureada deste campionato é a de Exipto con 7 títulos, seguida de Camerún con 5 títulos e de Ghana con 4 títulos.

Nº de TítulosSelecciónCampionatos obtidos
7 Exipto1957, 1959, 1986, 1998, 2006, 2008, 2010
5 Camerún1984, 1988, 2000, 2002,2017
4 Ghana1963, 1965, 1978, 1982
3 Nixeria1980, 1994, 2013
2 RD Congo1968, 1974
1 Tunisia2004
1 Sudán1970
1 Costa do Marfil1992
1 Alxeria1990
1 Marrocos1976
1 Etiopía1962
1 Suráfrica1996
1 Congo1972
1 Zambia2012
1 Senegal2021

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: