Mundial de Fútbol de 1950

evento futbolístico internacional cuatrianual
(Redirección desde «Copa do Mundo FIFA de 1950»)

O Mundial de Fútbol de 1950 foi a cuarta edición do campionato do mundo de seleccións internacionais de fútbol, a Copa do Mundo da FIFA. Celebrouse no Brasil, após un parón de doce anos por mor da segunda guerra mundial, entre o 24 de xuño e o 16 de xullo de 1950. En homenaxe aos vinte e cinco anos de presidencia de Jules Rimet da FIFA, o trofeo do campionato foi bautizado co nome de "Copa Jules Rimet". Nesta edición estaba programada a participación de dezaseis seleccións, mais debido a varios abandonos tan só participaron trece: seis europeas e sete americanas. Entre os participantes destacou o retorno do Uruguai, ausente nas dúas edicións precedentes, e o debut de Inglaterra despois de que as federacións británicas reingresasen na FIFA.

Modelo:Competición deportivaMundial de Fútbol de 1950
Editar o valor em Wikidata
Imaxe
TipoCopa do Mundo de Fútbol Editar o valor em Wikidata
OrganizadorFIFA Editar o valor em Wikidata
Composto por
Número de participantes13 Editar o valor em Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
LocalizaciónEstádio Adelmar da Costa Carvalho (pt) Traducir (Recife)
Estádio dos Eucaliptos (pt) Traducir (Porto Alegre)
Estádio Durival Britto e Silva (pt) Traducir (Curitiba)
Estádio do Pacaembu (Consolação (pt) Traducir)
Estádio do Maracanã (Maracanã)
Estádio Raimundo Sampaio (pt) Traducir (Belo Horizonte) Editar o valor em Wikidata
PaísBrasil Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo24 de xuño de 1950 – 16 de xullo de 1950 Editar o valor em Wikidata
Número de edición4  (1950) Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoUruguai (2º) Editar o valor em Wikidata
Datos estatísticos
Partidos22 Editar o valor em Wikidata
Goles88 Editar o valor em Wikidata
GolAdemir de MenezesSelección de fútbol de Brasil (8) Editar o valor em Wikidata
Número de espectadores1.043.500 Editar o valor em Wikidata

Esta edición contou cun formato de catro grupos, onde os equipos xogaban todos contra todos nun sistema de liga. A novidade foi a fase final, sendo esta a única edición do torneo onde non se disputou unha final. Así, os campións de cada un dos catro grupos, o Brasil, España, Suecia e o Uruguai, tiveron que disputar outra fase de liga de todos contra todos. É especialmente lembrado nesta edición o encontro decisivo polo campionato disputado entre o Uruguai e o Brasil, máis coñecido como o "Maracanaço".[1] Aos brasileiros chegaballes o empate, mentres que aos seus rivais só lles valía gañar. Ante case 200.000 espectadores, os tantos de Schiaffino e Ghiggia deron ao Uruguai o seu segundo título de campión.

Antecedentes e elección

Tras a celebración da Copa do Mundo de 1938 en Francia, comezouse a elección da sede da seguinte edición de 1942. Para a celebración do torneo presentaran candidatura Alemaña, a Arxentina e o Brasil. A decisión de quen ía ser o anfitrión estaba prevista para o congreso da FIFA de xuño de 1938. Porén, o seu presidente, Jules Rimet, adiou a xuntanza para o ano 1940. Con todo, o estoupido da segunda guerra mundial un ano antes fixo que todo ficase suspenso sen saber cando se ía poder retornar.[2] Cando a guerra finalizou en 1945, a FIFA retomou os preparativos para celebrar unha nova Copa Mundial o antes posíbel, programando un congreso ao ano seguinte en Luxemburgo. Alí discutiuse que Suíza acollese a cuarta edición, prevista en principio para 1949. Porén, a proposto non era viábel a curto prazo no país helvético, xa que non contaba estadios suficientes para un evento internacional.

En xuño de 1946 o Brasil presentou a única candidatura para dar solución ao problema de falta de sedes. O proxecto para esta candidatura era moi semellante ao que xa presentara en 1942.[2] O presidente do Brasil naquela altura, Getúlio Vargas, obtivo tamén o apoio do líder arxentino Juan Domingo Perón en troques de que o seguinte evento organizado en América fose no seu país. Ademais, propuxeron que a Copa se celebrase en 1950 para garantir o maior número posíbel de participantes. Un dos problemas da candidatura era que o Brasil non contaba cun recinto o suficientemente grande para albergar un evento tan masivo, polo que para solucionalo decidiuse construír un novo estadio, o Estádio do Maracanã, o cal que ía ser o máis grande do mundo con capacidade para 200.000 espectadores.[2] Finalmente, o 25 de xullo de 1946, os dirixentes da FIFA elixiron por unanimidade as únicas candidaturas presentadas: Brasil para a edición de 1950 e Suíza para 1954. Tamén se aprobou que o trofeo do campionato adoptase o nome de Copa Jules Rimet en homenaxe aos seus 25 anos de presidencia e o reingreso na FIFA das catro federacións británicas.

Clasificación

Selo conmemorativo.

En total, inscribíronse trinta e catro seleccións á fase de clasificación para dezaseis prazas. Os campións da última edición, Italia, e o anfitrión, Brasil, clasificáronse automaticamente, polo que quedaron en xogo catorce prazas libres. Previamente a FIFA decretara que Alemaña e o Xapón non podían xogar polo seu papel na segunda guerra mundial como potencias do Eixo. En troques, non sucedeu o mesmo con Italia: a FIFA tiña interese no equipo xa que eran os defensores do título e o dirixente da súa Federación, Ottorino Barassi, custodiara o trofeo da Copa durante o conflito. Por outro lado, Austria non estaba sometida a ningunha sanción e a Unión Soviética non quixo tomar parte. Cómpre destacar que a selección da rexión do Sarre, foi aceptada pola FIFA tan só dúas semanas antes da competición, polo que non puido participar na fase de clasificación.

Por outra banda, as catro asociacións do Reino Unido (Inglaterra, Escocia, Gales e Irlanda do Norte) xogaron por primeira vez a fase clasificatoria despois do seu reingreso na FIFA. Neste caso, permitiuse que a edición 1949−50 do seu campionato propio, o British Home Championship, servise como grupo clasificatorio con dúas prazas directas. Inglaterra e Escocia chegaron á última xornada coas dúas primeiras prazas aseguradas, aínda que a federación escocesa tiña antes do torneo que só viaxaría ao Brasil se eran campións.[3] Ao non darse esa situación, Inglaterra foi finalmente o único representante británico.

No resto de Europa, varios países abandonaron a rolda previa por motivos económicos, pouco favorables ao gasto que supuña o desprazamento en plena posguerra. España, Italia, Suecia, Suíza e Iugoslavia conseguiron o pase sen problemas, mais Turquía, campioa do grupo 2, ausentouse ao alegar "dificultades insalvábeis". Para cubrir as baixas de Escocia e Turquía, o comité organizador cursou senllas invitacións a Portugal e Francia. Os portugueses rexeitárona porque crían que debían gañala no terreo de xogo, mentres que os galos aceptaron en primeira instancia e despois renunciaron por razóns económicas.[4]

En América do Sur, sorprende a baixa de Arxentina aducindo discrepancias entre a Asociación do Fútbol Arxentino e a Confederación Brasileira de Deportes. As beneficiadas pola súa saída foron Bolivia e Chile, rivais de grupo. Do mesmo xeito, o Uruguai e Paraguai regresaban após dúas edicións ausentes polas saídas do Perú e Ecuador. Por outro lado, Colombia non participou xa que fora expulsada da FIFA en 1949 baixo a acusación de manter unha liga pirata. As dúas prazas de Norteamérica foron para os Estados Unidos e México. En canto a Asia, a India beneficiouse da retirada de Birmania, Filipinas e Indonesia. Porén, non puido viaxar ao Brasil por razóns económicas. Así, das dezaseis clasificadas, só participaron trece seleccións: seis europeas e sete americanas.

Lista de participantes

As seguintes son as dezaseis seleccións orixinais que se clasificaron para a disputa do torneo.

Renuncias

Sedes

Seis estadios foron as sedes desta Copa Mundial, cada un situado nunha cidade distinta, todas capitais de estado. O estadio de máis grande desta edición foi o Estádio do Maracanã, en Río de Xaneiro. O estadio cuadruplicaba ao seguinte estadio con máis capacidade, o Estádio do Pacaembu de São Paulo, a cidade máis poboada do país.

Río de XaneiroSão PauloBelo Horizonte
Estádio do MaracanãEstádio do PacaembuEstádio Independencia

22°54′43.8″S 43°13′48.59″O / -22.912167, -43.2301639 (Estádio do Maracanã)

23°32′55″S 46°39′54″O / -23.54861, -46.66500 (Estádio do Pacaembu)

19°54′30″S 43°55′04″O / -19.90833, -43.91778 (Estádio Independencia)

Capacidade: 200.000Capacidade: 60.000Capacidade: 25.000
Porto AlegreRecifeCuritiba
Estádio dos EucaliptosEstádio Ilha do RetiroEstádio Durival de Britto e Silva

30°3′42″S 51°13′38″O / -30.06167, -51.22722 (Estádio dos Eucaliptos)

8°3′47″S 34°54′11″O / -8.06306, -34.90306 (Estádio Ilha do Retiro)

25°26′22″S 49°15′21″O / -25.43944, -49.25583 (Estádio Durival de Britto e Silva)

Capacidade: 7.000Capacidade: 60.000Capacidade: 12.000

Formato

A petición do Brasil, a FIFA aceptou mudar todo o formato de competición en 1947. No canto de xogar unha fase eliminatoria como nas dúas últimas edicións, os 16 participantes previstos dividiríanse en catro grupos de catro equipos cada un. En cada grupo, as catro seleccións enfrontaríanse unha vez entre si polo sistema de todos contra todos. Finalmente, pasaría de rolda o campión de cada grupo. A novidade chegou na fase final. Por primeira e única vez na Copa do Mundo, celebraríase unha liguiña entre os catro campións de cada grupo, de novo todos contra todos en tres xornadas. Esta última parte da proposta dividiu ao comité organizador, mais os brasileiros convencéronlles de que aumentaría tanto a emoción como a recadación. A edición de 1950 foi, polo tanto, a única da historia na que non se celebrou unha final, aínda que o Uruguai contra o Brasil da última xornada terminou sendo o partido decisivo.

Grupos

O sorteo dos grupos celebrouse o 22 de maio de 1950 en Río de Xaneiro. Despois do sorteo as federacións de fútbol de Francia e da India decidiron non participar no mundial. Non houbo tempo para invitar a outras seleccións, polo que o mundial xogouse con tan só 13 equipos, ficando o grupo 4 con dúas seleccións.[5]

Grupo 1Grupo 2Grupo 3Grupo 4
 Brasil  Inglaterra  Suecia  Uruguai
 México  España  Italia  Francia
 Iugoslavia  Chile  Paraguai  Bolivia
 Suíza  Estados Unidos  India

Resultados

As horas corresponden ao horario de Brasilia (UTC−3).

Primeira rolda

Grupo 1

EquipoPtsPXPGPEPPGFGCDif
 Brasil5321082+6
 Iugoslavia4320173+4
 Suíza3311146−2
 México03003210−8


Brasil 4 - 0México24 de xuño de 1950, 15:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro
Asistencia: 81.649
Árbitro: George Reader (Inglaterra)
Ademir  30'  79'
Jair  65'
Baltazar  71'
Informe
 
Iugoslavia 3 - 0Suíza26 de xuño de 1950, 18:00 – Estádio Independência, Belo Horizonte
Asistencia: 7.336
Árbitro: Giovanni Galeati (Italia)
Mitić  59'
Tomašević  70'
Ognjanov  84'
Informe
 


Brasil 2 - 2Suíza28 de xuño de 1950, 15:00 – Estádio do Pacaembu, São Paulo
Asistencia: 42.032
Árbitro: Ramón Azón Romá (España)
Alfredo II  3'
Baltazar  32'
Informe
Fatton  17'  88'
 
Iugoslavia 4 - 1México28 de xuño de 1950, 18:15 – Estádio dos Eucaliptos, Porto Alegre
Asistencia: 11.078
Árbitro: Reginald Leafe (Inglaterra)
Bobek  20'
Čajkovski  23'  51'
Tomašević  81'
Informe
Ortiz  89' (pen.)
 


Brasil 2 - 0Iugoslavia1 de xullo de 1950, 15:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro
Asistencia: 142.429
Árbitro: Benjamin Griffiths (Gales)
Ademir  4'
Zizinho  69'
Informe
 
Suíza 2 - 1México1 de xullo de 1950, 15:40 – Estádio dos Eucaliptos, Porto Alegre
Asistencia: 3.580
Árbitro: Ivan Eklind (Suecia)
Bader  10'
Antenen  44'
Informe
Casarín  89'
 

Grupo 2

EquipoPtsPXPGPEPPGFGCDif
 España6330061+5
 Inglaterra23102220
 Chile2310256−1
 Estados Unidos2310248−4


Inglaterra 2 - 0Chile25 de xuño de 1950, 15:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro
Asistencia: 29.703
Árbitro: Karel van der Meer (Países Baixos)
Mortensen  39'
Manion  51'
Informe
 
España 3 - 1Estados Unidos25 de xuño de 1950, 15:00 – Estádio Durival de Britto, Curitiba
Asistencia: 9.511
Árbitro: Mário Vianna (Brasil)
Igoa  81'
Basora  83'
Zarra  89'
Informe
Pariani  17'
 


España 2 - 0Chile29 de xuño de 1950, 15:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro
Asistencia: 19.790
Árbitro: Alberto Malcher (Brasil)
Basora  17'
Zarra  30'
Informe
 
Estados Unidos 1 - 0Inglaterra29 de xuño de 1950, 15:00 – Estádio Independência, Belo Horizonte
Asistencia: 10.151
Árbitro: Generoso Dattilo (Italia)
Gaetjens  38'Informe
 


España 1 - 0Inglaterra2 de xullo de 1950, 15:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro
Asistencia: 74.462
Árbitro: Giovanni Galeati (Italia)
Zarra  48'Informe
 
Chile 5 - 2Estados Unidos2 de xullo de 1950, 15:00 – Estádio Ilha do Retiro, Recife
Asistencia: 8.501
Árbitro: Mário Gardelli (Brasil)
Robledo  16'
Cremaschi  32'  60'
Prieto  54'
Riera  82'
Informe
Wallace  47'
Maca  48' (pen.)
 

Grupo 3

EquipoPtsPXPGPEPPGFGCDif
 Suecia3211054+1
 Italia2210143+1
 Paraguai1201124−2


Suecia 3 - 2Italia25 de xuño de 1950, 15:00 – Estádio do Pacaembu, São Paulo
Asistencia: 36.502
Árbitro: Jean Lutz (Suíza)
Jeppson  25'  68'
Andersson  33'
Informe
Carapellese  7'
Muccinelli  75'
 
Suecia 2 - 2Paraguai29 de xuño de 1950, 15:00 – Estádio Durival Britto, Curitiba
Asistencia: 7.903
Árbitro: George Mitchell (Escocia)
Sundqvist  17'
Palmér  26'
Informe
López  35'
López Fretes  74'
 
Italia 2 - 0Paraguai2 de xullo de 1950, 15:00 – Estádio do Pacaembu, São Paulo
Asistencia: 25.811
Árbitro: Arthur Ellis (Inglaterra)
Carapellese  12'
Pandolfini  62'
Informe
 

Grupo 4

EquipoPtsPXPGPEPPGFGCDif
 Uruguai2110080+8
 Bolivia0100108−8


Uruguai 8 - 0Bolivia2 de xullo de 1950, 15:00 – Estádio Independência, Belo Horizonte
Asistencia: 5.284
Árbitro: George Reader (Inglaterra)
Míguez  14'  40'  51'
Vidal  18'
Schiaffino  23'  54'
Pérez  83'
Ghiggia  87'
Informe
 

Rolda final

EquipoPtsPXPGPEPPGFGCDif
 Uruguai5321075+2
 Brasil43201144+10
 Suecia23102611−5
 España13012411−7


Uruguai 2 - 2España9 de xullo de 1950, 15:00 – Estádio do Pacaembu, São Paulo
Asistencia: 44.802
Árbitro: Benjamin Griffiths (Gales)
Ghiggia  29'
Varela  73'
Informe
Basora  37'  39'
 
Brasil 7 - 1Suecia9 de xullo de 1950, 15:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro
Asistencia: 138.886
Árbitro: Arthur Ellis (Inglaterra)
Ademir  17'  36'  52'  58'
Chico  38'  88'
Maneca  85'
Informe
Andersson  67' (pen.)
 


Brasil 6 - 1España13 de xuño de 1950, 15:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro
Asistencia: 152.772
Árbitro: Reginald Leafe (Inglaterra)
Parra  15' (p.m.)
Jair  21'
Chico  31'  55'
Ademir  57'
Zizinho  67'
Informe
Igoa  71'
 
Uruguai 3 - 2Suecia13 de xuño de 1950, 15:00 – Estádio do Pacaembu, São Paulo
Asistencia: 7.987
Árbitro: Giovanni Galeati (Italia)
Ghiggia  39'
Míguez  75'  85'
Informe
Palmér  5'
Sundqvist  40'
 


Suecia 3 - 1España16 de xullo de 1950, 15:00 – Estádio do Pacaembu, São Paulo
Asistencia: 11.227
Árbitro: Karel van der Meer (Países Baixos)
Sundqvist  15'
Mellberg  33'
Palmér  80'
Informe
Zarra  82'
 
Uruguai 2 - 1Brasil16 de xullo de 1950, 15:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro
Asistencia: 199.854
Árbitro: George Reader (Inglaterra)
Schiaffino  66'
Ghiggia  79'
Informe
Friaça  47'
 


Campión do Mundo

Uruguai
Segundo título

Goleadores

Con oito tantos, o brasileiro Ademir foi máximo goleador do torneo. En total, anotáronse 88 goles por parte de 48 xogadores, con tan só un gol en propia meta. Por outra banda, o uruguaio Alcides Ghiggia converteuse no primeiro xogador en marcar gol en todos os partidos. O seguinte sería Jairzinho en 1970.[6]

8 goles
5 goles
4 goles
3 goles
2 goles
1 gol
1 autogol

Clasificación retrospectiva

Ademir, máximo goleador do torneo.

En 1986, a FIFA publicou un informe no que facía unha clasificación das seleccións en cada Copa do Mundo.[7] A clasificación de 1950 foi a seguinte:

PSelecciónGXVEDGFGCDFPts.
1  Uruguai44310155+107
2  Brasil16411226+169
3  Suecia352121115−45
4  España263121012−27
Eliminados na primeira rolda
5  Iugoslavia1320173+44
6  Suíza1311146−23
7  Italia3210143+12
8  Inglaterra231022202
9  Chile2310256−12
10  Estados Unidos2310248−42
11  Paraguai3201124−21
12  México13003210−80
13  Bolivia4100108−80

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: