Crisocola
A crisocola é un mineral da clase dos silicatos de fórmula química CuSiO3·2H2O (fórmula química variable segundo as condicións de crecemento; en ocasións pode presentar aluminio na súa composición) e que cristaliza no sistema monoclínico.
Crisocola | |
---|---|
![]() Crisocola coa súa típica cor verde | |
Fórmula química | CuSiO3·2H2O |
Clase | Silicatos |
Subclase | Filosilicatos |
Sistema cristalino | Monoclínico |
Cor | Verde e azul |
Brillo | De vítreo a graxo |
Dureza | 2-4 |
Fractura | Concoidea |
Exfoliación | Moi imperfecta |
Raia | Branca verdosa |
Densidade | 2-2,2 g/cm3 |
Aspecto
De cor verde, a crisocola rara vez preséntase na súa forma cristalina. Faino en forma de agregados amorfos e esqueletiformes, acios, masas de pouco espesor e costras.
Lugares onde se atopa
A crisocola atópase a miúdo en asociación coa malaquita. Tamén pódese atopar crisocola en xacementos de azurita, cuprita e limonita. É pois, un mineral típico das zonas de oxidación.
Usos da crisocola
A crisocola é utilizada como pedra ornamental e é moi valorada polos coleccionistas.
Outros silicatos
A olivina, o cuarzo, o feldespato e as micas son outros silicatos a ter en conta.