Diego Pardo Amado
filólogo e escritor galego
Diego Pardo Amado, nado na Coruña en 1983, é un filólogo e ensaísta galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1983 (40/41 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Formación profesional | Filoloxía galega |
Educación | Universidade da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Xénero artístico | Ensaio |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade da Coruña. Interesado pola literatura galega do século XIX, colabora con artigos en prestixiosas publicacións como Murguía. Revista Galega de Historia, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos, Revista Galega de Filoloxía, Terra e Tempo etc. Foi lector no Centro de Estudos Galegos de Oxford.[1][2] Dá clases de lingua e literatura galega no IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo.
Obra
Ensaio
- Rosalía de Castro. A luz da ousadía, 2009, Laiovento.
- Rosalía e Murguía na procura da patria soñada, 2011, Lóstrego Edicións.
Traducións
- Construción de cimentos e saneamentos: traza e construción de cimentacións e redes horizontais de saneamento, de Marta Fernández Pérez, Jorge Costal Blanco e Juan Ignacio del Campo Domínguez, 2005, Netbiblo.
- Procesos de elaboración de semiconservas de peixes: guía práctica para o elaborador de conservas de produtos da pesca, de María José Rodríguez Caeiro e IdeasPropias, 2005, Netbiblo.
Obras colectivas
- Actas do Congreso Manuel María, Literatura e Nación: (A Coruña, 3-5 de novembro de 2005), 2009, Universidade da Coruña/AS-PG. Coedición con Pilar García Negro.
Premios
- Gañador do segundo premio Luísa Villalta na categoría de artigo xornalístico en 2006.
Notas
🔥 Top keywords: PortadaLuísa VillaltaPaulino PereiroEspecial:ProcurarDía das Letras GalegasEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontEva Iglesias MiguénsFrancisco Porto MellaRosario Porto OrtegaMaría do Socorro Ortega RomeroEslovaquiaJean SimmonsHindemburg Melão Jr.NeptunoLucas PérezWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIAWStatsSegunda guerra mundialAlfonso Basterra CamporroNova CaledoniaChevrolet CamaroLista de xentilicios de concellos galegosFerhan e Ferzan ÖnderPartido GalegoTonhito de PoiWikipedia:Artigos de calidadeRaquel AtanesAdalia bipunctataCaso Asunta BasterraWikipedia:Acerca deEmydocephalus annulatusRosalía de CastroNomes da folla do piñeiro en GaliciaGaliciaMíriam FerradánsPosicións sexuaisWikipedia:Portal da comunidadeRosalía Fernández Rial