Dispepsia

A indixestión, ou dispepsia, é un trastorno do organismo que consiste nunha mala dixestión.[1][2]

Dispepsia
Un home sufrindo indixestión; suxerido por pequenos personaxes e demiños que o atormentaban. Gravado coloreado de George Cruikshank, 1835.
Sinónimodispepsia, empacho, indixestión (sinónimos parciais)
EspecialidadeDixestivo
Síntomasestómago cheo, azia ou ardentía, náuseas, arrotos ou dor no abdome superior
Tiposorgánica; funcional; non investigada
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Terminoloxía

O DRAG distingue a indixestión, que equipara ao empacho, cun trastorno pasaxeiro, mentres que define a dispepsia como "Trastorno da dixestión, xeralmente de carácter crónico".[3]

O termo dispepsia provén do grego antigo "δυς-" [dys-], dificultade e "πέψη" [pepse], dixestión.

Tipos[4]

  • Dispepsia orgánica: A causa foi diagnosticada como doenza orgánica como úlcera péptica crónica, refluxo gastroesofáxico, carcinoma, doenza pancreática ou biliar, intolerancia a un alimento ou efecto colateral dun medicamento.
  • Dispepsia funcional: A maior parte dos casos; despois de exames a causa continua incerta. Pode ser unha gastrite ou unha enterite por Helicobacter pylori, unha hipersensibilidade visceral, un disturbio da motilidade, un trastorno de ansiedade ou un disturbio do humor. Pode ser subdivida en similar a ulcerativa cando hai dor e queimazón ou similar a dismotilidade cando predominan outros sintomas.
  • Dispepsia non investigada: Clasificación usada antes dos exames diagnósticos.

Sintomas

O enfermo pode sentir un estómago cheo, azia ou ardentía, náuseas, arrotos ou dor no abdome superior.[5] [6]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos


 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

🔥 Top keywords: