El inocente (serie de televisión)

serie de televisión española

El inocente é unha serie de televisión española orixinal de Netflix, estreada o 30 de abril de 2021 en 190 países do mundo. A serie narra a vida dun exconvicto que trata de refacer a súa vida, non confía en case ninguén e trata de descubrir a verdade que o rodea.

El inocente

Logo da serie.
FormatoSerie de televisión
Creado porOriol Paulo
Jordi Vallejo
Dirixido porOriol Paulo
IntérpretesMario Casas
Aura Garrido
Alexandra Jiménez
José Coronado
País de orixeEspaña
Lingua(s)Castelán
Temporadas1
Episodios8
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Belén Atienza
Harlan Coben
Jesús de la Vega
Sandra Hermida
Eneko Lizarraga
Laura Rubirola
Oriol Paulo
Duración50 minutos (aprox.)
Emisión orixinal
Canle de orixeNetflix
Primeiro episodio30 de abril de 2021
Na rede
IMDB: tt10147644 Filmaffinity: 974382 Allocine: 25097 Rottentomatoes: tv/the_innocent Netlix: 81036936Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A serie está baseada na novela do mesmo nome de Harlan Coben, e adaptada por Oriol Paulo e Jordi Vallejo. Está protagonizada por Mario Casas, Aura Garrido, Alexandra Jiménez, Juana Acosta e José Coronado, entre outros.[1][2] Conta cunha única tempada de oito capítulos, cunha duración aproximada de 50 minutos por episodio.

Sinopse

Mateo Vidal, un exconvicto trata de reconducir a súa vida cando a súa muller, Olivia, recibe unha estraña chamada e desaparece posteriormente. Mateo trata de descubrir o sucedido que se relaciona co mundo da prostitución e a chantaxe.

Trama

Unha noite, hai nove anos, Mateo intercedeu inocentemente nunha pelexa que acabou cun homicidio neglixente. Pasado un tempo, é agora un exconvicto que se atopa preto de acadar a estabilidade na súa vida. A súa parella, Olivia, está embarazada, e os dous están a piques de conseguir a casa dos seus soños. Unha inexplicábel chamada dende o móbil de Olivia desconcerta a Mateo, que comezará unha frenética carreira por descubrir a verdade. Ademais, Lorena, unha inspectora de policía, en pleno desenvolvemento dunha investigación polo suicidio dunha monxa comeza a asistir con estrañeza aos acontecementos que se suceden, a relación co caso de Mateo e tentando encaixar todas as pezas.

Nesta serie tamén terá relevancia o papel de Teo Aguilar, da Unidade de Delitos Especiais, e o da propia Unidade que conducirán ao espectador desde a estabilidade baseada na mentira á realidade oculta que aflora cando todos a daban por pasada.

Elenco

Principais

  • Mario Casas como Mateo «Mat» Vidal Rivera
  • Aura Garrido como Olivia Costa / Cándida Isabel Russo
  • Alexandra Jiménez como inspectora Lorena Ortiz
  • José Coronado como Teo Aguilar
  • Martina Gusmán como Kimmy Dale / Martina Díaz
  • Juana Acosta como Emma Durán Mazas / María Luján Calvo
  • Gonzalo de Castro como Jaime Vera
  • Ana Wagener como Sonia Miralles
  • Miki Esparbé como Aníbal Ledesma
  • Xavi Sáez como Ibai Sáez
  • Anna Alarcón como Zoe Flament
  • Susi Sánchez como Irene Baltierre

Elenco secundario

  • Mima Riera como Mara Bernal
  • Jordi Coll como Ismael Vidal Rivera
  • Alejandro Albarracín como Hugo Navarro
  • Ariadna Cabrol como Eva
  • Santi Pons como Rodrigo Gallardo
  • Mireia Vilapuig como Carla
  • Martín Noriega como Max
  • Cocó Salvador como Alex
  • Eudald Font como Daniel Vera Miralles
  • Joan Pedrola como Marcos Lizarraga
  • Pedro Hernández como Roberto Aranda
  • Alex Ricart como Gonzalo
  • Alex Brull como Oscar
  • Carla Ricart como Lidia
  • Cristina Murillo como Ana
  • Alzira Gómez como Celia Abellán
  • Oriol Vila como Bruno Soto
  • Javier Beltrán como Óscar Crespo
  • Josean Bengoetxea como Comisario Oliete
  • Lluïsa Mallol como Coronel Amanda Prieto
  • Zoé Arnao como Claudia
  • Montse Morillo como Carmen
  • Nico Conde como Javi
  • David Vert como José
  • Ainhara Rodríguez como Lorena Ortiz (nena)
  • Carla Moran como Olivia costa (nena)
  • Miquel Sitjar como Toni Osias
  • Xavi Lite como Matías Oddone
  • Cristina Genebat como Bea
  • Joana Belmonte como Sofía Aguilar
  • Oriol Guinart como Carlos
  • Louise Good como Laura
  • Asia Ortega como Cassandra
  • Frank Feys como Friedman
  • Aina Planas como Paula
  • Albert Pérez como Miguel Torralba

Produción

En abril de 2019, Netflix anunciou a adaptación da novela de Harlan Coben El inocente, cuxo director sería Oriol Paulo e o equipo de produción estaría liderado por Belén Atienza.[3] O 22 de novembro de 2019 comezou a rodaxe da serie. Ademais, ese mesmo mes anunciáronse ao tres primeiros actores: Mario Casas, Aura Garrido e Alexandra Jiménez.[4] En outubro de 2020 anunciouse a toda a repartición principal da serie, á parte do tres actores xa anunciados: Martina Gusmán, Juana Acosta, Gonzalo de Castro, Ana Wagener, Miki Esparbé, Xavi Sáez, Anna Alarcón e Susi Sánchez.[5]

Promoción

A principios de abril de 2021, anunciouse a data de estrea da serie, sendo o venres, 13 de abril de 2021.[6] Poucos días antes da estrea, a serie comezou a publicitarse nas principais canles españolas (Telecinco, Antena 3) a modo de anuncio publicitario. Ademais, os principais actores asistiron como convidados a programas como El Hormiguero en Antena 3[7] ou Late Motiv en #0[8] para promocionar a serie. O cartel e tráiler da serie foron publicitados en Times Square de Nova York.[9]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas