Elliot Page

actor canadense

Elliot Page,[1] nado como Ellen Grace Philpotts-Page en Halifax, Nova Escocia o 21 de febreiro de 1987,[2][3] é un actor e produtor canadense. É coñecido polo seu papel no filme e serie de televisión Pit Pony (19972000), o cal lle valeu un Premio Young Artist, e polos seus papeis recorrentes en Trailer Park Boys (2002) e ReGenesis (2004). Page tamén obtivo recoñecemento polo seu papel no filme Hard Candy (2005), gañando o premio da Austin Film Critics Association á mellor actriz.

Infotaula de personaElliot Page

(2023) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Ellen Grace Philpotts-Page Editar o valor em Wikidata
21 de febreiro de 1987 Editar o valor em Wikidata (37 anos)
Halifax, Canadá Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCanadá Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónQueen Elizabeth High School (en) Traducir
Vaughan Road Academy (en) Traducir
Shambhala School (en) Traducir
Halifax Grammar School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación, Produción de cinema, dirección de cine e Activismo Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Beverly Hills Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactor de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1997 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeEmma Portner (–2021)
Premios

IMDB: nm0680983 Allocine: 93216 Allmovie: p360080 TCM: 1602071 TV.com: people/ellen-page
Facebook: TheElliotPage Twitter: TheElliotPage Instagram: elliotpage Musicbrainz: 5ed18fd3-7ce8-479c-8079-d4160f86b158 Songkick: 3836566 Discogs: 1038611 Editar o valor em Wikidata

Page conseguiu recoñecemento internacional pola súa interpretación no filme de Jason Reitman Juno (2007), que lle valeron nomeamentos para os Premios Óscar, os BAFTA, os Critics' Choice Awards, os Globos de Ouro e os Screen Actors Guild Award. Tamén conseguiu eloxios polas súas interpretacións en The Tracey Fragments (2007), Whip It (2009), Super (2010), Orixe (2010) e Tallulah (2016). Page interpretou a Kitty Pryde nos filmes de X-Men The Last Stand (2006) e Days of Future Past (2014), produciu o flime Freeheld (2015), que tamén protagonizou, e fixo o seu debut como director no documental There's Something in the Water (2019). Dende 2019, interpreta a Vanya Hargreeves na serie de Netflix The Umbrella Academy.

Page anunciou publicamente que era homosexual en febreiro de 2014, e anunciou que era transxénero en decembro de 2020, xunto co seu novo nome, Elliot Page.

Traxectoria

Elliot durante a presentación de Whip It no Festival Internacional de Cine de Toronto de 2009.

É fillo de Denis Page (deseñador gráfico) e Martha Phillpotts (mestra). Asistiu ó "Halifax Grammar School" até o oitavo curso e posteriormente estivo varios anos no instituto "Queen Elizabeth High School" graduándose finalmente no "Shambhala School" en 2005. Pasou dous anos en Toronto, Ontario, estudando no programa interactivo de "Vaughan Road Academy" xunto co seu mellor amigo e tamén actor canadense Mark Rendall.

Page comezou a súa carreira co filme Pit pony (1997), á idade de dez anos, interpretando o papel de "Maggie McLean". Posteriormente, en 1999, realizouse a serie televisiva homónima. Grazas ó seu traballo nesta última entrou nos nomeamentos ós Premios Gemini como mellor interpretación de programa infantil.

Acadou notoriedade polo seu traballo no filme Hard Candy (2005), cuxo tema central é o abuso sexual, no papel de "Hayley Stark", unha adolescente de 14 anos lista e encantadora que coñece a un home de trinta e poucos anos con quen non "debería" estar.

Elliot Page sorprendeu a críticos e espectadores coa súa interpretación dun papel tan duro como o que tivo en Hard Candy, pero quizais sexa máis coñecido despois de traballar en X-Men: The Last Stand como "Kitty Pryde/Shadowcat", unha mutante capaz de atravesar calquera tipo de material.

No 2007 sorprendeu ós críticos novamente cunha faceta como actror completamente diferente co seu papel en Juno, unha rapaza de dezaseis anos cun embarazo non desexado. O filme valeulle a candidatura ó Globo de Ouro en 2008 na categoría de Mellor actriz de comedia ou musical e ó Oscar á mellor actriz. Juno conseguiu o Oscar ó mellor guión o 24 de febreiro de 2008.

O 1 de marzo de 2008 Elliot foi a convidado de Saturday Night Live e o 3 de maio de 2009 aparecía como estrela invitada no capítulo "Waverly Hills 9-0-2-1-D'oh" da serie animada The Simpsons, interpretando ó personaxe "Alaska Nebraska".

Participou no filme Orixe (2010) sendo nomeado ó Premio Saturn á mellor actriz e no filme de baixo presuposto Super. Foi un dos protagonistas do filme de Woody Allen To Rome with Love (2012) e do filme de Zal Batmanglij The East (2013). No filme X-Men: Days os Future Past (2014) fai o papel da mutante Kitty Pride[4]. O 14 de febreiro de 2014 fixo pública a súa orientación sexual nunha conferencia da organización Human Rights Campaign proclamando que estaba cansa de agachar o seu lesbianismo[5]

O 1 de decembro de 2020 anuncia nas redes sociais un comunicado declarando ser transxénero.

Page con Drew Barrymore na estrea do filme Whip It en setembro de 2009.

Filmografía

Papeis no cinema
AnoTítuloPapelNotas
2002The Wet SeasonJocelynCurtametraxe
Marion BridgeJoanie
2003Touch & GoTrish
Love That BoySuzanna
2004Wilby WonderfulEmily Anderson
2005Hard CandyHayley Stark
Mouth to MouthSherry
2006X-Men: The Last StandKitty Pryde
2007An American CrimeSylvia Likens
JunoJuno MacGuff
The Tracey FragmentsTracey Berkowitz
The Stone AngelArlene Simmons
2008Smart PeopleVanessa Wetherhold
2009Vanishing of the BeesNarradorDocumental
Whip ItBliss Cavendar / Babe Ruthless
2010PeacockMaggie Bailey
OrixeAriadne
SuperLibby / Boltie
2012To Rome with LoveMonica
2013The EastIzzy
Touchy FeelyJenny
2014X-Men: Days of Future PastKitty Pryde
Tiny DetectivesDetective EllenCurtametraxe
2015Into the ForestNellTamén produtor
FreeheldStacie AndreeTamén produtor
2016TallulahTallulah
Window HorsesKelly (voz)
My Life as a ZucchiniRosy (voz)Dobraxe en inglés
2017My Days of MercyLucy MoroTamén produtor
The CuredAbbieTamén produtor
FlatlinersCourtney Holmes
2019There's Something in the WaterEl mesmoDocumental; tamén director[6][7]
Sen dataNaya Legend of the Golden DolphinDusky (voz)Posprodución
Sen dataRobodogIzzy (voz)Posprodución

Televisión

Papeis na televisión
AnoTítuloPapelNotas
1997Pit PonyMaggie MacleanTelefilme
1999–2000Pit PonyElenco principañ
2002Trailer Park BoysTreena Lahey5 episodios
Rideau HallHeleneEpisodio: "Pilot"
2003Homeless to Harvard: The Liz Murray StoryLisa de mozaTelefilme
Going for BrokeJenniferTelefilme
Ghost CatNatalie MerrittTelefilme
2004I Downloaded a GhostStella BlackstoneTelefilme
ReGenesisLilith Sandström8 episodios
2008Saturday Night LiveEl mesmo (convidado)Episodio: "Ellen Page/Wilco"
2009The SimpsonsAlaska Nebraska (voz)Episodio: "Waverly Hills, 9-0-2-1-D'oh"
2011Glenn Martin, DDSRobot Assistant (voz)Episodio: "Date with Destiny"
TildaCarolynPilot
2012Family GuyLindsey (voz)Episodio: "Tom Tucker: The Man and His Dream"
2013Out ThereAmber (voz)Episodio: "Ace's Wild"
2016–2017GaycationEl mesmoSerie documental; tamén produtor executivo
2019–presenteThe Umbrella AcademyVanya HargreevesElenco principal
2019Tales of the CityShawna HawkinsElenco principal

Videoxogos

Papeis en videoxogos
AnoTítuloPapelNotas
2013Beyond: Two SoulsJodie HolmesTamén captura de movementos

Premios

Premios Oscar
AnoCategoríaFilmeResultado
2007Oscar á mellor actrizJunoNomeado
Premios Globo de Ouro
AnoCategoríaFilmeResultado
2007Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musicalJunoNomeado
Premios BAFTA
AnoCategoríaFilmeResultado
2007BAFTA á mellor actrizJunoNomeado
2007Premio Orange a estrela emerxenteNomeado
Premios do Sindicato de Actores
AnoCategoríaFilmeResultado
2007Premio do Sindicato de Actores á mellor actriz protagonistaJunoNomeado
Premios Satellite
AnoCategoríaFilmeResultado
2007Mellor actriz- Comedia ou MusicalJunoGañador
Premios Independent Spirit Awards
AnoCategoríaFilmeResultado
2008Independent Spirit Award á mellor actrizJunoGañador
Premios MTV Movie
AnoCategoríaFilmeResultado
2008Mellor actrizJunoGañador
2008Mellor bicoNomeado
Premios Saturn
AnoCategoríaFilmeResultado
2010Premio Saturna á Mellor ActrizOrixePendente

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: