Enemy (filme de 2013)
Enemy é un filme psicolóxico de 2013 dirixido por Denis Villeneuve, producido por M. A. Faura e Niv Fichman e escrito por Javier Gullón. Está vagamente baseado na novela de José Saramago O Homem Duplicado.[4] Está protagonizado por Jake Gyllenhaal, que fai o papel de dous homes que son idénticos fisicamente, mais con diferente personalidade. Mélanie Laurent, Sarah Gadon e Isabella Rossellini interpretan os papeis secundarios. Trátase dunha coprodución internacional entre compañías de España e o Canadá.
Enemy | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Enemy |
Director | Denis Villeneuve |
Produtor |
|
Guión | Javier Gullón |
Baseado en | O Homem Duplicado de José Saramago |
Intérpretes | |
Música |
|
Fotografía | Nicolas Bolduc |
Montaxe | Matthew Hannam |
Estudio |
|
Distribuidora |
|
Estrea | Festival de Toronto: 8 de setembro de 2013 14 de marzo de 2014 |
Duración | 90 minutos[1] |
Orixe | Canadá España |
Xénero | Suspense psicolóxico |
Recadación | $3 400 000[2][3] |
Na rede | |
O filme estreuse na Presentación Especial do Festival Internacional de Cinema de Toronto o 8 de setembro de 2013.[5] Posteriormente foi estreado o 14 de marzo de 2014, pola compañía A24. Recadou $3,4 millóns e recibiu valoracións positivas da crítica. O filme conseguiu cinco Canadian Screen Awards, incluíndo mellor director para Villeneuve,[6] así como mellor actriz secundaria para Gadon e mellor filme.[7] Foi considerado o mellor filme canadense do ano pola Asociación de Críticos de Toronto.[8]
Personaxes
- Jake Gyllenhaal como Adam Bell / Anthony Claire
- Mélanie Laurent como Mary
- Sarah Gadon como Helen Claire
- Isabella Rossellini como a nai
- Kedar Brown como garda de seguridade
- Darryl Dinn como empregado da tenda de vídeos
- Joshua Peace como Carl, compañeiro de traballo de Adam
- Tim Post como conserxe de Anthony
- Misha Highstead, Megan Mane, Alexis Uiga como as rapazas na habitación escura
- Jane Moffat como Eve (sen acreditar)
- Stephen R. Hart como Bouncer (sen acreditar)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Enemy na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)