Espazos protexidos de Galiza

Os espazos protexidos de Galiza, ou a rede galega de espazos protexidos, son o conxunto de áreas protexidas pola lexislación vixente no territorio galego. O conxunto de espazos está catalogado baixo figuras estatais, autonómicas, da comunidade europea ou recoñecidas por figuras internacionais. En 2020 os diferentes espazos naturais amparaban un 12% da superficie do territorio terrestre e mariño, que van desde as fragas e serras interiores, lagoas, ríos, esteiros e rías ou augas abertas.[1]

A norma galega está definida na "Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galiza".[2]

Lexislación

Galiza ten, por orde do artigo 149.1.23ª da constitución española, potestade para aplicar a política de protección do seu territorio. Iso queda reflectido a través do Artigo 27.30 do estatuto galego.[3] Eses puntos establecen que o goberno galego ten a potestade para declarar e rexer a protección de áreas de interese do seu territorio, sempre dentro do marco lexislativo estatal.

En 2020 a lei que regula os espazos protexidos galegos é a "Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galiza", e a cal traslada o novo marco lexislativo establecido pola lei estatal Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade.[4]

Clasificación

A lexislación galega define as seguintes categorías de espazos protexidos[5]

Categoría
Reserva natural
Parques: Parque nacional e Parque natural
Monumento natural
Zona húmida protexida
Paisaxe protexida
Espazo protexido Rede Natura 2000
Espazo natural de interese local
Espazo privado de interese natural

Iso supón trasladar todas as figuras da lexislación estatal, integrar a Rede Natura 2000 dentro da normativa autonómica, e engadir os espazos naturais de interese local e espazos privados de interese natural á lista.

A maiores dos considerados pola lexislación autonómica, cómpre subliñar que a lei estatal suma á lista a categoría de Áreas Mariñas Protexidas.[6]

Ademais das figuras concibidas dentro da lexislación estatal, existen convenios internacionais de protección de dinamización de áreas con interese de conservación. Os tratados que foron asinados polo estado español en convencións internacionais e que afectan ao territorio galego son os seguintes[7]

Tratados e Convenios
Convenión Ramsar das Zonas húmidas de importancia internacional
Lista do Patrimonio da Humanidade
Áreas Mariñas protexidas pola Convenión OSPAR
Xeoparques da UNESCO
Reservas da Biosfera da UNESCO
Rede Europea de Reserva Bioxenética

Destas, as Zonas húmidas de importancia internacional, os Xeoparques e as Reservas da Biosfera foron integradas ao completo dentro da lei galega do Lei 5/2019, do 2 de agosto.[8]

Con isto, as categorías baixo as cales se declaran os espazos naturais protexidos galegos, a súa equivalencia dentro do sistema UICN e o seu número son:

ClaseSubclaseCategoría da UICNNúmero
Reserva NaturalIa/Ib0
Parques Nacionais e NaturaisII7 (1+6)
Monumentos NaturaisIII8
Paisaxes ProtexidasV2
Zonas húmidas protexidasV
5
Rede Natura 2000Zonas de especial protección para as avesV*16
Zonas Especiais de ConservaciónV*59
Lugares de Importancia ComunitariaV*21
Espazos naturais de interese localVI8
Espazos privados de interese naturalVI1
Reserva da BiosferaIX6

Lista da rede galega de espazos protexidos

Reservas naturais

A data de 2020 non existía ningún espazo declarado dentro desta categoría.

Parques

Os parques, estatais e naturais, declarados no territorio galego son:

NomeFiguraArea (ha.)
Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de GaliciaParque Nacional8,332.8
Baixa Limia - Serra do XurésParque Natural29,345
Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e VixánParque Natural996
Fragas do EumeParque Natural9,125
Monte AloiaParque Natural746
O InvernadeiroParque Natural5,722
Serra da Enciña da LastraParque Natural3,151.67

Monumentos naturais

Os Monumentos Naturais declarados no territorio galego son:

Sortable table
NomeArea (ha.)
A Praia das Catedrais28,94
Carballa da Rocha0,64
Costa de Dexo267
Fraga de Catasós4,52
Serra de Pena Corneira998
Souto da Retorta3,19
Souto de Rozabales1,80
Dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós90

Paisaxes protexidas

As paisaxes protexidas declaradas no territorio galego son:

Sortable table
NomeArea (ha.)
Penedos de Pasarela e Traba212
Val do río Navea691

Zonas húmidas protexidas

As zonas húmidas protexidas, e que tamén son lugares da convensión Ramsar, declaradas no territorio galego son:

Sortable table
NomeArea (ha.)
Complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo550
Complexo intermareal Umia - O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira2.561
Lagoa e areal de Valdoviño485
Ría de Ortigueira e Ladrido2.920
Ría de Ribadeo (Ría do Eo na Convención Ramsar)1.740

Rede Natura 2000

A lista de espazos da Rede Natura 2000 galega é:

Cómpre indicar, que o estado español, que ten dominio sobre das augas abertas das costas galegas, declarou ademais as seguintes ZEPA:

Sortable table
NomeCódigo da Rede Natura 2000Area (km2)
Espazo mariño de Punta de Candelaria - Ría de Ortigueira - Estaca de BaresES0000495771,52
Espazo mariño da Costa de Ferrolterra-ValdoviñoES000049668,18
Espazo mariño da Costa da MorteES00004973.162,83
Espazo mariño das Rías Baixas de GaliciaES00004992.218,65

Espazos naturais de interese local e Espazos privados de interese natural

Os ENIL e EPIN declarados no territorio galego son:

Sortable table
NomeFiguraArea (ha.)
Ecosistema dunar Praia América-PanxónEspazo natural de interese local3,58
Illas de San PedroEspazo natural de interese local10,40
Loio-RuxidoiraEspazo natural de interese local437
Puzo do LagoEspazo natural de interese local30,6
Ribeiras do Mero-BarcésEspazo natural de interese local197
Río GafosEspazo natural de interese local49,80
VoutureiraEspazo natural de interese local183,78
Xunqueira de AlbaEspazo natural de interese local67
Sobreiras do FaroEspazos privados de interese natural9,72

Figuras internacionais

Reservas da Biosfera

As Reservas da Biosfera declaradas na súa totalidade no territorio galego, ou con parte neste, son:

NomeInterterritorialArea
Área de AllarizNon21.482
As Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoNon116.724,3
Gerês-XurésSi (galego-portugués)330.874
Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e BecerreáNon53.664
Ribeira Sacra, Serras do Oribio e Courel[9][10]Non306.534,77
Río Eo, Oscos e Terras de BurónSi (galego-asturiana)159.379
Terras do MiñoNon363.668,9

Áreas OSPAR

As áreas OSPAR do litoral da costa galega, ou próximas a esta, son:

Nome da Área Mariña Protexida
Parque Nacional das Illas Atlánticas
Banco de Galicia
Espazo mariño da Costa da Morte
Espazo mariño da Costa de Ferrolterra - Valdoviño
Espazo mariño das Rias Baixas de Galicia
Espazo mariño de Punta de Candelaira - Ría de Ortigueira - Estaca de Bares

Notas

Véxase tamén

Outros artigos