Estación de Vigo-Guixar

estación de ferrocarril en Guixar, Vigo

8°42′43″O / 42.239224982613, -8.712069475382

A Estación de Vigo-Guixar é unha estación de ferrocarril de Adif da cidade de Vigo. Ten servizos de longa e media distancia, mentres que os servizos de alta velocidade chegan á estación de Vigo-Urzáiz.

Vigo-Guixar
Estación de trens de Vigo-Guixar
SituaciónRúa do Areal s/n
36201 Vigo
Servizosaseoscarros portavultosaparcadoiro
alugueiro de cochesservizos adaptadosaseos para persoas con discapacidadeaparcadoiros para persoas con discapacidades
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Intercity, Trenhotel
Media distanciaMD, Rexional Exprés, Rexional Internacional
Entrada á estación.

Historia

Situada na rúa Areal do lugar de Guixar (parroquia histórica de Teis), tradicionalmente destinouse ó tráfico de mercadorías da zona portuaria da cidade. Foi reconstruída para acoller tráfico de pasaxeiros por mor do desmantelamento da Estación de Vigo-Urzáiz. Nesta última edificouse unha nova estación que acolle, entre outros, os servizos de alta velocidade.

As obras para a súa construción iniciáronse en marzo de 2010[1] e concluíron pouco máis dun ano despois en agosto do 2011. A estación inaugurouse o 27 de agosto de 2011.[2] O orzamento inicial de 11 millóns de euros acabou alcanzando os 17,5 millóns de euros unha vez rematada a obra.[2]

Aínda que inicialmente se proxectou como unha estación provisional mentres duraran as obras da principal estación da cidade, a de Urzáiz, finalmente optouse por manter as dúas estacións, unha para trens de vía convencional e a outra para servizos de alta velocidade maioritariamente.[3]

Servizos ferroviarios

Longa Distancia

Actualizados a 10 de xuño de 2016.

TrenOrixeParadas intermediasDestinoObservacións
AlviaBarcelona-SantsCamp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Porriño · RedondelaVigo-Guixar3 trens semanais por sentido
AlviaMadrid-ChamartínSegovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela · Vigo-GuixarPontevedra1 tren diario por sentido
AlviaAlacant-TerminalVillena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela · Vigo-GuixarPontevedra1 tren semanal por sentido
IntercityBilbao-AbandoLaudio · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · RedondelaVigo-Guixar1 tren diario por sentido
Trenhotel Rías GalegasMadrid-ChamartínÁvila · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Ribadavia · Guillarei · O Porriño · Redondela · Vigo-GuixarPontevedra1 tren diario por sentido
Trenhotel GaliciaBarcelona-SantsCamp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · O Porriño · RedondelaVigo-Guixar1 tren diario por sentido

Media distancia

Actualizados a 10 de xuño de 2016.

LiñaTrensOrixe/Destino<>Destino/Orixe
 IntercityMadrid-Chamartín<>Vigo-Guixar
1MDA Coruña
Santiago de Compostela
Pontevedra
Vigo-Guixar
3Rexional Exprés
Rexional Internacional
Porto-CampanhãVigo-Guixar
6Rexional ExprésLeón
Ponferrada
Ourense-Empalme
<>Vigo-Guixar

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas