Estación de Redondela

estación de ferrocarril de Redondela

8°37′10″O / 42.28617, -8.61941

A estación de Redondela, coñecida anteriormente como Redondela de Galicia, é unha das tres estacións de tren de Adif na cidade de Redondela, na provincia de Pontevedra. Ten servizos de longa e media distancia.

Redondela
SituaciónRedondela
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Intercity, Trenhotel
Media distanciaIntercity, MD, Rexional Exprés, Tren Celta

Situación ferroviaria

Redondela está situada no punto quilométrico 166,8 da liña férrea de ancho convencional que une Monforte de Lemos con Redondela. Ademais, é o quilómetro cero da liña férrea de ancho convencional que une Redondela con Santiago de Compostela.[1] O primeiro tramo é de vía única electrificada mentres que o segundo é de vía única sen electrificar.

Historia

A estación foi inaugurada o 17 de marzo de 1878 coa apertura do tramo Guillarei-Vigo da liña que pretendía unir Vigo con Monforte de Lemos.[2] A compañía encargada das obras foi MZOV. En 1928, os graves problemas económicos que sufrían as empresas que xestionaban as liñas férreas do oeste español levaron ao estado á nacionalización das mesmas e á súa agrupación na Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.[2] En 1941, Oeste integraríase como o resto de compañías ferroviarias españolas en Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación

Tren de mercadorías estacionado en 2009 na estación.

A estación atópase a oeste do núcleo urbano de Redondela, na avenida da Estación. O edificio para viaxeiros ten unhas dimensións notables. Articúlase sobre un corpo central de dúas plantas que acompañan dúas ás laterais de igual altura. Ata 26 vans adintelados adornan as súas respectivas fachadas. Na parte máis alta un frontón que remata un elemento triangular loce un reloxo analóxico. No seu interior conta cun amplo vestíbulo, sala de espera, venda de billetes e aseos. Está ademais habilitada para persoas con discapacidade.

Na zona de vías a estación dispón de tres plataformas lixeiramente curvadas, unha lateral e outras dúas centrais. Todas están cubertas parcialmente con marquesiñas a excepción da plataforma central máis afastada do edificio principal. A distribución de vías segue o seguinte esquema: p-v-v-p-v-p-v-v-v. A estas seis vías principais hai que unirlle varias vías de apartado que conclúen en diversas topeiras situadas nos laterais do edificio para viaxeiros.

Tren Celta saíndo da estación de Redondela

Servizos ferroviarios

Longa Distancia

Actualizados a 10 de xuño de 2016.

TrenOrixeParadas intermediasDestinoObservacións
AlviaBarcelona-SantsCamp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Porriño · RedondelaVigo-Guixar3 trens semanais por sentido
AlviaMadrid-ChamartínSegovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela · Vigo-GuixarPontevedra1 tren diario por sentido
AlviaAlacant-TerminalVillena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela · Vigo-GuixarPontevedra1 tren semanal por sentido
IntercityBilbao-AbandoLaudio · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · RedondelaVigo-Guixar1 tren diario por sentido
Trenhotel Rías GalegasMadrid-ChamartínÁvila · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Ribadavia · Guillarei · O Porriño · Redondela · Vigo-GuixarPontevedra1 tren diario por sentido
Trenhotel GaliciaBarcelona-SantsCamp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · O Porriño · RedondelaVigo-Guixar1 tren diario por sentido

Media distancia

Actualizados a 10 de xuño de 2016.

LiñaTrensOrixe/Destino<>Destino/Orixe
 IntercityMadrid-Chamartín<>Vigo-Guixar
1MDA Coruña
Pontevedra
Santiago de Compostela
Vigo-Guixar
3Rexional Exprés
Rexional Internacional
Porto-CampanhãVigo-Guixar
6Rexional ExprésLeón
Ponferrada
Ourense-Empalme
<>Vigo-Guixar

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas