Filmes de Arabia Saudita propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

artigo de listas da Wikimedia

Arabia Saudita presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por primeira vez no ano 2013.[3][4][5][6] O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[7] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[8]

Até o ano 2023, sete filmes sauditas foron propostos ó Óscar ó mellor filme internacional, mais ningún deles foi finalmente nomeado para o premio.

Propostas

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[9] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[7] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Arabia Saudita para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano
(Cerimonia)
TítuloLingua(s)DirectorResultado
2013
(86ª)
Wadjda[3]ÁrabeHaifa al-MansurNon nomeado
2016
(89ª)
Barakah yoqabil Barakah[10]ÁrabeMahmoud SabbaghNon nomeado
2019
(92ª)
The Perfect Candidate[11]ÁrabeHaifa al-MansurNon nomeado
2020
(93ª)
Scales[12]ÁrabeShahad AmeenNon nomeado
2021
(94ª)
Had Al Tar[13]ÁrabeAbdulaziz AlshlaheiNon nomeado
2022
(95ª)
'Ughniat alghurabÁrabeMohamed Al-SalmanNon nomeado
2023
(96ª)
Alhamour H.A.[14]ÁrabeAbdulelah AlqurashiNon nomeado

Notas