86ª edición dos Óscar

A 86ª edición dos Óscar, presentada pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), galardoou os mellores filmes de 2013 dos Estados Unidos de América e celebrouse o 2 de marzo de 2014 no Dolby Theatre en Hollywood, California. A cerimonia tívose que pospoñer unha semana por mor da confluencia cos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 de Sochi, Rusia.[1] Durante a cerimonia, a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas presentou os Premios da Academia (comunmente coñecidos como Oscars) en 24 categorías. O evento foi televisado nos Estados Unidos pola canle ABC, e foi producido por Neil Meron e Craig Zadan. A actriz e humorista Ellen DeGeneres foi a presentadora da gala por segunda vez. DeGeneres xa presentara a 79ª cerimonia no 2007.[2][3]

Gravity gañou sete premios, a que máis durante a cerimonia, incluíndo o mellor director para Alfonso Cuarón. 12 anos de escravitude gañou tres premios, incluíndo o mellor filme e mellor actriz secundaria para Lupita Nyong'o. Dallas Buyers Club tamén gañou tres premios, converténdose no quinto filme na historia dos premios en gañar o mellor actor e o mellor actor secundario para Matthew McConaughey e Jared Leto respectivamente. Outros gañadores foron Frozen e The Great Gatsby, con cadanseus dous premios. Cate Blanchett gañou o de mellor actriz por Blue Jasmine, o único premio do filme. Outros filmes que gañaron un premios foron The Great Beauty, Helium, Her, The Lady in Number 6: Music Saved My Life, Mr Hublot e 20 Feet from Stardom. Cuarón e Catherine Martin foron as únicas persoas en recoller múltiples premios, con dous trofeos cada un.[4][5]

Gañadores e nomeados

Alfonso Cuarón, mellor director.
Matthew McConaughey, mellor actor.
Cate Blanchett, mellor actriz.
Jared Leto, mellor actor secundario.
Lupita Nyong'o, mellor actriz secundaria.
Spike Jonze, mellor guión orixinal.
Paolo Sorrentino, mellor filme en lingua non inglesa.

Os nomeados da 86ª edición foron anunciados o 16 de xaneiro de 2014, no Teatro Samuel Goldwyn en Beverly Hills, por Cheryl Boone Isaacs, presidente da Academia, e o actor Chris Hemsworth.[6] American Hustle e Gravity foron os máis nomeados, con 10 candidaturas.[7][8]

Os gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letras grosas.[9]

Mellor filmeMellor director
Mellor actorMellor actriz
Mellor actor secundarioMellor actriz secundaria
Mellor guión orixinalMellor guión adaptado
Mellor filme de animaciónMellor filme en lingua non inglesa
Mellor documentalMellor curtametraxe documental
  • 20 Feet from Stardom – Morgan Neville, Gil Friesen e Caitrin Rogers
    • The Act of Killing – Joshua Oppenheimer e Signe Byrge Sørensen
    • Cutie and the Boxer – Zachary Heinzerling e Lydia Dean Pilcher
    • Dirty Wars – Richard Rowley e Jeremy Scahill
    • The Square – Jehane Noujaim e Karim Amer
  • The Lady in Number 6: Music Saved My Life – Malcolm Clarke e Nicholas Reed
    • CaveDigger – Jeffrey Karoff
    • Facing Fear – Jason Cohen
    • Karama Has No Walls – Sara Ishaq
    • Prison Terminal: The Last Days of Private Jack Hall – Edgar Barens
Mellor curtametraxe de ficciónMellor curtametraxe animada
  • Helium – Anders Walter e Kim Magnusson
    • Aquél no era yo – Esteban Crespo
    • Avant que de tout perdre – Xavier Legrand e Alexandre Gavras
    • Pitääkö mun kaikki hoitaa? – Selma Vilhunen e Kirsikka Saari
    • The Voorman Problem – Mark Gill e Baldwin Li
  • Mr Hublot – Laurent Witz e Alexandre Espigares
    • Feral – Daniel Sousa e Dan Golden
    • Get a Horse! – Lauren MacMullan e Dorothy McKim
    • Possessions – Shuhei Morita
    • Room on the Broom – Max Lang e Jan Lachauer
Mellor banda sonoraMellor canción orixinal
Mellor edición de sonMellor son
  • Gravity – Skip Lievsay, Niv Adiri, Christopher Benstead e Chris Munro
Mellor deseño de produciónMellor fotografía
Mellor maquillaxeMellor deseño de vestiario
  • Dallas Buyers Club – Adruitha Lee e Robin Mathews
    • Jackass Presents: Bad Grandpa – Stephen Prouty
    • The Lone Ranger – Joel Harlow e Gloria Pasqua-Casny
Mellor montaxeMellores efectos visuais
  • Gravity – Tim Webber, Chris Lawrence, Dave Shirk e Neil Corbould

Premios de Honra

A Academia tamén celebrou a quinta edición dos Premios Gobernadores o 16 de novembro de 2013, durante a cal foron presentados os Oscar de Honra e o Premio Humanitario Jean Hersholt.[11]

Oscars de Honra

Premio humanitario Jean Hersholt

Predecesor:
85ª edición dos Óscar
Premios Óscar
86ª edición dos Óscar
Sucesor:
87ª edición dos Óscar

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: